ESCENA 3
Narrador: Ratígoras esperta despois do trompazo dentro da urna. O bibliobús seguiu o seu camiño pero Leo Leo xa non está!!! No seu lugar hai hai un paxaro azul moi raro.
Ratígoras: Vaia golpe levei!!! ohhh! (mira a Lolo sorprendido e apampado polo golpe). Onde estou? Pero ti quen es?
Lolo: Son Lolo, a mascota da Bibliocovas, benvido á miña casa! Como me gusta ter visitas!
Ratígoras: Eu son Ratígoras. E viaxo no Bibliobús por todas a biblios molonas,
Lolo: Pero entón que fas metido nunha urna? Sae de aí, que che ensino a miña casa. A ver como te poido sacar de aí. (Lolo ponse pensativo)
Ratígoras: Xa sei! Coa miña corda máxica! Agarda que a teño na mochila (Saca a corda da mochila e lánzalla a Lolo) Agárraa, Lolo!
Narrador: Lolo tira con forza e saca a Ratígoras da urna.
Lolo e Ratígoras: Ah! (berrando)
Lolo: Por fin! Mira, ven, que che ensino a miña casa.
Narrador: O rato e o paxaro pasean amigablemente pola Bibliocovas charlando. Despois da visita, regresan ao bibliobús.
Lolo: Foi marabillosa a túa visita. É unha mágoa que non te poidas quedar máis tempo (di con pena). En serio que te vas a meter de novo nesa urna? (di estrañado)
Ratígoras: Encántame a miña urna: é o meu fogar. Que gañas tiña de volver a estar aquí (di encantado meténdose dentro)! Moitas grazas, Lolo!! Repetirei a visita noutra ocasión!! (dío canso, pero feliz)
Lolo: Aquí te agardo coas ás abertas!!!
Narrador: Ratígoras cae rendido na súa urna, o bibliobús arrinca e a viaxe segue o seu camiño.
Fin da escena