7/5/24

Inauguración da exposición "13, rue da Microrrede - A Mariña homenaxea a Ibañez"

Hoxe, martes 7 da maio, chegou a gran día. Inauguramos a nosa exposición anual da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña. "13, rue da Microrrede - A Mariña homenaxea a Ibañez"

As obras que aí se presentan brinda unha pequena homenaxe a Ibañez, humorista gráfico creador de Mortadelo e Filemón ademais dunha banda deseñada colaborativa feita entre 23 centros escolares.

Acompanáronnos no acto de inauguración Dª Lara Fernández Fernández, Concelleira de Cultura do Concello de Viveiro,  Dª Pilar Teijeiro Díaz, coordinadora dos Equipos de Dinamización, María Bustelo Miguéns do Servicio territorial de Inspección educativa de Lugo e dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares, Dª Beatriz González Blanco, asesora da Zona Norte así como representantes dos equipos directivos dos centros educativos participantes e as coordinadoras/es dos proxectos. 

A nosa compañeira Ana Díaz Portela, coordinadora da biblioteca da EOI Luz Pozo Garza de Viveiro tomou a palabra en nome da Microrrede  :

"Este curso a proposta dende a Asesoría foi “A BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS” e o proxecto que presentamos aquí as 20 bibliotecas escolares da Microrrede leva por título “13 Rúa da Microrrede: A Mariña homenaxea a Ibáñez”.  Non foi difícil a elección da microrrede, que sempre se guía polas pautas marcadas pola Asesoría. Levamos anos disfrutando de novos lectores grazas á literatura da imaxe: vemos como ano tras ano crecen os clubes de lectura grazas ao manga, ao anime, ás viñetas. Sen dúbida, era un tema, ao que lle podíamos sacar partido dentro das nosas propostas de centro, pero, como podíamos facelo atractivo para as familias?, como podía ser algo, no que todos disfrutaran do proceso de creación. 

Non había dúbidas, escoller a Ibáñez, como homenaxeado débese a que a súa obra trascende xeracións, cautivando tanto a nenos como a adultos. As súas viñetas son unha ponte entre mundos, onde a inocencia da infancia se encontra coa astucia e o humor da vida adulta. Ibáñez logra crear universos que encantan aos máis novos cos seus enganosos personaxes e situacións cómicas, mentres que as familias atopan nas súas historietas un reflexo das súas propias experiencias e unha escapatoria á realidade. O seu legado perdura como un testemuño do poder unificador do humor, capaz de entreter e conectar a persoas de todas as idades e antecedentes."

O coro do CEP Lois Tobío actuou representando a obra "Tiempo" do compositor vasco Josu Elbertín. Rebeca Palmeiro, narradora, e Iván Vale, director do coro, fixeron un excelente traballo cos nenos/as. Un espectáculo fermosísimo!!!

Para rematar esta décimo terceira edición, os coordinadores das bibliotecas escolares recibiron un obradoiro de creación de banda deseñada da man da artista Uxía Larrosa.

Accede ao álbum de fotos AQUÍ.