25/4/12

Inauguración da Exposición


A INAUGURACIÓN

Foi un acto entrañable no que participaron as comunidades educativas dos centros; fixo de mestre de ceremonias Carmen Ferreiro Maseda, coordinadora da biblioteca da EEI San Roque; ademais contamos coa presencia de Marta Coria e Pilar Sampedro, asesoras das Bibliotecas Escolares a nivel da provincia de Lugo e da Consellería de Educación.
Moitas grazas polo voso apoio, as vosas palabras son un pulo importante para o traballo que se está a realizar nas Bibliotecas dos Centros. 

19/4/12

Preparando a gran exposición

Estamos a preparar a gran exposición conxunta cos traballos dos centros participanntes, será na Sala de Exposicións do Concello de Viveiro e estará aberta do 25 de abril ao 2 de maio.
Preparamos o seguinte programa:

 

2/4/12

“DE ONTE A HOXE: lembrando o pasado”



Ten como obxectivos a recuperación da literatura infantil como fonte de pracer, fomentar hábitos de lectura, recuperación e lembranza dos libros que forman parte da memoria das familias 
Por iso enviámosvos un folio para que, co membro da familia que decidades, recorde co neno/a os contos que lía de pequeno, cal era o seu favorito e logo faredes:

· Na esquerda cubrides os datos que se vos pide.
· Na dereita unha pequena obra plástica libre (exemplos: fotocopia da portada do libro, debuxo dos personaxes, fabricar o zapato da Cincenta e pégalo,…)
Moito ánimo!!!
Cos traballos realizados faremos primeiramente unha exposición en cada colexio participante e logo unha exposición conxunta.
Xa vos iremos informando.