3/5/12

CLAUSURA DA EXPOSICIÓN


Na clausura da exposición "De onte a hoxe...lembrando o pasado" houbo sesión de contacontos coa participación das mestras de infantil e primaria: Cristina Freán, Rebeca Palmeiro e Paula López; tamén participaron profesoras e alumnos de secundaria.
       
Foi unha velada especial e pasámolo moi ben!

SESIÓN DE CONTACONTOS

25/4/12

Inauguración da Exposición


A INAUGURACIÓN

Foi un acto entrañable no que participaron as comunidades educativas dos centros; fixo de mestre de ceremonias Carmen Ferreiro Maseda, coordinadora da biblioteca da EEI San Roque; ademais contamos coa presencia de Marta Coria e Pilar Sampedro, asesoras das Bibliotecas Escolares a nivel da provincia de Lugo e da Consellería de Educación.
Moitas grazas polo voso apoio, as vosas palabras son un pulo importante para o traballo que se está a realizar nas Bibliotecas dos Centros. 

19/4/12

Preparando a gran exposición

Estamos a preparar a gran exposición conxunta cos traballos dos centros participanntes, será na Sala de Exposicións do Concello de Viveiro e estará aberta do 25 de abril ao 2 de maio.
Preparamos o seguinte programa:

 

2/4/12

“DE ONTE A HOXE: lembrando o pasado”



Ten como obxectivos a recuperación da literatura infantil como fonte de pracer, fomentar hábitos de lectura, recuperación e lembranza dos libros que forman parte da memoria das familias 
Por iso enviámosvos un folio para que, co membro da familia que decidades, recorde co neno/a os contos que lía de pequeno, cal era o seu favorito e logo faredes:

· Na esquerda cubrides os datos que se vos pide.
· Na dereita unha pequena obra plástica libre (exemplos: fotocopia da portada do libro, debuxo dos personaxes, fabricar o zapato da Cincenta e pégalo,…)
Moito ánimo!!!
Cos traballos realizados faremos primeiramente unha exposición en cada colexio participante e logo unha exposición conxunta.
Xa vos iremos informando.

21/3/12

Inicio dun novo proxecto

As Bibliotecas Escolares que formamos parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) dos Concellos de Viveiro, Xove e Cervo:
EEI SAN ROQUE (Viveiro)
CEP LOIS TOBÍO (Viveiro)
CEIP  PEDROSA LATAS (Celeiro-Viveiro)
CEIP de COVAS (Covas-Viveiro)
CEIP PEDRO ROLLÁN CASELLES (Xove)
IES MARÍA SARMIENTO (Viveiro)
IES VILAR PONTE (Viveiro)
Damos comezo  un proxecto  que nace á volta das XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA do ano 2011.  
Con ánimos renovados e moitas ansias de ampliar o ámbito das nosas actuacións, imos facer unha primeira proposta de traballo colaborativo; pensando e intentando que resulte un éxito para poder darlle forma á creación dunha microrrede de bibliotecas escolares.
Para esta primeira convocatoria pensamos  en recuperar a memoria familiar sobre aquel libro que, por unha ou outra razón, deixara pegada en alguén da familia. 
"De onte a hoxe... lembrando o pasado"