31/3/14

Nova proposta de traballo colaborativo

Despois de varias reunións, as responsables das bibliotecas escolares que formamos a  MICRORREDE A MARIÑA, xa temos unha nova proposta de traballo colaborativo que levará por título:

“DE AQUELES CONTOS…NOVOS FINAIS”



Esta actividade ten como obxectivo a posta en valor da LITERATURA CLÁSICA, importante na formación de hábitos lectores, no desenvolvemento de valores, gustos literarios e tamén no desenvolvemento da creatividade como elemento fundamental nunha sociedade en constante cambio.

Por iso enviámosvos o folio cun conto clásico resumido para que sexa lido en familia e despois de comentado buscarlle un final novo e diferente, que escribiredes pola parte de atrás xunto coa realización dunha ilustración ou obra plástica a realizar con técnicas libres (collage, debuxo, manualidade…). 

Cada ano vides presentando traballos ben bonitos !!!


O traballo entregarase ao titor ou titora á volta das vacacións de Semana Santa; cos mesmos farase unha exposición nos colexios participantes e na semana do 12 ao 16 de maio, unha exposición conxunta, na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro. Esta exposición contará con actuacións dos alumnos e alumnas dos diferentes centros.