11/11/15

Noticia na prensa local

A imaxe corresponde á fotografía que acompaña á entrevista realizada polo xornal LA VOZ DE GALICIA a María Rolle, relatora, xunto con Mariluz Iglesias, no CIBES (CONGRESO IBEROAMERICANO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES).
NESTE ENLACE podemos ler toda a entrevista.

Ponencia no CIBES

Nesta entrada deixamos a presentación en PREZI que utilizaron María  e Mariluz como soporte da ponencia no CIBES; tamén o SlideShare coa comunicación.



29/10/15

De volta do Congreso

A MICRORREDE DA MARIÑA NO CONGRESO CIBES 2015

Do 26 ao 28 de outubro tivo lugar na universidade Carlos III de Getafe en Madrid o 1° Congreso Iberoaméricano de Bibliotecas Escolares CIBES 2015.
A Mariña estivo representada co proxecto 

"MICRORREDE DA MARIÑA: dinamizando as comunidades educativas a través da literatura"

As encargadas de facer a presentación en Madrid foron:
  • María Rolle Insua, coordinadora da biblioteca do CEIP Plurilingüe de Covas 
  • M.ª Luz Iglesias López, integrante do grupo de biblioteca do CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove 








O vídeo que podemos ver foi elaborado para facer a presentación das Bibliotecas que formamos a MICRORREDE

21/10/15

Ultimando a "comunicación"

Como xa informamos o noso proxecto foi aceptado no Congreso, polo que as compoñentes da Microrrede estamos a preparar a comunicación. 

As encargadas de facer a presentación en Madrid serán:
María Rolle Insua, coordinadora da biblioteca do CEIP de Covas
M.ª Luz Iglesias López, integrante do grupo de biblioteca do CEIP Pedro Caselles Rollán

O Congreso desenvolverase entre o luns, 26 e o mércores, 28 de outubro. Este último día será cando as compañeiras da Microrrede farán a presentación do relatorio.
NESTE ENLACE podemos ver o programa do CIBES.

28/8/15

CIBES 2015

Baixo o lema "Educación por competencias: reto del milenio para la interculturalidad y la inclusión social", celébrase en Getafe (Madrid), do 26 ao 28 de outubro, na Universidade Carlos III de Madrid, o I Congreso Iberoamericano de Bibliotecas Escolares (CIBES), froito da colaboración entre esta Universidade, o Concello de Getafe e a Universidade Estatal Paulista de Brasil. 
O colectivo de profesionais vinculados ás bibliotecas escolares poderán presentar comunicacións asociadas a algún dos catro eixos temáticos previstos:
  1. A biblioteca escolar no proceso educativo: ensinanza e aprendizaxe
  2. Comprensión lecto-escritora como factor de inclusión
  3. As alfabetizacións na Biblioteca Escolar  
  4. Contidos para o desenvolvemento de competencias naBiblioteca Escolar
O prazo para a presentación de resumes de comunicacións remata o 6 de xullo.  
O noso proxecto foi aceptado como relatorio no Congreso polo que as compoñentes da Microrrede estamos a preparar a comunicación.

http://www.cibes2015.info/

18/5/15

NOTICIAS NA PRENSA LOCAL


Deixamos aquí dous enlaces ao xornal LA VOZ DE GALICIA, onde se recollen noticias sobre a Exposición conxunta levada a cabo do 12 ao 15 de maio, baixo o título "O refraneiro de Cervo a Viveiro".

Escolares animan «O refraneiro»

La sabiduría popular en la mirada de los niños

16/5/15

Clausura da exposición conxunta

O venres, 15 de maio, rematamos as actividades e clausuramos a exposición .
Están encargadas de facelo os alumnos e alumnas dos institutos participantes: 

  • Vilar Ponte que puxeron en escea unha pequena versión de   "La verbena de la paloma"
  • María Sarmiento interpretaron varias cancións. 
    • Na seguinte presentación podemos ver un resumen de todo o acontecido


15/5/15

Actividades do día 14 de maio

O xoves, 14 de maio, o CEIP PLURILINGÜE DE COVAS representou a obra
"A matemática historia de cadrado e circuliña"
 Fotos da representación no colexio


Despois chegaron as Regueifas do CEIP DE CERVO (unha proposta moi, moi tradicional )



E, por último, o CEP LOIS TOBÍO que nos trouxo
 " A vella do bosque "
(un rap que nos conta outra historia de Carapuchiña ),
"A vella a fiar " (retahíla musicada) 
a profesora Rebeca fixo de excelente contacontos, narrando esa historia que antes rapearon os nen@s e que levaba por título "A vella do bosque ".



14/5/15

Actividades do día 13 de maio

Continuando coas actividades dinamizadoras : o mércores, foi o turno do CEIP Pedrosa Latas de Celeiro, que dramatizou "O país dos mandóns" e O CEIP Pedro Caselles Rollán, que nos traían como proposta  "Eu son Rosalía cando ..."



No seguinte vídeo podemos ver a dramatización que levaron a cabo no colexio 

13/5/15

A Inauguración

Inauguramos hoxe a Exposición Conxunta : 
 Refraneiro de Cervo a Viveiro
Nela participan as comunidades educativas e as bibliotecas dos colexios que configuran a microrrede de bibliotecas de A Mariña. Fixo a apertura M.ª Luz Iglesias López, integrante do grupo de biblioteca do CEIP Pedro Caselles Rollán.
Cada curso aumenta a calidade e cantidade de traballos expostos e, por suposto, das actividades dinamizadoras que acompañan esta exposición.

  • Nesta tarde, o EEI San Roque ofreceunos:
 "Cocorico" (Teatrillo de títeres) a cargo do profesorado.
  • Co CEIP Plurilingüe de Santa Rita de Galdo viaxamos cunha maleta cargada de libros para todos e todas. Había libros para os avós, poemas de Rosalía, a ritmo de rap,  e arrolos para os máis pequenos. 
O arrecendo das Bibliotecas invadiu a 
Sala de Exposicións do Concello de Viveiro.

12/5/15

Exposición conxunta : Refraneiro de Cervo a Viveiro

Como resultado final do traballo colaborativo, realizamos unha exposición conxunta na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro.
O luns, 11 de maio, fixemos a montaxe da mesma e queda reflectido no seguinte vídeo:

27/3/15

Nova convocatoria do traballo colaborativo das bibliotecas escolares da Mariña

Para este curso 2014-2015, e despois de moitas reunións e deliberacións das coordinadoras e equipos das bibliotecas escolares, propoñemos:

“O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO”


Esta actividade ten como obxectivo a posta en valor da TRADICIÓN ORAL E POPULAR.

A tradición oral transmite valores que explican a importancia e a necesidade que ten o home de vivir en sociedade, ensinando a respectar e comprender os seus propios estilos de vida e outros distintos.

Trátase de fomentar a comunicación e o diálogo entre a familia e o seu fillo-a, traballando sobre os diferentes refráns  que coñecen, para despois pensar nun en concreto e a ser posible que se utilice na nosa zona.

Por iso enviámosvos o folio para que escribades un refrán en galego e o acompañedes dunha ilustración ou obra plástica a realizar con técnicas libres (collage, debuxo, manualidades…).