No acto de clausura gozamos da fantástica actuación do coro do CEP Lois Tobío, que nos agasallou coa súa interpretación de "Todo sobre a linguaxe musical".
Un peche perfecto para unha mostra chea de arte, memoria e emoción.
A agrupación teatral Mecanismo puxo o punto final perfecto cunha obra superdivertida e en primicia, feita con moito agarimo como homenaxe a dúas compañeiras moi queridas que xa non están connosco: Patricia e Mª Amparo.
Risas, emocións e lembranza para pechar esta experiencia única.
Grazas a todas e todos por facelo posible!
Accede ao álbum de fotos AQUÍ.

