17/5/13

Clausura da exposición

O xoves, 16 de maio, fixemos a clausura da Exposición e como actuación especial correspondeulle ao coro do  colexio Pedrosa Latas de Celeiro cantando o poema de Cantares Gallegos "Has de cantar" que musicou a mestra de música, Marta Pérez.
 Rematamos cantando cancións populares galegas de temática mariñeira.


16/5/13

Máis actividades

O mércores, 15 de maio, houbo contacontos a cargo das mestras Angélica Novo e Rebeca Palmeiro do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro.
Pasamos unha velada moi entretida e divertida!


15/5/13

Actividades na Exposición

O martes, 14 de maio, os alumnos e alumnas do CEIP Pedro Caselles Rollán fixeron unha sesión de recitados da obra de Rosalía de Castro con motivo do 150 aniversario do seu libro "Cantares Galegos".

14/5/13

Inauguramos a Exposición "Unha primavera de poemas"

E, por fín, chegou o día da inauguración.
Os nenos e nenas dos diferentes colexios poideron ver os seus traballos e os doutros compañeiros.
A esta cita acudiron as comunidades educativas dos centros participartes e poidemos contar coa participación de Marta Coira, asesora do CFR de Burela, a Tenente de Alcalde, María Loureiro e como mestra de ceremonias, Carmen Ferreiro.
Os alumnos e alumnas do CEP Lois Tobío prepararon uns poemas de Rosalía de Castro e outros autores e recitáronnos acompañados por diversos instrumentos musicais. Fixéronno moi ben!

3/5/13

O programa de actividades para a exposición conxunta

O equipo do proxecto colaborativo, formado polas responsables das bibliotecas escolares participantes, levaron a cabo xa varias reunións para concluir coa preparación de actividades a levar a cabo durante os días da exposición conxunta que terá lugar na Sala de Exposicións do Concello de Viveiro durantes os días 13, 14, 15 e 16 de maio.
Este será o programa:

2/5/13

Exposicións dos traballos nos colexios.

A este edición, ademais dos centros que participaron o curso pasado, incorpóranse o CEIP Santa Rita de Galdo e o CEIP de Cervo.
Nos seguintes enlaces podemos ver as diferentes exposición que levaron a cabo nos diferentes Centros:

1/3/13

Novo Proxecto Colaborativo das bibliotecas Escolares da Mariña

“UNHA PRIMAVERA DE POEMAS: apadriña unha poesía”

Dentro do proxecto colaborativo das Bibliotecas Escolares  da Mariña, o igual que o curso pasado (“Lembrando o pasado”), propoñemos ás familias a súa participación nunha actividade que leva por título:

“UNHA PRIMAVERA DE POEMAS: apadriña unha poesía”

Esta actividade ten como obxectivo a posta en valor da poesía como unha forma máis de literatura e moi importante na formación de hábitos lectores.
Por iso enviámosvos este formato para que acompañedes aos vosos fillos na procura dun autor, da súa obra e dun poema que lles guste. No mesmo terán que copiar a poesía, facer unha pequena obra plástica a modo de ilustración do contido do poema, inventar unha estrofa nova (si se desexa)… e por último cubrir os datos que se indican. 
Cando se remate o traballo entregarase ao titor ou titora tendo como data tope o luns, 18 de marzo.
Cos traballos faremos unha exposición nos propios centros coincidindo coa chegada da primavera e o Día da Poesía (21 de marzo) e durante o mes de maio, unha exposición conxunta na Sala de Exposicións do Concello de Viveiro.