Na tarde do xoves, 10 de marzo, a Microrrede A Mariña participou no curso impartido no IES Perdouro de Burela:
BIBLIOTECA ESCOLAR. Organización e Xestión
Organizado polo CFR (Centro de Formación e Recursos) de Lugo.
No noso relatorio explicamos o proxecto colaborativo que, dende fai cinco anos, ven levando a cabo a Microrrede das Biblioteca Escolares da Mariña.
As compoñentes da mesma fumos expoñendo os diferentes apartados:
- Presentación
- Obxectivos
- Como o facemos
- Exposicións dos traballos
- Actividades dinamizadoras
- Os nosos Proxectos:
- De onte a hoxe...lembrando o pasado
- Unha primavera de poemas
- Daqueles contos...a novos finais
- O refraneiro de Cervo a Viveiro
- Os soños de Manuel María
- Os nosos logros