11/5/24

Clausura da 13ª exposición 2024

Clausuramos esta décimo terceira edición da Microrrede coa Coral Polifónica Alborada de Viveiro e alumnado do CEIP de Celeiro. 


Aquí deixamos acceso ás fotos e vídeos das actuacións das corais. Grazas infinitas Marta!!!!!

Vaia clausura! Moitísimas grazas a todxs por acompañarnos e colaborar coa Microrrede! Ata o ano que ven.

10/5/24

Obradoiro para nenos por Abraham Carreiro


Para rematar a semana, hoxe tivemos a sorte de contar cun obradoiro para nenos a cargo de Abraham Carreiro, redactor da revista o PapagaioGrazas a Africa Copias Viveiro e a Lucas Requejo por facilitarnos as cousas.

Por aquí deixamos algunhas fotografías dos momentos compartidos e uns vídeos.

9/5/24

Lecturas compartidas - IES Vilar Ponte

Lecturas compartidas, un programa cargadiño, realizado polo alumnado do IES Vilar Ponte. Agradecer o traballo do alumnado de 2°, 3° e 4° de ESO. Tamén o das compañeiras: a profesora de música Eva Marcilla, Ángela Alonso, coordinadora da biblioteca do IES Vilar Ponte e o Equipo de biblioteca da mesma.

Aquí tedes algunhas fotos do momento.




8/5/24

Cómic colaborativo - SuperMariña e Martiño

Aquí temos a versión dixitalizada do cómic colaborativo feito entre as 20 escolas. Todo un reto. O conto foi pasado cada semana por un centro para ir avanzando nas aventuras de Mariña e Martiño.


    Dispoñible tamén: 

Obradoiro de creación de banda deseñada.


Brais Fierro Fuentes foi o encargado de darnos os recursos sobre cómo facer unha historia en viñetas.

A microrrede no Progreso de hoxe

 Falan de nós na prensa.



7/5/24

Inauguración da exposición "13, rue da Microrrede - A Mariña homenaxea a Ibañez"

Hoxe, martes 7 da maio, chegou a gran día. Inauguramos a nosa exposición anual da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña. "13, rue da Microrrede - A Mariña homenaxea a Ibañez"

As obras que aí se presentan brinda unha pequena homenaxe a Ibañez, humorista gráfico creador de Mortadelo e Filemón ademais dunha banda deseñada colaborativa feita entre 23 centros escolares.

Acompanáronnos no acto de inauguración Dª Lara Fernández Fernández, Concelleira de Cultura do Concello de Viveiro,  Dª Pilar Teijeiro Díaz, coordinadora dos Equipos de Dinamización, María Bustelo Miguéns do Servicio territorial de Inspección educativa de Lugo e dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares, Dª Beatriz González Blanco, asesora da Zona Norte así como representantes dos equipos directivos dos centros educativos participantes e as coordinadoras/es dos proxectos. 

A nosa compañeira Ana Díaz Portela, coordinadora da biblioteca da EOI Luz Pozo Garza de Viveiro tomou a palabra en nome da Microrrede  :

"Este curso a proposta dende a Asesoría foi “A BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS” e o proxecto que presentamos aquí as 20 bibliotecas escolares da Microrrede leva por título “13 Rúa da Microrrede: A Mariña homenaxea a Ibáñez”.  Non foi difícil a elección da microrrede, que sempre se guía polas pautas marcadas pola Asesoría. Levamos anos disfrutando de novos lectores grazas á literatura da imaxe: vemos como ano tras ano crecen os clubes de lectura grazas ao manga, ao anime, ás viñetas. Sen dúbida, era un tema, ao que lle podíamos sacar partido dentro das nosas propostas de centro, pero, como podíamos facelo atractivo para as familias?, como podía ser algo, no que todos disfrutaran do proceso de creación. 

Non había dúbidas, escoller a Ibáñez, como homenaxeado débese a que a súa obra trascende xeracións, cautivando tanto a nenos como a adultos. As súas viñetas son unha ponte entre mundos, onde a inocencia da infancia se encontra coa astucia e o humor da vida adulta. Ibáñez logra crear universos que encantan aos máis novos cos seus enganosos personaxes e situacións cómicas, mentres que as familias atopan nas súas historietas un reflexo das súas propias experiencias e unha escapatoria á realidade. O seu legado perdura como un testemuño do poder unificador do humor, capaz de entreter e conectar a persoas de todas as idades e antecedentes."

O coro do CEP Lois Tobío actuou representando a obra "Tiempo" do compositor vasco Josu Elbertín. Rebeca Palmeiro, narradora, e Iván Vale, director do coro, fixeron un excelente traballo cos nenos/as. Un espectáculo fermosísimo!!!

Para rematar esta décimo terceira edición, os coordinadores das bibliotecas escolares recibiron un obradoiro de creación de banda deseñada da man da artista Uxía Larrosa.

Accede ao álbum de fotos AQUÍ.

As bibliotecas homenaxean a Francisco Ibañez

 

Nesta décimo terceira edición da exposición da Microrrede adicada este ano ao 13 rue del Percebe de Ibañez, recreamos un immeuble enteiro de vivendas cos seus protagonistas: a porteira, Filemón, o Profesor Bacterio, Super, Rompetechos, Otilio, Chicha, Mortadelo, O ladrón do terceiro, Tato, Don Hurón que vive na alcantarilla, Os trillizos, a ancia amante dos animais, Gafelete, o moroso que vive na buhardilla, o tendeiro, a familia Trapisonda, Ofelia e Sacarino.

Aquí tedes acceso ao albúm de fotos da exposición.




2/5/24

Convite: A Microrrede homenaxea a Ibáñez

Damos a coñecer o programa da nosa exposición anual que leva por título este curso "A Microrrede homenaxea a Ibáñez".

A exposición conta con 20 cadros, un por cada biblioteca da Microrrede, e dun cómic artístico colaborativo. Poderá verse no salón multiusos do Concello de Viveiro de 18h a 20h do 7 ao 10 de maio.

As obras que aí se presentan plasman a alma dos proxectos de centro. Novamente será a mestura de estilos tanto narrativos como artísticos e de moita creatividade.

PROGRAMA