|
Marta Pérez, á esquerda realizando a súa ponencia. |
O sábado 12 de Novembro celebrouse no
Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2022. Déronse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso "Escribir a biblioteca escolar".
Unha xuntanza que falou do poder da escritura e do relato en moi diversos formatos... e do papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado, do fomento da lectura e da participación das familias...
Foi, novamente, unha ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso.
Algunhas das integrantes da microrrede acudiron a este acto, renovando ideas e traendo consigo novas ilusións. De feito destacable, nomear a ponencia da integrante da microrrede: Marta Pérez, que presentou o programa de Radio na Biblio dentro de "Novas experiencias de lenguaxes na biblioteca".
Unha ponencia, marcada por unha experiencia salientable no
tratamento do ámbito da radio, neste caso, na biblioteca escolar.
Qué sorte contar cunha equipa así de potente na micrrorrede! Parabéns pola ponencia e aires renovados para este novo curso escolar!