Despois de varias reunións, as responsables das bibliotecas escolares que formamos a MICRORREDE A MARIÑA, xa temos unha nova proposta de traballo colaborativo que levará por título:
“DE AQUELES CONTOS…NOVOS FINAIS”
Esta actividade ten como obxectivo a posta en valor
da LITERATURA CLÁSICA, importante na formación de hábitos lectores, no
desenvolvemento de valores, gustos literarios e tamén no desenvolvemento da
creatividade como elemento fundamental nunha sociedade en constante cambio.
Por iso enviámosvos o folio cun conto clásico
resumido para que sexa lido en familia e despois de comentado buscarlle un final
novo e diferente, que escribiredes pola parte de atrás xunto coa
realización dunha ilustración ou obra plástica a realizar con técnicas libres
(collage, debuxo, manualidade…).
Cada ano vides presentando
traballos ben bonitos !!!
O traballo entregarase ao titor ou titora á volta das vacacións de Semana Santa;
cos mesmos farase unha exposición nos colexios participantes e na semana do 12 ao 16 de maio,
unha exposición conxunta, na Sala de Usos
Múltiples do Concello de Viveiro. Esta exposición contará con actuacións dos alumnos e alumnas dos diferentes centros.