Mostrando entradas con la etiqueta PLAMBE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLAMBE. Mostrar todas las entradas

31/3/23

Encontros dos centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2022-2023

Esta semana celebráronse, no palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros dos centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondientes ao curso 2022-2023, coa intervención de personas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura galega, a intelixencia artificial, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional. 

Ademais, presentaranse un total de 21 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, bibliotecas LIA.3  e outros... ).

Un espazo de encontro no que escribir as bibliotecas escolares de Galicia.

Dentro destas intervencións atopamos as figuras de dúas das nosas compañeiras da Microrrede de A Mariña: 

Eva, do IES Alfoz-Valadouro participou, na xornada de inauguración nun Coloquio de boas prácticas.

Eva, sentada no medio do Coloquio

Por outra banda, Karina, do IES Perdouro, de Burela, relatora dunha das charlas da xornada sobre o traballo por proxectos. 



Robots do traballo por proxectos presentado por Karina


Karina, sentada á dereita na intervención


Foi unha xornada onde puidemos xuntarnos toda a microrrede, ata no almorzo.

Parte da Microrrede no almorzo da xornada.

Programa completo dos Encontros.

26/3/22

Encontros PLAMBE 2021-2022

Encontros PLAMBE 2021-2022

O xoves 24 e venres 25 de marzo tiveron lugar, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) correspondentes ao curso 2021/2022, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, o patrimonio inmaterial. Ademais, presentaranse un total de 18 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, biblioteca inclusiva, voluntariado e outros... ). 
 
As xornadas son un punto de encontro para compartir, aprender, expoñer... moi diversas actividades das Bibliotecas Galegas. 

Aproveitamos este encontro para reunirnos as compoñentes e o compoñente da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA para ultimar os preparativos da convocatoria deste curso. 
Tamén tivemos a oportunidade de contactar coa nosa asesora de zona Chelo Gundín Rey, a quen lle agradecemos toda a colaboración que nos presta ao longo de todo o curso.


 

 

15/4/21

Encontros PLAMBE 2020-2021

 Encontros PLAMBE 2020-2021

Os vindeiros 15 e 16 de abril celébranse, con formato telemático, os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2020/2021, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, a Axenda 2030. Ademais, presentaranse un total de 11 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, Hora de ler, clubs de lectura, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar e outros). Neste ano de "Xeografías lectoras", viaxaremos polas posibilidades que ofrece a  biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das actividades que programa e os recursos que pon a disposición da comunidade educativa. Unha ocasión para encontrarnos coa lectura en toda a súa potencialidade.

24/3/19

ENCONTROS PLAMBE 2018-2019

Encontros PLAMBE 2018/2019

Os días 21 e 22 de marzo celebráronse en Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondente ao curso 2018/2019, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas biblioteca, a literatura, a comunicación, o patrimonio, a mediación lectora, as competencias informacionais e mediáticas, a tecnoloxía educativa e a produción audiovisual. Ademais, presentáronse un total de 26 experiencias de centro de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, "hora de ler", voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, proxecto lector, Radio na biblio, clubs de lectura, traballo por proxectos e outros). Neste ano de "poéticas diversas", a poesía estivo presente da man de Mar Benegas, Montse Pena e Carlos Negro. 

A xornalista Rosa María Calaf pechou os Encontros cunha conferencia maxistral "Aprendendo a pensar diante da mentira e o ruído" que recibiu unha forte ovación por parte do público asistente.
As xornadas son un punto de encontro para compartir, aprender, expoñer... moi diversas actividades das Bibliotecas Galegas. 
Aproveitamos este encontro para reunirnos as compoñentes e o compoñente da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA para ultimar os preparativos da convocatoria deste curso:

Tamén contactamos coas asesoras e autoridades educativas a quenes lles fixemos entrega das invitacións para a inauguración que será o martes, 4 de xuño.



16/4/18

Xornada de traballo das coordinadoras en Santiago

Os días 12 e 13 de abril o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela acolleu unha vez máis os
As coordinadoras das Bibliotecas que formamos a MICRORREDE A MARIÑA: asistimos un ano máis a estes encontros moi enriquecedores, xa que nos permiten compartir experiencias, ideas... para levar a cabo a nosa práctica diaria nas bibliotecas dos nosos centros.



Tamén aproveitamos para concretar aspectos da exposición deste ano: "A Mariña pensando en feminino" e para facer entrega de invitacións.

18/3/17

Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2016-2017

Os días 16 e 17 de marzo o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela acolleu unha vez máis os
ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES.





As coordinadoras das Bibliotecas que formamos a MICRORREDE A MARIÑA:
asistimos un ano máis a estes encontros moi enriquecedores, xa que nos permiten compartir experiencias, ideas... para levar a cabo a nosa práctica diaria nas bibliotecas dos nosos centros.
 
 

Tamén aproveitamos para concretar aspectos da exposición deste ano: "A Mariña con moita arte" e para facer entrega de invitacións.

12/4/16

Xornada de traballo

Durante a XORNADA do PLAMBE, o venres, 8 de abril, en Santiago, as compoñentes da MICRORREDE A MARIÑA, tivemos a oportunidade de compartir novas experiencias e ademais reunirnos para ultimar moitos dos preparativos  do novo proxecto deste ano "OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA".
Os traballos xa están nas casas do noso alumnado e pronto realizaremos as exposicións nos colexios.
Son moitos os detalles que temos que ter presentes para a exposición no Teatro Pastor Díaz de Viveiro (este é o primeiro ano que cambiamos a ubicación, anteriormente expoñiamos no Salón Multiusos do Concello).
Tamén as actividades dinamizadoras requiren unha atención importante pois cada vez son máis numerosas.

6/4/16

Encontros do PLAMBE

Os días 7 e 8 de abril próximos celebraranse en Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares do curso 2015/2016, polo que as compoñentes da Microrrede A Mariña acudirán a esta cita anual tan importante.