Hoxe poñemos punto e seguido... á "Exposición conxunta" deste curso tan diferente, no que puxemos en valor o traballo dos centros integrados na MICRORREDE A MARIÑA.
O peche final correspondeulle á Xefa Territorial de Educación,
María Carmen Gueimunde González
OLA!!!
Aproveitarei
esta oportunidade que me brindades a través desta canle para
trasladar, a toda a familia “Microrrede da Mariña”, o meu
eterno agradecemento polo seu traballo no eido educativo a prol da
lectura, o saber , a ciencia, a tecnoloxía, as artes ..... e o que é
máis importante, a convivencia, a amizade e a solidaridade entre
iguais da nosa comarca.
Son xa moitas
edicións compartindo a vosa ilusión e o voso compromiso, e non
quería deixar de faceros partícipes do meu sentir nun ano que
arrincamos con incertidume pero soubestes organizar e superar con
esperanza e profesionalidade. Sin vós non se tería feito.
Fostes capaces
de retomar os proxectos sin vacilar . De tirar de imaxinación e de
recursos para adaptarvos ó novo contexto social sen perder a maxia
que circula polas aulas. Mantivestes intacto o espírito de traballo
nos alumnos e alumnas dos vosos centros como si o tempo e a pandemia
non pasaran por nós. E hoxe nos regalades as conclusións das vosas
tarefas que demostran, unha vez máis, que
seguides aí....por eles e elas...polo seu benestar emocional e
riqueza conceptual....pola EDUCACIÓN.
Perdimos moitos
vínculos polo camiño, as fantásticas concentracións nas que
disfrutabamos en compañía, pero gañamos en valores que quizais
tiñamos algo esquecidos....XUNTOS conseguímolo.....XUNTOS imos polo
BO CAMIÑO.
Gracias a
“MICRORREDE DA MARIÑA”, gracias ós centros e ó profesorado
participante. E gracias aos verdadeiros heroes desta novela educativa
que son os nenos e nenas que diariamente nos deron e dan leccións de
vida.
Un abrazo e ata o próximo ano.
Gracias.!!!!!