11/5/23

Acto de Clausura da exposición EscribirARTE na Mariña

Clausuraron a xornada de hoxe as compañeiras Paula do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove e María do CEIP O Vicedo con duas representantes do alumnado excepcionais chamadas Noa e Nora que exemplifican á perfección o espírito desta exposición.

Acompañaron o acto o cuarteto de clarinetes do Conservatorio de Viveiro.

Mención especial ás compañeiras que levan 12 anos de traballo na Microrrede: María Rolle e Marta Pérez.

Accede ao albúm de fotos aquí.

Representación teatral a cargo do IES Alfoz-Valadouro

No derradeiro día da exposición "EscibirArte na Mariña" creada pola microrrede, o alumnado de 2° de ESO do IES de Alfoz Valadouro fixo unha representación para os centros que tivo por título: Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa? 
 🎭Representadado por: María Carballo, Silvia Fernández, Celia Fernández e Paz Quiroga, alumnas do IES de Alfoz- Valadouro. 
 🕒12:00h 
 📍Teatro Pastor Díaz
🖌️ Ilustración do cartaz: Irene Paz ( 1° ESO) 


10/5/23

Dinamización a cargo da EEI San Roque

O EEI San Roque fixo unha representación de monicreques da obra "Cocorico" para un público entregado. Parabéns!


9/5/23

Dinamización a cargo do coro CEP Lois Tobío

Na xornada de hoxe, o coro do Lois Tobío encheu de música a sala da exposición e amenizou a tarde cunha actuación espectacular.

Parabéns pola actuación e polo bo facer. Parabéns tamén ao seu profesor Iván.



A exposición da Microrrede " EscribirArte na Mariña na prensa


A prensa faise eco da inauguración da Exposición da Microrrede "EscribirArte na Mariña" .







Inauguración da exposición " EscribirArte na Mariña "

Este Luns inauguramos a exposición 

Na tarde do luns, 8 de maio, realizamos o acto inaugural da Exposición Conxunta "Escribir ARTE na Mariña ".

Nesta ocasión, acompáñanos no acto de inauguración Dª María Loureiro García, alcaldesa do Concello de Viveiro, Dª María José Gómez Rodríguez, xefa territorial de Educación en Lugo, Carmen Areán Vázquez do Servicio territorial de Inspección educativa de Lugo. Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares, estivo connosco Dª Beatriz González Blanco, asesora da Zona Norte. Representantes dos equipos directivos dos centros educativos participantes e as coordinadoras/es dos proxectos. Facendo a función de Mestres de Cerimonias Marcos e Ana, coordinadores das bibliotecas do IES María Sarmiento e do IES Vilar Ponte respectivamente; con gran ilusión e abrumados pola gran acollida, demos por inaugurada a duodécima convocatoria da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA.

Nesta primeira xornada contamos con Primitivo Marcos Ferreiro, artista viveirense, falou da súa última obra de banda deseñada VIVEIRO 1810, AUGAS MORTAIS e presentounos o seu próximo traballo.
Tivemos tamén a actuación musical de Amigos do folk, grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.






Accede ao álbum de fotos AQUÍ.

5/5/23

Montando a exposición "EscribirARTE na Mariña"

Hoxe, os membros da Microrrede reunímonos para facer a última achega da exposición: EscribirArte na Mariña

Un total de 16 obras moi orixinais e con diferentes técnicas  expostas e un traballo colaborativo que agardamos que sexa do voso agrado

As obras que aí se presentan transpasan as paredes da sala de exposición. Grazas á linguaxe dos códigos QR, achegan o/a visitante a temáticas dispares traballadas nos proxectos .

A exposición estará aberta ao público no salón multiusos do Concello de Viveiro de 18h a 20h do 8 ao 11 de maio.

Lembrade, inauguramos o próximo Luns ás 18:30h. Esperámosvos!

2/5/23

Convite e Programa EscribirARTE na Mariña

Damos a coñecer o programa da nosa exposición anual que leva por título este curso "EscribirARTE na Mariña".

A exposición conta con 16 cadros, un por cada biblioteca da Microrrede, e dun conto artístico colaborativo. Poderá verse no salón multiusos do Concello de Viveiro de 18h a 20h do 8 ao 11 de maio.

As obras que aí se presentan plasman a alma dos proxectos de centro. Novamente será a mestura de estilos tanto narrativos como artísticos  e de moita creatividade.

PROGRAMA 

LUNS 08/05/2023 
ACTO DE INAUGURACIÓN 18:30h 
  • Discurso inaugural. 
  • Primitivo Marcos Ferreiro, artista viveirense, falará da súa última obra de banda deseñada VIVEIRO 1810, AUGAS MORTAIS e presentaranos o seu próximo traballo. 
  • Actuación musical de Amigos do folk, grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. 

MARTES 09/05/2023 18:30h
  • Actividade dinamizadora do CEP Lois Tobío de Viveiro: - o Coro do CEP Lois Tobío 

MÉRCORES 10/05/2023 18:30h 
  • Actividade dinamizadora da EEI San Roque de Viveiro: - Representación de monicreques : Cocorico 

XOVES 11/05/2022 
12:00h no teatro Pastor Díaz 
  • Actividade dinamizadora do IES Alfoz-Valadouro : - Representación de monicreques : Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?

ACTO DE CLAUSURA 18:30h
  • Discurso de clausura.
  • Actuación musical do cuarteto de clarinete do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
Esperamos vervos!!!

CONTIDO DA EXPOSICIÓN:

  • EEI SAN ROQUE (Viveiro) : "Camiñando en familia", Arte coas palabras que camiñan xunto coas nosas familias cada día. 
  • CEP LOIS TOBÍO (Viveiro) : "Ás para crear", Recollida de información de aves da contorna. 
  • CEIP de CELEIRO (Celeiro-Viveiro) : "Celeiro, arte e poesía", As catro estacións con pura arte.
  • CEIP Plurilingüe de COVAS (Covas-Viveiro) : "D-escribindo a Natureza", Covas achégase á experiencia innata da Biofilia. 
  • CEIP Plurilingüe SANTA RITA (Galdo-Viveiro) : "Unha carta para a muller da túa vida", A arte da correspondencia manuscrita. 
  • CEIP O VICEDO: "O Vicedo emocional"
  • CEIP Plurilingüe PEDRO CASELLES ROLLÁN (Xove) : "Arquitectura para vivir", Vivendas polo mundo.
  • CEIP de CERVO (Cervo) :  "Museo das Letras"
  • CEIP Península da Paz (San Cibrao): "Unidos pola Península Da Paz: recunchos e encantos da nosa vila."
  • CEIP Plurilingüe VISTA ALEGRE (Burela) : "Abre as portas da biodiversidade", flora e fauna que vive preto dos ríos e outras zonas de auga doce. 
  • IES MARÍA SARMIENTO (Viveiro) : "Deconstrución artística", Reproducións de obras de artistas galegos reinterpretadas polo alumnado do centro.
  • IES VILAR PONTE (Viveiro) : "Illic et nunc: O ocio da Roma Antiga cun enfoque moderno. " 
  • IES ILLA DE SARÓN (XOVE) : "Arte para beber", Sorbos de lectura elaborados polo alumnado de PDC e dos grupos flexibles do centro.
  • IES ALFOZ VALADOURO: "Verbas no tempo", Dicionario ilustrado de palabras esquecidas da lingua galega.
  • IES MONTE CASTELO (Burela) : "EscribirArte. Mensaxes para derribar fronteiras"
  • IES PERDOURO (Burela) : "Latexos Verbais", Dar vida ás palabras de emocións positivas.
  • Conto colaborativo entre 17 bibliotecas PLAMBE da Mariña: "Rulando unha historia"