Baixo o lema "Educación por competencias: reto del milenio para la interculturalidad y la inclusión social",
celébrase en Getafe (Madrid), do 26 ao 28 de outubro, na Universidade
Carlos III de Madrid, o I Congreso Iberoamericano de Bibliotecas
Escolares (CIBES), froito da colaboración entre esta Universidade, o Concello de
Getafe e a Universidade Estatal Paulista de Brasil.
O colectivo de profesionais vinculados ás bibliotecas escolares poderán presentar comunicacións asociadas a algún dos catro eixos temáticos previstos:
- A biblioteca escolar no proceso educativo: ensinanza e aprendizaxe
- Comprensión lecto-escritora como factor de inclusión
- As alfabetizacións na Biblioteca Escolar
- Contidos para o desenvolvemento de competencias naBiblioteca Escolar
O prazo para a presentación de resumes de comunicacións remata o 6 de xullo.
O noso proxecto foi aceptado como relatorio no Congreso polo que as compoñentes da Microrrede estamos a preparar a comunicación.