As compoñentes da Microrrede A Mariña tiveron unha xuntanza de traballo na tarde do xoves, 18 de febreiro, onde concretaron todos os detalles para levar a cabo o novo proxecto que, como xa informamos, xirará en torno a Manuel María e levará por título:
"OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA"
- Datas e plazos para a realización dos traballos:
- Do 1 ao 15 de abril, as familias prepararán os traballos nas súas casas.
- Na segunda quindena de abril, exposición dos traballos nos colexios.
- Do 9 ao 13 de maio, exposición conxunta dos traballos. Este ano faremos tanto a esposición como as actuacións no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
- Son moitos os detalles que hai que coordinar:
- Elaboración de cartel e programa de man
- Invitacións
- Seguimento do Blog
- Libro de firmas
- Distribución das actuacións
- Deseño e colocación da exposición