ACTIVIDADES DO XOVES 15 DE MAIO
CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
Dentro do programa de actuacións da actividade conxunta das bibliotecas
escolares da zona da Mariña "DAQUELES CONTOS... A NOVOS FINAIS"
tocoulles o turno aos nenos e nenas de 6º de primaria do noso colexio.
Foi impresionante o monólogo de Claudia recitando o texto de Paula
Carballeira "Só un libro". Despois cantaron e bailaron con moita gracia
ao son dos libros-instrumento "Porque ler un libro", para rematar
visionando a estupenda curta de animación realizada polos alumnos e
alumnos de 2º de primaria "O señor Ramón e a señora Ramona".
Ese mesmo día actuaron un grupo moi animado de nenos e nenas do CEIP
Pedro Caselles Rollán de Xove, presentando unha fantástica curta de
animación "Que é o amor?".
Todo o público asistente a este acto disfrutou coas actuacións destos pequenos artistas.
Todo o público asistente a este acto disfrutou coas actuacións destos pequenos artistas.