Esta entrada no blog escribiuna Mª Luz Iglesias López, integrante do grupo de biblioteca do CEIP Pedro Caselles Rollán. Son as vivencias dentro do equipo das bibliotecas escolares Microrrede A Mariña, durante estes cinco anos de existencia.
Un dos retos para unha mestra é atopar un grupo de
compañeiros e compañeiras que leven a cabo propostas de traballo colaborativo; e
eu atopeino no equipo da Microrrede da Mariña, en busca de fórmulas para
motivar e implicar as comunidades do noso entorno no labor educativo do
alumnado dos centros de ensino da Mariña.
A Microrrede da Mariña constituíuse despois dunhas
xornadas de Bibliotecas Escolares e tentamos que sexa un axente dinamizador e
transmisor de valores culturais.
Este último curso 2015-2016, como membro da Microrrede
da Mariña, vivín una experiencia
inolvidable onde o traballo en equipo, as ganas de potenciar a literatura, a superación
de dificultades, a autoavaliación e as propostas de mellora, reinaron nas reunións
dende setembro ata maio.
“OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA” permitíronnos dinamizar as
comunidades educativas arredor do gran escritor galego e provocaron a aparición
de máis membros integrantes para a Microrrede da Mariña.
Agora xa está composta por 12 equipos de Bibliotecas
escolares de centros de ensino de educaciónn infantil, CEP, CEIP e IES.
Eu tamén vivín un soño dentro da Microrrede da Mariña
e agora que me traslado ao interior da provincia de Lugo, tratarei de facelo
realidade alí onde me atope; para que outros axentes educativos poidan vivilo
coma min.
Espero que a Microrrede da Mariña se convirta nunha macrorrede porque as condicións nas
que se atopa son favorecedoras para que o soño se cumpra.
Moitas grazas e moita sorte a todas as integrantes da Microrrede
da Mariña.
Mª Luz, mestra integrante da Microrrede da Mariña