Mostrando entradas con la etiqueta Rúa da Microrrede. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rúa da Microrrede. Mostrar todas las entradas

11/5/24

Clausura da 13ª exposición 2024

Clausuramos esta décimo terceira edición da Microrrede coa Coral Polifónica Alborada de Viveiro e alumnado do CEIP de Celeiro. 


Aquí deixamos acceso ás fotos e vídeos das actuacións das corais. Grazas infinitas Marta!!!!!

Vaia clausura! Moitísimas grazas a todxs por acompañarnos e colaborar coa Microrrede! Ata o ano que ven.

10/5/24

Obradoiro para nenos por Abraham Carreiro


Para rematar a semana, hoxe tivemos a sorte de contar cun obradoiro para nenos a cargo de Abraham Carreiro, redactor da revista o PapagaioGrazas a Africa Copias Viveiro e a Lucas Requejo por facilitarnos as cousas.

Por aquí deixamos algunhas fotografías dos momentos compartidos e uns vídeos.

9/5/24

Lecturas compartidas - IES Vilar Ponte

Lecturas compartidas, un programa cargadiño, realizado polo alumnado do IES Vilar Ponte. Agradecer o traballo do alumnado de 2°, 3° e 4° de ESO. Tamén o das compañeiras: a profesora de música Eva Marcilla, Ángela Alonso, coordinadora da biblioteca do IES Vilar Ponte e o Equipo de biblioteca da mesma.

Aquí tedes algunhas fotos do momento.




8/5/24

Cómic colaborativo - SuperMariña e Martiño

Aquí temos a versión dixitalizada do cómic colaborativo feito entre as 20 escolas. Todo un reto. O conto foi pasado cada semana por un centro para ir avanzando nas aventuras de Mariña e Martiño.


    Dispoñible tamén: 

Obradoiro de creación de banda deseñada.


Brais Fierro Fuentes foi o encargado de darnos os recursos sobre cómo facer unha historia en viñetas.

A microrrede no Progreso de hoxe

 Falan de nós na prensa.



7/5/24

Inauguración da exposición "13, rue da Microrrede - A Mariña homenaxea a Ibañez"

Hoxe, martes 7 da maio, chegou a gran día. Inauguramos a nosa exposición anual da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña. "13, rue da Microrrede - A Mariña homenaxea a Ibañez"

As obras que aí se presentan brinda unha pequena homenaxe a Ibañez, humorista gráfico creador de Mortadelo e Filemón ademais dunha banda deseñada colaborativa feita entre 23 centros escolares.

Acompanáronnos no acto de inauguración Dª Lara Fernández Fernández, Concelleira de Cultura do Concello de Viveiro,  Dª Pilar Teijeiro Díaz, coordinadora dos Equipos de Dinamización, María Bustelo Miguéns do Servicio territorial de Inspección educativa de Lugo e dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares, Dª Beatriz González Blanco, asesora da Zona Norte así como representantes dos equipos directivos dos centros educativos participantes e as coordinadoras/es dos proxectos. 

A nosa compañeira Ana Díaz Portela, coordinadora da biblioteca da EOI Luz Pozo Garza de Viveiro tomou a palabra en nome da Microrrede  :

"Este curso a proposta dende a Asesoría foi “A BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS” e o proxecto que presentamos aquí as 20 bibliotecas escolares da Microrrede leva por título “13 Rúa da Microrrede: A Mariña homenaxea a Ibáñez”.  Non foi difícil a elección da microrrede, que sempre se guía polas pautas marcadas pola Asesoría. Levamos anos disfrutando de novos lectores grazas á literatura da imaxe: vemos como ano tras ano crecen os clubes de lectura grazas ao manga, ao anime, ás viñetas. Sen dúbida, era un tema, ao que lle podíamos sacar partido dentro das nosas propostas de centro, pero, como podíamos facelo atractivo para as familias?, como podía ser algo, no que todos disfrutaran do proceso de creación. 

Non había dúbidas, escoller a Ibáñez, como homenaxeado débese a que a súa obra trascende xeracións, cautivando tanto a nenos como a adultos. As súas viñetas son unha ponte entre mundos, onde a inocencia da infancia se encontra coa astucia e o humor da vida adulta. Ibáñez logra crear universos que encantan aos máis novos cos seus enganosos personaxes e situacións cómicas, mentres que as familias atopan nas súas historietas un reflexo das súas propias experiencias e unha escapatoria á realidade. O seu legado perdura como un testemuño do poder unificador do humor, capaz de entreter e conectar a persoas de todas as idades e antecedentes."

O coro do CEP Lois Tobío actuou representando a obra "Tiempo" do compositor vasco Josu Elbertín. Rebeca Palmeiro, narradora, e Iván Vale, director do coro, fixeron un excelente traballo cos nenos/as. Un espectáculo fermosísimo!!!

Para rematar esta décimo terceira edición, os coordinadores das bibliotecas escolares recibiron un obradoiro de creación de banda deseñada da man da artista Uxía Larrosa.

Accede ao álbum de fotos AQUÍ.

As bibliotecas homenaxean a Francisco Ibañez

 

Nesta décimo terceira edición da exposición da Microrrede adicada este ano ao 13 rue del Percebe de Ibañez, recreamos un immeuble enteiro de vivendas cos seus protagonistas: a porteira, Filemón, o Profesor Bacterio, Super, Rompetechos, Otilio, Chicha, Mortadelo, O ladrón do terceiro, Tato, Don Hurón que vive na alcantarilla, Os trillizos, a ancia amante dos animais, Gafelete, o moroso que vive na buhardilla, o tendeiro, a familia Trapisonda, Ofelia e Sacarino.

Aquí tedes acceso ao albúm de fotos da exposición.




2/5/24

Convite: A Microrrede homenaxea a Ibáñez

Damos a coñecer o programa da nosa exposición anual que leva por título este curso "A Microrrede homenaxea a Ibáñez".

A exposición conta con 20 cadros, un por cada biblioteca da Microrrede, e dun cómic artístico colaborativo. Poderá verse no salón multiusos do Concello de Viveiro de 18h a 20h do 7 ao 10 de maio.

As obras que aí se presentan plasman a alma dos proxectos de centro. Novamente será a mestura de estilos tanto narrativos como artísticos e de moita creatividade.

PROGRAMA 


29/4/24

Cartel da Rúa da Microrrede. A Mariña homenaxea a Ibáñez

Desvelamos o cartel da nova exposición da Microrrede! 

Queremos agradecer ao alumnado do bacharelato de Artes do IES Monte Castelo pola participación e o seu bó facer e en particular a Laura González Freire por brindarnos a portada que abre as portas ao noso traballo colaborativo. 

 📍Salón Multiusos do Concello de Viveiro 

🗓️Entre o 7 e o 10 de Maio. 

🖌️ Deseño do cartel: Laura González Freire

18/3/24

Vai collendo forma!

 








O pasado martes, día 12 de Marzo, reunímonos os membros da Microrrede para saber cómo ía o traballo colaborativo. Ainda que é un traballo no que nos poñemos ao día vía Google Drive todas as semanas, precisábamos concretar certos puntos que aínda non estaban claros e outros, que tivemos que modificar. 


Logo, falamos sobre a exposición individual. Os centros xa van elexindo temáticas, en torno ao tema inicial proposto, van saíndo novas para tratar: formato, divulgación, espazos, materiais, ...
Vamos en camiño, nun mes voltamos a reunirnos e o traballo colaborativo, xa estará rematado! 

12/12/23

Segundo traballo colaborativo da Microrrede

 O martes, 12 de Decembro, reunímonos integrantes da Microrrede A Mariña para continuar o proxecto da Microrrede. 

Tralo éxito do primeiro traballo colaborativo realizado entre as bibliotecas de A Mariña ( conto colaborativo do 2023), este ano, decidímos apostar por unha nova edición. 

Esta nova aposta, que ven cargada dun traballo grupal, coordinado e xestionado polas e polos encargados das bibliotecas escolares, que terá unha forma e unha temática completamente diferente á do ano anterior. 

Nesta xuntaza, acordamos cómo se dividiría o traballo, en qué consistiría e qué materiais empregaríamos para levalo acabo. 

En Marzo teremos outra reunión para saber cómo vai o proxecto colaborativo e máis a exposición do traballo individual. 

Moito ánimo e saúde!

7/11/23

Explorando o noveno arte, comezamos un ano máis!

O martes, 7 de Novembro, reunímonos integrantes da Microrrede A Mariña para dar comezo a un novo proxecto, sendo este o décimo terceiro.


A reunión realizada de forma presencial, realizouse en primeiro lugar para facer unha achega aos novos e novas integrantes, así como guiar o proceso de construción do novo proxecto.
O obxectivo central desta nova edición é aportar dinamismo e potenciar o lema do 2023-2024 das bibliotecas escolares: unha biblioteca escolar en viñetas. Poñendo así o foco en todas as posiblidades que nos ofrece a banda deseñada tanto no disfrute do lector como na aprendizaxe curricular en todas as etapas educativas.
Así pois, este curso, o obxectivo da microrrede é poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual. Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas atopamos un espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e artística e o desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación.
Uniremos esta idea, á par que os nosos centros, como levamos facendo tantos anos. Cada centro poderá adaptar este obxectivo ao seu PDI ou a outros proxectos.
Acordamos tamén o formato de presentación da exposición conxunta, as datas da mesma e de outras tarefas internas que se incluirán dentro do proxecto.
No vindeiro trimestre teremos máis reunións, na que actualizaremos o proceso de creación e ultimaremos todos os detalles polo miúdo.
Moito ánimo e saúde!