29/5/19
Cartel e díptico da 8ª edición
3/5/19
Reunión de traballo
Na tarde o xoves, 2 de maio, na EEI San Roque, reuníronse as coordinadoras das bibliotecass escolares dos centros que conforman a MICRORREDE A MARIÑA xunto coa Asesora das Bibliotecas Escolares de Galicia, Chelo Guntín.
Seguindo a Orde do Día tratáronse e ultimáronse os seguintes temas:
- Elección do Cartel anunciador da convocatoria deste curso "A Poesía que sentimos".
Este ano convocouse un concurso a través do alumnado de Artes do IES Monte Castelo e no que participaron uns 10 alumnos e alumnas. Os traballos presentados son de moi boa calidade artística e foi moi difícil a elección do gañador. NORABOA!!! a todos os participantes e ao IES polo seu traballo. Os carteis formarán parte da Exposición conxunta.
- Reparto dos espacios na Sala Multiusos e na Sala da Biblioteca Municipal.
- Días de montaxe: o venres 31 de maio e o luns 3 de xuño na Sala Multiusos e na Sala da Biblioteca só o luns 3 de xuño.
- Os horarios de da apertura e peche serán de 18:00 a 20:00 horas.
- Preparación do díptico coas actividades dinamizadoras que acompañarán á Exposición:
- Martes, 4 de xuño, INUAGURACIÓN DA EXPOSICIÓN, baixo a dirección da Mestra de Ceremonias Karina Parga. Antón Cortizas
- Mércores, 5 de xuño
- Representación teatral no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, con entrada gratuita.
A Asociación da Mariña do Enfermo Mental pon en escea "ERES ÚNICO"
- Xoves, 6 de maio, CLAUSURA DA ESPOSICIÓN
- Intervención das coordinadoras do CEP Lois Tobío e do IES Vilar Ponte.
- Presentación do libro "Esta non é outra historia de piratas" de María Rolle
- Ademais, durante os días da Exposición, contamos coa colaboración do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro que nos presta a megafonía das rúas para poder escoitar, nun horario determinado, aos nenos e nenas dos diferentes colexios recitando e cantando diferentes poemas.
- Tamén os comercios agasallarán aos seus clientes con poemas escritos e decorados polas nenas e nenos.
1/5/19
A Microrrede nos blogs dos colexios
Os diferentes colexios que conforman a MICRORREDE xa están poñendo en marcha os traballos para a exposición conxunta deste curso:
A POESÍA QUE SENTIMOS
24/3/19
ENCONTROS PLAMBE 2018-2019
Encontros PLAMBE 2018/2019
Os días 21 e 22 de marzo celebráronse en Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondente ao curso 2018/2019, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas biblioteca, a literatura, a comunicación, o patrimonio, a mediación lectora, as competencias informacionais e mediáticas, a tecnoloxía educativa e a produción audiovisual. Ademais, presentáronse un total de 26 experiencias de centro de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, "hora de ler", voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, proxecto lector, Radio na biblio, clubs de lectura, traballo por proxectos e outros). Neste ano de "poéticas diversas", a poesía estivo presente da man de Mar Benegas, Montse Pena e Carlos Negro.
A xornalista Rosa María Calaf pechou os Encontros cunha conferencia maxistral "Aprendendo a pensar diante da mentira e o ruído" que recibiu unha forte ovación por parte do público asistente.
As xornadas son un punto de encontro para compartir, aprender, expoñer... moi diversas actividades das Bibliotecas Galegas.
Aproveitamos este encontro para reunirnos as compoñentes e o compoñente da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA para ultimar os preparativos da convocatoria deste curso:
Tamén contactamos coas asesoras e autoridades educativas a quenes lles fixemos entrega das invitacións para a inauguración que será o martes, 4 de xuño.

Tamén contactamos coas asesoras e autoridades educativas a quenes lles fixemos entrega das invitacións para a inauguración que será o martes, 4 de xuño.8/2/19
2ª Reunión de Traballo do curso 18-19
Na
tarde do mércores, 6 de febreiro, ás 18:30 horas, no CEIP de Cervo, reunímonos as coordinadoras e coordinador das Bibliotecas dos
14 centros que formamos a Microrrede A MARIÑA.
Nesta reunión volvemos a contar con Chelo Guntín Rey,
da Asesoría de Bibliotecas (enlace norte) e foi moi ben recibida pois
para nós supón un recoñecemento do traballo que levamos realizando ao
fronte das diferentes Bibliotecas Escolares nos xa oito anos de vixencia
da Microrrede.
Seguindo a "Orde do Día" perfilamos, máis polo miudo, os diferentes aspectos que conleva poñer en marcha un novo proxecto:
- Como primeiro punto demos a benvida a Iván, coordinador da Biblioteca do CEIP Fondo-Nois, que se incorporan a esta Microrrede. Tamén teñen previsto a súa participación a Escola de Idiomas de Ribadeo eo IES Monte Castelo de Burela.
- O título do mesmo será: A POESÍA QUE SENTIMOS.
- Datas: do luns 3 (montaxe) ao xoves 6 de xuño, nas salas de exposicións do Concello de Viveiro (Praza Maior). Nesta ocasión tivemos que cambiar para o mes de xuño dado que con motivo das eleccións municipais, as salas están reservadas para os diferentes eventos dos partidos que concorren ás mesmas.
- Posta en común dos traballos a realizar polas familias. Nesta ocasión cada centro elixirá o aspecto a traballar sendo a poesía e os sentidos os protagonistas. Tamén o formato de presentación dos traballos serán moi variados e orixinais.
- Actividades dinamizadoras para os días da inauguración, exposición e clausura: Neste apartado atopamos dificultades dado que a ley que rixe a organización de espectáculos esixe Seguros e Declaración de Responsabilidade. Acordamos pedir información á Asesoría Xurídica de Educación en Lugo.
- Presentáronse diferentes actividades dinamizadoras pero quedan á espera de confirmación porque dependen doutros organismos.
- Reparto de tarefas: prensa, cartelería, protocolo...
A partir de agora cada centro levará a cabo o seu proxecto e expoñerao durante o mes de abril en cada centro respectivamente.
Serán
moitas as comunicacións, a través das novas tecnoloxías, para resolver
todas as problemáticas que se vaian suscitando, pero serán as que irán
motivando ás coordinadoras e coordinador da Microrrede para presentar a 8ª Exposición da Microrrede PLAMBE A MARIÑA.
21/9/18
Comezamos a VIII convocatoria
Comezado o novo curso, as coordinadoras das Bibliotecas Escolares que conforman a MICRORREDE A MARIÑA reunímonos na tarde do xoves, 20 de setembro, na EEI San Roque de Viveiro para poñer en marcha a VIII convocatoria deste Proxecto Colaborativo das Bibliotecas da Mariña.
Como 1º punto fixemos avaliación da VII convocatoria: "A Mariña, pensando en feminino", para tela en conta á hora de programar e realizar as actividades deste curso.
O TEMA
DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES para este
curso vai de POESÍA, pero en sentido moi amplo, é dicir, non só de poesía
literaria, senón de atopar a poesía en distintos lugares, situacións, produtos
culturais…, na VIDA mesma.
O
lema é:- Nesta ocasión o título será:
"A POESÍA QUE SENTIMOS"
Trataremos a poesía dende os sentidos: a vista (fotos, vídeos, cine...); o oído (os sons, a música...); o olfato (o cheiro do mar, da terra, o aire, as montañas...); o gusto (a cociña...); o tacto (as expresións artísticas do baile, danza, texturas, materiais...).
Estas son algunhas das propostas que se puxeron enriba da mesa para ir comezando e logo cada centro concretará os traballos a realizar polas familias.
MÁIS INFORMACIÓN NA SEGUINTE PRESENTACIÓN:
Estas son algunhas das propostas que se puxeron enriba da mesa para ir comezando e logo cada centro concretará os traballos a realizar polas familias.
- As datas da exposición conxunta serán do luns 6 ao xoves 9 de maio de 2019.
- Durante a mesma realizaremos actividades dinamizadoras onde as nenas e nenos seguirán tendo protagonismo e presentaremos moitas novidades.
MÁIS INFORMACIÓN NA SEGUINTE PRESENTACIÓN:
21/6/18
O noso proxecto na revista EDUGA
Os centros que formamos a MICRORREDE A MARIÑA recibimos o seguinte correo:
Está dispoñible no portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o novo número de Eduga. Revista Galega do Ensino (www.edu.xunta.es/eduga).
Este
volume 75 (xaneiro-xuño 2018) recolle, nas súas diferentes seccións,
experiencias innovadoras, boas prácticas e artigos de investigación,
xunto ás colaboracións que incorporan os espazos xa clásicos como
“Foro”, “A nosa escola” ou “Que é?” e os centrados en ámbitos máis
específicos como “Formación”, “Innovación” ou “Bibliotecas”.
Complementan o contido deste número a “Entrevista”, a “Axenda” e a
“Mediateca”.
Eduga. Revista Galega do Ensino quere
agradecerlles aos seus lectores e colaboradores a súa fidelidade e
estender a todos os nosos mellores desexos para este período vacacional
de verán.
Un saúdo moi cordial
Juan A. Granados
Director de EDUGA. RGE
O noso proxecto tamén tamén está presente nun artigo que podemos ler no
14/5/18
O PROXECTO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
(La Voz de Galicia)
(La Voz de Galicia)
A prensa recolle as actividades dinamizadoras entorno á exposición conxunta "A Mariña pensando en feminino"
A prensa recolle as actividades dinamizadoras entorno á exposición conxunta "A Mariña pensando en feminino"
El Progreso (04/05/2018)
El Progreso (05/05/2018)
La Voz de Galicia (07/05/2018)
El Progreso (08/05/2018)
La Voz de Galicia (08/05/2018)
La Voz de Galicia (11/05/2018)
La Voz de Galicia (11/05/2018)
11/5/18
Xornada de Clausura da Exposición "A Mariña pensando en feminino"

As mestras de ceremonia Karina Parga e Eva Lastra, do IES Perdouro e do CEIP de Alfoz respectivamente, fixeron a lectura da clausura e presentaron as diferentes actividades dinamizadoras. Fixeron agradecementos ás familias participantes felicitándoas polos fantásticos traballos presentados en todos os centros.
Asemade tamén agradeceron a asistencia das diferentes autoridades: a inspectora Branca Nazaré Guerreiro e o inspector Faustino Martín, a asesora das Bibliotecas Escolares da zona norte Chelo Guntín.
Como actividades dinamizadoras contamos con:
- Actuación do coro formado por alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º curso de Primaria, de Alfoz, Celeiro, Galdo, Lois Tobío de Viveiro e o EEI de Viveiro. Cantaron a canción do Maio de Viveiro e A saia da Carolina. Fixéronno moi ben!
- Actuación das Moreninhas, Érica Gomes Mendes, Raquel Lopes Ramos e Eliane Tavares Mendes, tres rapazas cabo verdianas afincadas en Burela.
- Encontro coa escritora Rita Morrigan.
- Visita da escritora Olalla Cociña.
VÍDEO RESUMO DA XORNADA
9/5/18
Actividade Dinamizadora: TEATRO
ADALA TEATRO, unha compañía de teatro infantil de Fazouro foi a encargada de dinamizar a terceira xornada da Exposición "A Mariña pensando en feminino".
A compañía formada por 10 rapazas e rapaces representaron no Teatro Pastor Díaz de Viveiro a obra: Mamasiña, que medo! de Chus Pereiro.
Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ó alcalde, ó garda de tráfico, ó cura... O que non saben as tristes xentes de Xalundes é que o descomunal e aterrecente xigante Xuvenco precisa axuda de contado porque, o pobriño, está doente.
Axudará a bruxa Celidonia o xigante papón?
Papará o xigante á bruxa, e á súa comadre Chincha e á súa afillada Chincheta?
Papará ós lectores desta obriña de teatro?
Mamasiña, que medo! é unha obra de medo... para morrer de risa.
8/5/18
Día da Inauguración da exposición conxunta
E chegou o gran día!, todo estaba preparado e a praza chea de familias dos diferentes centros que conformamos a MICRORREDE.
Este ano a mestra de ceremonias foi Rebeca Rivas do CEIP Santa Rita de Galdo; ela foi presentando as diferentes actividades e en nome de todos os centros agradeceu ás familias a participación no proxecto. Asemade tamén se deron as gracias ás autoridades alí presentes:- Xefa Territorial de Educación: Mariña Gueimunde.
- Asesora das Bibliotecas Escolares, zona norte: Chelo Guntín.
- Representante do Equipo de Dinamizacións Lingüística: Pilar Teijeiro.
- Alcaldesa de Viveiro: María Loureiro.
Discurso inaugural; actuación do coro formado por uns 160 nenas e nenos dos centro de Alfoz, Cervo, Celeiro, Galdo, Covas e María Sarmiento de Viveiro; lectura dun manifesto a cargo da súa autora Andrea Rivas; rematando coa actuación de Guadi Galego e a performance de LAG na canción de Matriarcas.
NOTICIAS NA PRENSA:
5/5/18
Montaxe da Exposición
Na tarde do venres, 4 de maio, os equipos dos diferentes centros que formamos a MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, realizamos a montaxe da exposición deste curso:
Este ano volvimos a contar coa colaboración do Concello de Viveiro pois nos cederon a Sala Multiusos e a Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal.
Na tarde do luns, 7 de maio, daremos comezo coas diferentes actividades que programamos en torno a esta exposición e que rematarán o xoves, 10 de maio.
A exposición estará aberta en horario de 18:00 a 20:00 horas para o público en xeral; tamén haberá horarios especiais para aqueles colexios e colectivos que o soliciten.
1/5/18
23/4/18
Exposición nos centros escolares
16/4/18
Cartel da 7ª edición
Dúas curiosas mentes inquietas graduadas en Belas Artes e cun Máster en Arte Contemporánea.
Xornada de traballo das coordinadoras en Santiago
As coordinadoras das Bibliotecas que formamos a MICRORREDE A MARIÑA: asistimos
un ano máis a estes encontros moi enriquecedores, xa que nos permiten
compartir experiencias, ideas... para levar a cabo a nosa práctica
diaria nas bibliotecas dos nosos centros.

Tamén aproveitamos para concretar aspectos da exposición deste ano: "A Mariña pensando en feminino" e para facer entrega de invitacións.
23/3/18
A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO
A partir do día de hoxe os centros integrantes da Microrrede PLAMBE A Mariña están entregando a carta e os materias necesarios para levar a cabo o proxecto deste ano.
A carta levará esta introdución común a todos os centros:
Queridas familias:
Un ano máis queremos propoñer ás comunidades educativas dos centros que formamos a “Microrrede das Bibliotecas PLAMBE da Mariña” unha nova actividade, con motivo das celebracións nos meses de abril e maio, Día do Libro e Día das Letras Galegas, que nos recordan a necesidade do fomento e dinamización da cultura, entendida como un ben común que propicia unha sociedade máis humana, igualitaria, crítica e libre.
O lema deste curso é A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO.
-Os
traballos entregaranse ao titor ou titora, rematando o prazo de entrega o venres, 6 de abril.
-Os
traballos expoñerémolos nos colexios e logo formarán parte da exposición conxunta que se
fará en Viveiro (do 7 ao 10 de maio),
EEI SAN ROQUE (Viveiro)
CEP LOIS TOBÍO (Viveiro)
CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS (Celeiro-Viveiro)
CEIP Plurilingüe de COVAS (Covas-Viveiro)
CEIP Plurilingüe SANTA RITA (Galdo-Viveiro)
CEIP de CERVO (Cervo)
CEIP O VICEDO (Vicedo)
CEIP Plurilingüe VISTA ALEGRE (Burela)
CEIP CASTRO DE OURO (Alfoz)
CEIP O VICEDO (Vicedo)
CEIP Plurilingüe VISTA ALEGRE (Burela)
CEIP CASTRO DE OURO (Alfoz)
IES MARÍA SARMIENTO (Viveiro)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





























