3/12/17

A fume de carozo

O venres 1 e sábado 2 de decembro celebráronse as VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
O noso proxecto colaborativo foi seleccionado para participar no apartado de A FUME DE CAROZO
As encargadas de levar a cabo a ponencia foron Karina Parga e María Rolle que fixeron unha boa presentación ante un numeroso grupo de coordinadores e coordinadoras das diferentes bibliotecas escolares de Galicia.


6/10/17

1ª Reunión de traballo curso 17-18



Na tarde do xoves, 5 de outubro, as coordinadoras das bibliotecas que integramos a Microrrede PLAMBE A Mariña tivemos a primeira reunión deste novo curso nun ambiente distendido e con ilusións renovadas.

Puntos da orde do día:
  • Elección do tema a traballar:  
    •  A Mariña en feminino
  • A partir das vacacións de Semana Santa será o tempo de elaborar os traballos en familia.
  • As exposicións nos diferentes centros, no mes de abril, coincidirán co Día do Libro.
  • E por último levaremos a cabo a exposición conxunta en Viveiro, na Sala de Usos Múltiples do Concello e na Sala da Biblioteca.
    • A montaxe levarémola a cabo o venres, 4 de maio
    • A inauguración farémola o luns, 7 de maio
    • A clausura será o xoves, 10 de maio
  • Planificación das Actividades Dinamizadoras a realizar durante a exposición conxunta. Unha delas será a formación de coros intercentros por idades, dada a gran acollida que tivo o curso pasado.
  • Reparto de tarefas: solicitude de salas de exposicións, cartelería, dípticos, invitacións ...
Son moitos os temas a tratar e que en vindeiras reunións iremos ampliando e acordando.

12/5/17

Xornada de Clausura da Exposición "A Mariña con moita arte"

Na tarde do xoves, 11 de maio, tiveron lugar, na Praza Maior de Viveiro, os actos de clausura da exposición de traballos artísticos elaborados por escolares de trece centros diferentes da nosa comarca e que están a formar parte da Microrrede A Mariña de Bibliotecas Escolares.

A xornada puxo fin a unha semana de exposicións e outras actividades dinamizadoras. As diferentes artes estiveron presentes para dar forma e color a unha mostra de traballos escolares que fomentan o uso e pracer da lectura en familia, invitándonos a entrar nun mundo de soños sen límite, como escoitamos  no discurso que pechou o acto .

Tamén as actividades dinamizadoras que se levaron a cabo amosaron moita arte en forma de música. Así poidemos escoitar as voces dos máis pequechos na inauguración e dos maiores na clausura, facendo unha homenaxe a Maruja Mallo, á música popular, Bob Dylan e a Eduardo Pondal.

Discurso de clausura a cargo de María e Marta 
coordinadoras das Bibliotecas de Covas e Xove respectivamente.

  
No vídeo podemos ver un pequeno resumo do acto



11/5/17

Actividade dinamizadora

Na tarde do mércores, 10 de maio, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, tivo lugar a actuación de Paco Nogueiras dentro das actividades programadas pola Microrrede PLAMBE A Mariña con motivo da Exposición "A Mariña con moita arte".









Clica no Brinca Vai para informarte do seu contido.

http://www.brincavai.com/



10/5/17

Noticias na prensa local

Noticias na Prensa:

LA VOZ DE GALICIA

EL PROGRESO

Inauguración da Exposición "A Mariña con moita arte"



“Biblioteca escolar: Territorio das Artes”. Este foi o lema escollido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para as bibliotecas escolares dos centros educativos galegos no presente curso. Propónnos un xogo de exploración por este territorio tan complexo como fascinante que é o mundo da Arte.
E este foi tamén o noso punto de partida para elexir o tema deste ano: “A Mariña con moita Arte”, e para organizar as difererentes actividades dinamizadoras entendidas como unha maneira de experimentar e de expresar a través dunha gran variedade artística a nosa interpretación persoal da Arte en galego, da Arte na Mariña.
O tema era moi amplo e iso deu pé a que as diferentes “artes” estivesen presentes e repartidas polos distintos centros a través de diferentes propostas artístico-literarias: “Arte de Sargadelos e a literatura nas Edicións do Castro”; a pintura, nunha homenaxe a Maruja Mallo ou ben co impresionismo; Mosaicos sobre a poesía mariñana de Xoán Neira; música tradicional; arquitectura popular; Viveiro monumental; a fotografía de faros, e tamén a fotografía interpretativa da literatura mariñana actual; o teatro, con “titeriteando contos”; retratos-caricaturas de persoeiros mariñanos das artes e das letras; “infancias de cine”…Como vedes, hai para todos os gustos, porque a arte é iso, unha cuestión de gustos.
A Microrrede A Mariña de Bibliotecas Escolares tenta dende os seus inicios, e xan van seis anos, ser un axente dinamizador e transmisor da lingua e da cultura galega a través de propostas de traballo colaborativo. A nosa labor como mestras e dinamizadoras das bibliotecas escolares na busca de fórmulas para motivar e implicar a toda a comunidade educativa (alumnado,  profesorado, familias,  autoridades), non é doado, pero dende logo, resulta moi gratificante en días coma este.
Rematou o tempo das xuntanzas, da toma de decisións, das exposicións nos centros, que xa levan uns días, e chegou o momento final, o momento de abrir as portas a esta exposición e amosarvos o resultado do traballo conseguido, da ilusión e do esforzo, facendo unha mención moi especial aos nenos e nenas dos nosos centros e ás súas familias, xa que sin todos eles isto non tería sentido e, de verdade, cada ano nos sorprendedes máis. 

6/5/17

Montaxe da Esposición "A MARIÑA CON MOITA ARTE"

Na tarde do venres, 5 de maio, os traballos das Bibliotecas Escolares dos Centros da Mariña formaron parte dunha exposición conxunta que se instalou na Sala de Usos Múltiples e na Biblioteca do Concello de Viveiro.
As coordinadoras e equipos docentes montaron os seus  respectivos traballos e todos xuntos formaron un gran  TERRITORIO DAS ARTES.

20/3/17

"A MARIÑA CON MOITA ARTE": as familias comezan o seu traballo

A partir do día de hoxe e ata o 18 de abril os centros integrantes da Microrrede A Mariña están entregando a carta e os materias necesarios para levar a cabo o proxecto deste ano.
A carta levará esta introdución común a todos os centros:

Queridas familias: 
Un ano máis queremos propoñer ás comunidades educativas dos centros que formamos a “Microrrede das Bibliotecas PLAMBE da Mariña” unha nova actividade, con motivo das celebracións nos meses de abril e maio, Día do Libro e Día das Letras Galegas, que nos recordan a necesidade do fomento e dinamización da cultura, entendida como un ben común que propicia unha sociedade máis humana, igualitaria, crítica e libre. 
O lema deste curso é A MARIÑA CON MOITA ARTE.

Este curso as Bibliotecas Escolares de Galicia teñen como tema común de traballo AS ARTES, polo que a MICRORREDE A MARIÑA traballará no mesmo tema, dando a cada centro a opción de escoller a súa temática.

Publicacións nos blog dos centros:

CEP LOIS TOBÍO (Viveiro)

18/3/17

Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2016-2017

Os días 16 e 17 de marzo o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela acolleu unha vez máis os
ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES.





As coordinadoras das Bibliotecas que formamos a MICRORREDE A MARIÑA:
asistimos un ano máis a estes encontros moi enriquecedores, xa que nos permiten compartir experiencias, ideas... para levar a cabo a nosa práctica diaria nas bibliotecas dos nosos centros.
 
 

Tamén aproveitamos para concretar aspectos da exposición deste ano: "A Mariña con moita arte" e para facer entrega de invitacións.

21/1/17

A nova Exposición vai tomando forma!

O xoves, 19 de xaneiro, tivemos unha nova reunión e tamén unha nova incorporación, o CEIP Castro de Ouro de Alfoz coa súa coordinadora da Biblioteca Eva: BENVIDA!. Agora xa somos 14 centros os que pertencemos a esta Microrrede PLAMBE A MARIÑA.

Na reunión concretamos moitos aspectos:

  • O título definitivo da exposición será "A MARIÑA CON MOITA ARTE"
    • As diferentes artes estarán presentes e repartidas polos diferentes centros: pintura, fotografía, caricaturas, cine, cantigas, arquitectura, monicreques, novas tecnoloxías, mosaicos...
  • Temos concedido por parte do Concello de Viveiro as seguintes instalación:
    • Sala de Usos Múltiples
    • Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal
    • Teatro Pastor Díaz
  • As datas:
    • Do 15 de marzo ata o 18 de abril, preparación dos traballos das familias nas súas casas.
    • Exposición nos colexios a partir da semana anterior ao Día do Libro (23 de abril)
    • Venres, 5 de maio: Montaxe da Exposición na Sala de Usos Múltiples e na Sala de Exposicións da Biblioteca en Viveiro.
    • Do luns, 8 ata o xoves, 11 de maio, apertura da Exposición.
  • Temos confirmada a actuación de BRINCA VAI
  • Tamén temos repartidos os diferentes cometidos:
  • Elaboración do cartaz, díptico, prensa, protocolo...
Quedan todavía temas por concretar pero xa non hai marcha atrás, pois o traballo da Microrrede  segue a ser constante e dinámico.
Seguiremos informando!