Ten como obxectivos a
recuperación da literatura infantil como fonte de pracer,
fomentar hábitos de lectura,
recuperación e lembranza dos libros que forman parte da memoria das
familias
Por iso enviámosvos un folio para que, co membro da familia que
decidades, recorde co neno/a os contos que lía de pequeno, cal era o
seu favorito e logo faredes:
· Na esquerda cubrides os datos que se vos pide.
· Na dereita unha pequena obra plástica libre (exemplos: fotocopia da portada do libro, debuxo dos personaxes, fabricar o zapato da Cincenta e pégalo,…)
Moito ánimo!!!
Cos traballos realizados faremos primeiramente unha exposición en cada colexio participante e logo unha exposición conxunta.
Xa vos iremos informando.