Mostrando entradas con la etiqueta Encontros BE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Encontros BE. Mostrar todas las entradas

9/11/24

Xornada de bibliotecas escolares 2024



 Hoxe, na Xornada de bibliotecas escolares de Galicia presentamos o noso traballo da Microrrede e compartimos mesa de experiencias con Cristina Campos Pérez ( CEIP A Lama- Pontevedra)

Grazas á Asesoría de bibliotecas por convidarnos e difundir o noso traballo nestas Xornadas. 


#XBEGA24

31/3/23

Encontros dos centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2022-2023

Esta semana celebráronse, no palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros dos centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondientes ao curso 2022-2023, coa intervención de personas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura galega, a intelixencia artificial, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional. 

Ademais, presentaranse un total de 21 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, bibliotecas LIA.3  e outros... ).

Un espazo de encontro no que escribir as bibliotecas escolares de Galicia.

Dentro destas intervencións atopamos as figuras de dúas das nosas compañeiras da Microrrede de A Mariña: 

Eva, do IES Alfoz-Valadouro participou, na xornada de inauguración nun Coloquio de boas prácticas.

Eva, sentada no medio do Coloquio

Por outra banda, Karina, do IES Perdouro, de Burela, relatora dunha das charlas da xornada sobre o traballo por proxectos. 



Robots do traballo por proxectos presentado por Karina


Karina, sentada á dereita na intervención


Foi unha xornada onde puidemos xuntarnos toda a microrrede, ata no almorzo.

Parte da Microrrede no almorzo da xornada.

Programa completo dos Encontros.

13/11/22

Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia do 2022


Marta Pérez, á esquerda realizando a súa ponencia.

O sábado 12 de Novembro celebrouse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2022. Déronse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso "Escribir a biblioteca escolar". Unha xuntanza que falou do poder da escritura e do relato en moi diversos formatos... e do papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado, do fomento da lectura e da participación das familias... 

 Foi, novamente, unha ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso.


Algunhas das integrantes da microrrede acudiron a este acto, renovando ideas e traendo consigo novas ilusións. De feito destacable, nomear a ponencia da integrante da microrrede: Marta Pérez, que presentou o programa de Radio na Biblio dentro de "Novas experiencias de lenguaxes na biblioteca". 

Unha ponencia, marcada por unha experiencia salientable no tratamento do ámbito da radio, neste caso, na biblioteca escolar. 

Qué sorte contar cunha equipa así de potente na micrrorrede! Parabéns pola ponencia e aires renovados para este novo curso escolar! 





26/3/22

Encontros PLAMBE 2021-2022

Encontros PLAMBE 2021-2022

O xoves 24 e venres 25 de marzo tiveron lugar, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) correspondentes ao curso 2021/2022, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, o patrimonio inmaterial. Ademais, presentaranse un total de 18 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, biblioteca inclusiva, voluntariado e outros... ). 
 
As xornadas son un punto de encontro para compartir, aprender, expoñer... moi diversas actividades das Bibliotecas Galegas. 

Aproveitamos este encontro para reunirnos as compoñentes e o compoñente da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA para ultimar os preparativos da convocatoria deste curso. 
Tamén tivemos a oportunidade de contactar coa nosa asesora de zona Chelo Gundín Rey, a quen lle agradecemos toda a colaboración que nos presta ao longo de todo o curso.


 

 

15/4/21

Encontros PLAMBE 2020-2021

 Encontros PLAMBE 2020-2021

Os vindeiros 15 e 16 de abril celébranse, con formato telemático, os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2020/2021, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, a Axenda 2030. Ademais, presentaranse un total de 11 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, Hora de ler, clubs de lectura, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar e outros). Neste ano de "Xeografías lectoras", viaxaremos polas posibilidades que ofrece a  biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das actividades que programa e os recursos que pon a disposición da comunidade educativa. Unha ocasión para encontrarnos coa lectura en toda a súa potencialidade.

20/11/20

Encontro Bibliotecas Escolares de Galicia 2020 na rede

Os días 19, 20 e 21 de novembro van ter lugar os

ENCONTRO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA 2020 na rede

 

  

“A Biblioteca Escolar diante dos retos do 2020"
Inés Dussel · Profesora investigadora do Departamento de Investigacións educativas do CINVESTAV-IPN. México


“Que sabemos sobre a lectura en 2020? Como a pensamos desde a BE?”

Gemma Lluch · Profesora e investigadora na Universitat de València. (Facultat de Filologia, Traducció i Comunicació)

 


 
“As Bibliotecas Escolares de Galicia 2005-2020. Principais achegas e retos para os anos 20 do século XXI”

  • Inés Miret · Consultora especializada en proxectos dixitais de lectura, libro e bibliotecas.
  • Mónica Baró · Doutora en Documentación. Profesora na Facultat d'Informació i Mitjans Audiovisuals. Universitat de Barcelona. Investigadora no ámbito da LIX e das bibliotecas escolares.

  

“Se non podo bailar, esta non é a miña biblioteca”

  • Javier P. Iglesias · Bibliotecario. Facultad de Bellas Artes. Universidad Complutense de Madrid

3/12/17

A fume de carozo

O venres 1 e sábado 2 de decembro celebráronse as VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
O noso proxecto colaborativo foi seleccionado para participar no apartado de A FUME DE CAROZO
As encargadas de levar a cabo a ponencia foron Karina Parga e María Rolle que fixeron unha boa presentación ante un numeroso grupo de coordinadores e coordinadoras das diferentes bibliotecas escolares de Galicia.