Mostrando entradas con la etiqueta Cidadá(n)s da Mariña / Cidadá(n)s do Mundo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cidadá(n)s da Mariña / Cidadá(n)s do Mundo. Mostrar todas las entradas

22/4/20

A Microrrede A Mariña, este curso, #QuedaNaCasa

En reunión virtual, a través dos medios tecnolóxicos, tod@s os membros da Microrrede A Mariña tivemos que tomar a decisión máis "dolorosa" dos nove anos de vida deste proxecto colaborativo que forman as Bibliotecas Escolares de:
EEI SAN ROQUE (Viveiro)
CEP LOIS TOBÍO (Viveiro)
CEIP de CELEIRO (Celeiro-Viveiro)
Escola Oficial de Idiomas de RIBADEO

Suspender o noveno proxecto:  "Cidadá(n)s da Mariña, Cidadá(n)s do mundo"
e aprazalo para o vindeiro curso, dadas as circunstancias por mor do COVID-19.

Por estas datas, coa chegada da conmemoración do Día do Libro, todos os centros abrirían ás súas respectivas comunidades educativas as diferentes exposicións e traballos para logo no mes de maio confluír nunha gran exposición conxunta nas salas do Concello de Viveiro.
Todo estaba preparado, pero... como xa dixemos, este encontro terá lugar dentro dun ano. Non obstante nestes momentos quixemos realizar unha actividade especial:
  • Editar un vídeo onde:
    • as diferentes bibliotecas saúdan a todas as comunidades educativas
    • facemos un repaso das aito edicións anteriores



24/1/20

2ª reunión d@s compoñentes da MICRORREDE A MARIÑA

Na tarde do xoves, 23 de xaneiro, na EEI San Roque de Viveiro, reunímonos novamente acompañados pola Asesora das Bibliotecas Escolares de Galicia, Chelo Gundín, para  concretar todos os temas relacionados coa novena convocatoria da EXPOSICIÓN DA MICRORREDE A MARIÑA.



  • O títula da mesma será:
"Cidadá(n)s da Mariña, Cidadá(n)s do mundo"
  • Os días: Do 11 ao 14 de maio
  • Salas: Multiusos do Concello de Viveiro e Sala Exposicións da Biblioteca Municipal e outras actividades no Teatro Pastor Díaz.
  • Como actividades dinamizadoras contaremos con autores recoñecidos, contacontos, Música a través do Conservatorio de Música, Teatro de Asociacións Locais, Música Galega e moi probablemente a Radio na Biblio estará tamén presente.
  • Tamén se concretaron os diferentes temas e traballos a presentar por cada centro. A variedade dos mesmos está garantida e a súa  presentación seguro que tamén vai gustar moito.
Seguimos traballando na elaboración dos carteis, das invitacións, na difusión a través dos medios...
Nas xornadas que terán lugar en Santiago, os días 12 e 13 de marzo, teremos outra posta en común. Ilusión non nos falta!


27/10/19

Comezamos o proxecto para o curso 2019-2020


As coordinadoras das diferentes  Bibliotecas que formamos esta MICRORREDE reunímonos o xoves, 24 de outubro na EEI San Roque de Viveiro para tratar os seguintes puntos da orde do día:
  • Avaliación do proxecto "A Poesía que sentimos. Tomamas nota dalgún aspecto a modificar e mellorar pero en xeral quedamos moi satisfeitas do bo resultado do proxecto.
  • Datas para  o noveno proxecto: Do 11 ao 14 de maio.
  • Lugar das exposicións: Sala da Biblioteca y Multiusos do Concello. O Teatro Pastor Díaz para actos e actividades dinamizadoras.
  • Tema: recollendo a proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia (Biblioteca Escolar, viveiro de cidadanía)
          proponse como título do proxecto  
"CIDADÁNS DA MARIÑA, CIDADÁNS DO MUNDO".
  •  Posta en común de diferentes actividades dinamizadoras
  • Cada centro escollerá o formato  para a presentación dos traballos que terá relación coa igualdade, inclusión, diversidade, valores, dereitos dos cidadáns...
  • Como xa temos por costume na dinámica de traballo, fixemos unha asignación de tarefas tales como a petición de Salas e Teatro, falar con diferentes persoeiros para as actividades dinamizadoras, contactar novamente co Centro Comercial Casco Histórico, co Conservatorio de Música; co IES Monte Castelo para o deseño do cartel, co Concello de Xove para a súa impresión...
  • Seguimos contando coa Asesoría de Bibliotecas Escolares a través da asesora Chelo Gundín quen nos acompañará en vindeiras reunións.
Rematada a reunión, as coordinadoras trasladaremos os acordos aos diferentes claustros e así poñeremos en marcha o noveno proxecto da MICRORREDE A MARIÑA que esperamos sexa moi satisfactorio para todas as Comunidades Educativas.   BO COMEZO!!!