11/6/21

CLAUSURA DA EXPOSICIÓN, curso 20-21

 Hoxe poñemos punto e seguido... á "Exposición conxunta" deste curso tan diferente,  no que puxemos en valor o traballo dos centros integrados na MICRORREDE A MARIÑA.

O peche final correspondeulle á Xefa Territorial de Educación,  

María Carmen Gueimunde González

OLA!!!

Aproveitarei esta oportunidade que me brindades a través desta canle para trasladar, a toda a familia “Microrrede da Mariña”, o meu eterno agradecemento polo seu traballo no eido educativo a prol da lectura, o saber , a ciencia, a tecnoloxía, as artes ..... e o que é máis importante, a convivencia, a amizade e a solidaridade entre iguais da nosa comarca.

Son xa moitas edicións compartindo a vosa ilusión e o voso compromiso, e non quería deixar de faceros partícipes do meu sentir nun ano que arrincamos con incertidume pero soubestes organizar e superar con esperanza e profesionalidade. Sin vós non se tería feito.

Fostes capaces de retomar os proxectos sin vacilar . De tirar de imaxinación e de recursos para adaptarvos ó novo contexto social sen perder a maxia que circula polas aulas. Mantivestes intacto o espírito de traballo nos alumnos e alumnas dos vosos centros como si o tempo e a pandemia non pasaran por nós. E hoxe nos regalades as conclusións das vosas tarefas que demostran, unha vez máis, que seguides aí....por eles e elas...polo seu benestar emocional e riqueza conceptual....pola EDUCACIÓN.

Perdimos moitos vínculos polo camiño, as fantásticas concentracións nas que disfrutabamos en compañía, pero gañamos en valores que quizais tiñamos algo esquecidos....XUNTOS conseguímolo.....XUNTOS imos polo BO CAMIÑO.

Gracias a “MICRORREDE DA MARIÑA”, gracias ós centros e ó profesorado participante. E gracias aos verdadeiros heroes desta novela educativa que son os nenos e nenas que diariamente nos deron e dan leccións de vida. 

Un abrazo e ata o próximo ano. 

Gracias.!!!!!

 

10/6/21

CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove)

 CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove)

XEOGRAFÍAS LECTORAS 

OLAAA... 

Como xa vos dixen, este curso non puidemos facer a exposición da Microrrede. Aínda así, todos os centros da Microrrede da Mariña estiveron traballando: uns con proxectos, outros con diferentes actividades... Todas e todos poñendo o noso grau de area para achegar as bibliotecas escolares a todas as comunidades educativas. Aquí vos deixo o resume das nosas actividades 

 PREME NA IMAXE


 

9/6/21

IES MARÍA SARMIENTO (Viveiro)

 

CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo

CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo

O curso remata e Galdiño peregrino quere felicitar ao seu alumnado polo bo traballo que fixeron. Aquí temos o resumo de tódalas actividades que fixeron ao longo do curso. 

"O camiño foi longo pero mereceu a pena. Cada vez estamos máis preto de alcanzar o noso ansiado produto final, a GUÍA INFANTIL CO CAMIÑO do MAR! Entre todos e todas axudaremos ao concello a poñer o noso gran de area para darlle un pequeno empuxón á OFICIALIZACIÓN desta ruta" 

 


8/6/21

IES VILAR PONTE Viveiro

IES VILAR PONTE Viveiro 

Sempre recordaremos o curso 2020-2021 como un curso con moitas normas e restriccións. Este foi o curso das mascarillas, dos xeles desinfectantes, dos aforos, dos grupos burbulla, dos espazos e recintos marcados, etc. Sen embargo, a pesar de todos os inconvintes, logramos levar a cabo distintas actividades que nos aportaron certa normalidade á toda a comunidade educativa. 

Deixamos aquí esta presentación como resumo das actividades realizadas e coa finalidade de rememorar o feito ao longo destes meses nos que superamos un difícil curso. Grazas a tod@s os que contribuiron e participaron! 



EEI SAN ROQUE Viveiro

 EEI SAN ROQUE Viveiro

A nosa aportación  é o traballo realizado polo alumnado sobre a nosa localidade, uníndonos a reivindicación con outros centros e co Concello, para a oficialización do CAMIÑO DO MAR dentro do XACOBEO 21-22. 



7/6/21

IES PERDOURO de Burela

 IES PERDOURO de Burela

Este curso recibimos un reto: o dos 21 Días co galego e máis. Así foi como formamos parte desta estupenda iniciativa xunto a outro nove centros de Galicia e como nos convertimos en factoría de produción audiovisual con propostas diversas para achegarnos ao galego e á súa cultura.

Na seguinte presentación recollemos algúns dos traballos realizados:


 

C.E.I.P Plurilingüe Vista Alegre de Burela.

 C.E.I.P Plurilingüe Vista Alegre de Burela.

Libruxa, a nosa mascota, presenta para esta exposición o "Caderno do Camiño", onde aparece a nosa "peregrinaxe" deste curso a modo de caderno de bitácora, co itinerio de actividades relacionadas coas conmemoracións e as distintas propostas para o PDI "Xacobeo-Bureleo 2021" e o Proxecto Erasmus+ "Friends for Our Planet": as credenciais lectoras, as verbas do camiño, o Xacobeo na prensa, o taller de contos de medo, o concurso de carteis para o "bureleo",  o correversos do Camiño, as mascotas peregrinas e os países que representan, a reportaxe da ruta "Bureleo 2021", os dous retos de investigación e concienciación medioambiental: enerxía e contaminación...e moitas actividades máis que esperamos que vos gusten!!!

   

4/6/21

CEIP DE CERVO

 CEIP DE CERVO


Benquerid@s, amigas e amigos, xa estou de novo con vós! Aquí me tedes vestida de PESCADORA e así aparecín no cole no mes de setembro. Preparada para enfrentarme a duras xornadas de traballo! 


Nesta ocasión quero ensinarvos unha pequena mostra dos traballos que os nenos e nenas do Colexio de Cervo foron facendo ao longo deste curso. 

Todos eles están enmarcados dentro da temática de XEOGRAFÍAS LECTORAS, común a todas a bibliotecas de Galícia e máis concretamente dentro do noso Proxecto Documental “COÑECEMOS A MARIÑA LUCENSE E OS TRABALLOS DA NOSA XENTE”

Antes de pasar a compartilos con toda a Comunidade Educativa e con todos os centros da Microrrede da Mariña quero dar as GRAZAS a todos e cada un dos participantes no proxecto, sodes fantásticos e atópome moi orgullosa de vós! Sei que traballastes a reo e que aprendistes moitas cousas novas sobre a NOSA COMARCA.  

PREMER AQUÍ PARA SEGUIR VENDO OS TRABALLOS


3/6/21

IES MONTE CASTELO (Burela)

O IES Monte Castelo de Burela presenta a esta exposición o vídeo realizado para o 25 de novembro  (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller), realizado polo alumnado de 2º de Bacharelato e que leva por título "AUSENCIAS".



CEIP Plurilingüe de COVAS (Viveiro)

 
O CEIP Plurilingüe de Covas traballou durante todo o curso no PDI "Coidamos de nós e do noso planeta. Hábitos de vida saudable e sostible" co obxectivo de fomentar no alumnado e en toda a comunidade educativa un estilo de vida saudable e o coidado do medio ambiente. 
Para a Microrrede quixemos que fora Lolo, a mascota da biblioteca, o encargado de pedir a colaboración das familias do centro para elaborar un LIBRO DE RECEITAS DE LOLO en formato físico, que quedará na biblioteca do centro. Ademais as familias enviaron vídeos curtos elaborando as receitas coa axuda dos nenos e nenas.
 

2/6/21

IES ILLA DE SARÓN (XOVE)

 IES Illa de Sarón (Xove)

Chegamos ao mes de xuño tras un ano moi difícil no que todos e todas traballamos moito e aprendimos máis que nunca! 

Comezamos en setembro achegándonos á nova normalidade: reorganizamos espazos, extremamos as medidas de hixiene e distanciamento sempre coas máscaras postas.. iso sí, debaixo delas, o mellor dos nosos sorrisos xa que todos e todas estabamos ilusionados por reencontrarnos cos compañeiros e compañeiras despois de tantos meses... 

Foron pasando as semanas e conseguimos certa estabilidade coa axuda de todos e todas, o que nos permitiu continuar coas actividades da Biblioteca, que podedes ver no seguinte vídeo: 


 

CEIP de CELEIRO (Viveiro)

 CEIP de CELEIRO (Viveiro)

 O CEIP de Celeiro aporta a esta exposición das Bibliotecas Escolares da Mariña o seu proxecto para as Letras Galegas 2021

PREMER NA IMAXE



1/6/21

Escola Oficial de Idiomas de RIBADEO

 E.O.I. de Ribadeo

 O Soto do Óptico reabríu as súas portas no mes de Setembro coas novas medidas de seguridade, hixiene, cheo de xel hidroalcohólico e cos seus usuarios medio agochados detrás das máscaras... pero tamén cheo de lecturas marabillosas, películas estupendas e series entretenidas que nos axudaron a enchernos de esperanza e nos amosaron unha vez máis que a literatura é un dos tesouros máis fermosos que nos da a vida. Feliz remate de curso 20-21!! Vémonos o curso que ven no Soto do Óptico! Non faltes! Pasamos lista!!!

CEIP LOIS TOBÍO (Viveiro)

CEP LOIS TOBÍO de Viveiro 

É unha presentación que recompila diversos traballos que fixeron no colexio dentro do proxecto:  

Tobío Peregrino

Ademáis a presentación inclúe o estreno "Cantar de Cego do Camiño do Mar" que gravaron  co mestre de música, Iván Vale.