7/11/23

Explorando o noveno arte, comezamos un ano máis!

O martes, 7 de Novembro, reunímonos integrantes da Microrrede A Mariña para dar comezo a un novo proxecto, sendo este o décimo terceiro.

 
A reunión realizada de forma presencial, realizouse en primeiro lugar para facer unha achega aos novos e novas integrantes, así como guiar o proceso de construción do novo proxecto.
O obxectivo central desta nova edición é aportar dinamismo e potenciar o lema do 2023-2024 das bibliotecas escolares: unha biblioteca escolar en viñetas. Poñendo así o foco en todas as posiblidades que nos ofrece a banda deseñada tanto no disfrute do lector como na aprendizaxe curricular en todas as etapas educativas.
Así pois, este curso, o obxectivo da microrrede é poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual. Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas atopamos un espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e artística e o desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación.
Uniremos esta idea, á par que os nosos centros, como levamos facendo tantos anos. Cada centro poderá adaptar este obxectivo ao seu PDI ou a outros proxectos.
Acordamos tamén o formato de presentación da exposición conxunta, as datas da mesma e de outras tarefas internas que se incluirán dentro do proxecto.
No vindeiro trimestre teremos máis reunións, na que actualizaremos o proceso de creación e ultimaremos todos os detalles polo miúdo.
Moito ánimo e saúde!