31/3/16

Posta en marcha do novo proxecto

Estes días os centros integrantes da Microrrede A Mariña están entregando a carta e os materias necesarios para levar a cabo o proxecto deste ano.
A carta levará esta introdución común a todos os centros:

Queridas familias:
Un ano máis queremos propoñer ás comunidades educativas dos centros que formamos a 
“Microrrede das Bibliotecas PLAMBE da Mariña” unha nova actividade, co gallo das celebracións 
nos meses de abril e maio do Día do Libro e Día das Letras Galegas,  que nos recordan a necesidade 
do fomento e dinamización da cultura, entendida como un ben común que propicia unha sociedade máis 
humana, igualitaria, crítica e libre.
  Este curso dita actividade xira en torno ao intelectual lucense, cunha marabillosa e extensa obra, 
  polo que o título non pode ser doutra maneira:
OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA
  Ademais dos obxectivos de fomento da lectura, do gusto pola poesía e do pracer polo uso e goce dos libros, 
podemos resumir o obxectivo principal nas palabras do propio autor:


O idioma é a forza,
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
                             (fragmento de A FALA)                           


Publicacións nos blog dos centro: