19/11/24

Ratígoras no IES Vilar Ponte

 ESCENA 5

Personaxes:

·Josefina
·Platanito
·Ratígoras

(O bibliobús segue o seu percorrido polas bibliotecas e vaise facendo de noite. De súpeto, Ratígoras atópase dous personaxes no medio da escuridade farfallando algo inintelixible).

RATÍGORAS: Quen anda aí? Estou armado! Teño toda a colección de enciclopedias universais!

JOSEFINA: Por fiiiin! Axuda, axuda por favor!

PLATANITO: Siii, axuda! 

RATÍGORAS: MAAAAN, LUUUUUZ POR FAVOOOOR! 

(Unha man dun alumno achega unha vela)

RATÍGORAS: Ben, con isto chegará. Que susto me destes! Que pasou aquí?

PLATANITO: Es o famoso Ratígoras? Que ben, que boa sorte! Eu son Platanito e esta é Josefina. Vivimos aquí, na biblioteca do IES Vilar Ponte, estabamos cos rapaces hoxe lendo un libro no recreo e….

JOSEFINA: E ENGANCHOUNOS!

PLATANITO: Si, enganchounos, estamos enganchados!

RATÍGORAS: Non podedes soltalo?

JOSEFINA: Non, é imposible, fíxosenos de noite lendo.

RATÍGORAS: A ver, deixádeme intentar axudarvos…

(Ratígoras tenta soltalos á forza, pero non hai maneira).

RATÍGORAS: Non hai maneira, amigos. Creo que a única forma de solucionar isto é que o rematedes.

JOSEFINA: O que? O libro? É que non vemos nada!

RATÍGORAS: Un momento! MAAAAAANS, LUUUUUUZ!! 

(Aparecen máis mans de alumnado con máis velas).

(Josefina le as dúas frases finais do libro e tanto ela como Platanito son libres).

JOSEFINA E PLATANITO: Beeeen! Moitísimas grazas, Ratígoras! 

RATÍGORAS: De nada, amigos. Marcho, que teño que marchar: aínda quedan moitas bibliotecas que visitar.

JOSEFINA E PLATANITO: Boa viaxeeee!

Fin da escena

12/11/24

Ratígoras no IES María Sarmiento

 Título: A CAVERNA

Personaxes:

  • Ratígoras

  • Patágoras

  • Sópates

  • Patón

Escena 4: 

(RATIGORAS está na biblioteca lendo un libro. ao seu redor hai moitos de gran formato e estanterías repletas de exemplares. Ratígoras está encerrado nunha urna acristalada, Aparecen en escena PATÓN, PATÁGORAS E SÓPATES, tres filósofos movidos pola fama de sabio de RATÍGORAS.)

PATÓN: Oh, gran Ratígoras! Vimos coñecerte  porque din que es o máis sabio do María Sarmiento!

PATÁGORAS:  Oh, gran Rato!  Es o máis sabio de  todo Viveiro!

SÓPATES; Oh gran Roedor! Aínda moito máis! Es o máis sabio de toda A Mariña!

(RATÍGORAS  deixa o libro e mira cara a eles)

RATÍGORAS: Non sei de onde sacastes iso. Pois eu só sei que non sei nada…

PATÓN: Como que non sabes nada? Algo saberás, pois a túa fama precédete.

RATÍGORAS: (Indicando para as estanterías) Ves estes libros? Pois hai moitos dos que non sei nada. Hoxe comín un pouquiño deste. (Enfoca un libro grande azul). Sabía algo salgado pois fala dos mares e océanos e de postre collín unha novela de piratas… sabía a bombón de trufa. Queredes probar? Porque non hai sabiduría se non se saborea o coñecemento.

PATÁGORAS: Eu  xa coñezo o mar, está aquí ó lado.

RATÍGORAS: Pero eu podo ver e imaxinar todos os mares do mundo sen saír de aquí.

PATÓN: Tamén tes que saír da biblioteca e coñecer a verdadeira realidade. Ven con nós no bibliobús e coñecerás todas as bibliotecas da Mariña.

SÓPATES:  Nós si que che ensinaremos os tesouros das outras bibliotecas.

(Convenceron a Ratigoras e marcha con eles no bibliobús a buscar eses tesouros das bibliotecas)


9/11/24

Xornada de bibliotecas escolares 2024



 Hoxe, na Xornada de bibliotecas escolares de Galicia presentamos o noso traballo da Microrrede e compartimos mesa de experiencias con Cristina Campos Pérez ( CEIP A Lama- Pontevedra)

Grazas á Asesoría de bibliotecas por convidarnos e difundir o noso traballo nestas Xornadas. 


#XBEGA24

8/11/24

Ratígoras no CEIP Plurilingüe de Covas

 ESCENA 3

Narrador: Ratígoras esperta despois do trompazo dentro da urna. O bibliobús seguiu o seu camiño pero  Leo Leo xa non está!!! No seu lugar hai hai un paxaro azul moi raro.

Ratígoras: Vaia golpe levei!!! ohhh! (mira a Lolo sorprendido e apampado polo golpe). Onde estou? Pero ti quen es?

Lolo: Son Lolo, a mascota da Bibliocovas, benvido á miña casa! Como me gusta ter visitas!

Ratígoras: Eu son Ratígoras. E viaxo no Bibliobús por todas a biblios molonas,

Lolo: Pero entón que fas metido nunha urna? Sae de aí, que che ensino a miña casa. A ver como te poido sacar de aí. (Lolo ponse pensativo)

Ratígoras: Xa sei! Coa miña corda máxica! Agarda que a teño na mochila (Saca a corda da mochila e lánzalla a Lolo) Agárraa, Lolo!

Narrador: Lolo tira con forza e saca a Ratígoras da urna.

Lolo e Ratígoras: Ah! (berrando)

Lolo: Por fin! Mira, ven, que che ensino a miña casa.

Narrador: O rato e o paxaro pasean amigablemente pola Bibliocovas charlando. Despois da visita, regresan ao bibliobús.

Lolo: Foi marabillosa a túa visita. É unha mágoa que non te poidas quedar máis tempo (di  con pena). En serio que te vas a meter de novo nesa urna? (di estrañado)

Ratígoras: Encántame a miña urna: é o meu fogar. Que gañas tiña de volver a estar aquí (di encantado meténdose dentro)! Moitas grazas, Lolo!! Repetirei a visita noutra ocasión!! (dío canso, pero feliz)

Lolo: Aquí te agardo coas ás abertas!!! 

Narrador: Ratígoras cae rendido na súa urna, o bibliobús arrinca e a viaxe segue o seu camiño.

Fin da escena