Que espectáculo máis fermoso vivimos hoxe!
O alumnado do CEIP Vista Alegre sorprendeunos cunha dramatización marabillosa: unha reinterpretación chea de humor e creatividade dos contos tradicionais!
E como broche de ouro, o profesorado da EEI San Roque conquistou o público co teatro de sombras “O nacemento do dragón”. Arte, talento e ilusión en estado puro!
Accede ao álbum de fotos AQUÍ.

