28/4/21
As Bibliotecas da Microrrede polo Día do Libro
15/4/21
Encontros PLAMBE 2020-2021
22/12/20
Recomendacións lectoras para este Nadal
16/12/20
Colaboracións entre colexios
Encontro Literario con MARÍA ROLLE
Na mañá do martes 15 de decembro, o alumnado de 4º de Primaria do CEIP de Celeiro, tivo un Encontro Literario con MARÍA ROLLE, autora do libro "Esta non é outra historia de piratas" e coordinadora da Biblioteca do CEIP Plurilingüe de Covas.
- Visualizaron un vídeo de presentación.
- Fixéronlle moitas preguntas sobre o libro.
- As nenas e nenos entregaron a María un libro feito cos debuxos de cada capítulo do libro.
- Fixeron un xogo especial sobre o coñecemento do libro: "PASAPIRATA".
- Rematamos este encontro cunha asinatura de libros.
20/11/20
Encontro Bibliotecas Escolares de Galicia 2020 na rede

Os días 19, 20 e 21 de novembro van ter lugar os
ENCONTRO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA 2020 na rede
“A Biblioteca Escolar diante dos retos do 2020"
Inés Dussel · Profesora investigadora do Departamento de Investigacións educativas do CINVESTAV-IPN. México
“Que sabemos sobre a lectura en 2020? Como a pensamos desde a BE?”
Gemma Lluch · Profesora e investigadora na Universitat de València. (Facultat de Filologia, Traducció i Comunicació)
“As Bibliotecas Escolares de Galicia 2005-2020. Principais achegas e retos para os anos 20 do século XXI”
- Inés Miret · Consultora especializada en proxectos dixitais de lectura, libro e bibliotecas.
- Mónica Baró · Doutora en Documentación. Profesora na Facultat d'Informació i Mitjans Audiovisuals. Universitat de Barcelona. Investigadora no ámbito da LIX e das bibliotecas escolares.
“Se non podo bailar, esta non é a miña biblioteca”
- Javier P. Iglesias · Bibliotecario. Facultad de Bellas Artes. Universidad Complutense de Madrid
9/11/20
1ª reunión do curso 20-21
Non queremos que esta pandemia nos achante e seguiremos coa ilusión de sempre traballando porque a MICRORREDE debe continuar (The show must go on!) en prol da lectura.
O título da proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares, XEOGRAFÍAS LECTORAS, vennos moi ben porque cada centro ubícase nun sitio distinto da Mariña, coas súas características ben diferenciadas e cada un cunha proposta distinta relacionada coa lectura.
Cada centro dentro do seu proxecto poderia compartir o produto ou a evolución dese proxecto cos demais (por exemplo nos centros de Galdo e Lois Tobío o proxecto está relacionado co Camiño do Mar, no de Covas sobre a alimentación saudable...)
Proponse por exemplo facer un collage coas lecturas deste curso empregando algunha aplicación tipo genial.ly, facer liñas do tempo, videos, presentacións, audios, cancións...(o formato empregado é libre en cada centro educativo).
Produtos finais:
Exposición virtual : unha presentación dos proxectos nos que traballamos durante o curso para compartir cos outros coles, para aprender uns doutros, que os nenos e nenas vexan as actividades doutros centros e visibilizar o traballo que facemos que é moito.
Medio empregado: videoconferencias entre centros. Hai que aclarar que non poderemos facer as exposicións en común con todos os outros centros porque sería inviable polo tempo pero si organizar grupos de dous ou tres centros.
Elaboraríamos unha tabla cos horarios para apuntarse os diferentes centros nos que nos apuntaríamos explicando brevemente o proxecto no que traballamos.
Propuxemos facer un proxecto musical tamén (unha canción entre tod@s), versionar algún tema ou facer un propio.
6/11/20
A MICRORREDE COMEZA O NOVO CURSO 20-21
Comezamos un novo curso marcado pola crise da COVID-19. Un novo reto para as Bibliotecas Escolares que formamos a MICRORREDE "A MARIÑA" e que esperamos volver a superar!
COMPARTINDO NA MICRORREDE: T-LEMOS
(BLOG DE LIBRÍNSANROQUE)
- EEI San Roque de Viveiro
- CEIP de Cervo
comezaron a compartir experiencias, cantigas, contos,...na actividade que leva por nome:
T-LEMOS
Ambos coles agasalláronse cunhas cantigas do outono.
Foi un encontro en streaming moi gratificante!
11/6/20
Recomendacións lectoras para o verán 2020
22/4/20
A Microrrede A Mariña, este curso, #QuedaNaCasa
CEIP Plurilingüe VISTA ALEGRE (Burela)
IES PERDOURO (Burela)
IES ILLA de SARÓN (Xove)
- Editar un vídeo onde:
- as diferentes bibliotecas saúdan a todas as comunidades educativas
- facemos un repaso das aito edicións anteriores
24/1/20
2ª reunión d@s compoñentes da MICRORREDE A MARIÑA
- O títula da mesma será:
- Os días: Do 11 ao 14 de maio
- Salas: Multiusos do Concello de Viveiro e Sala Exposicións da Biblioteca Municipal e outras actividades no Teatro Pastor Díaz.
- Como actividades dinamizadoras contaremos con autores recoñecidos, contacontos, Música a través do Conservatorio de Música, Teatro de Asociacións Locais, Música Galega e moi probablemente a Radio na Biblio estará tamén presente.
- Tamén se concretaron os diferentes temas e traballos a presentar por cada centro. A variedade dos mesmos está garantida e a súa presentación seguro que tamén vai gustar moito.
Nas xornadas que terán lugar en Santiago, os días 12 e 13 de marzo, teremos outra posta en común. Ilusión non nos falta!
27/10/19
Comezamos o proxecto para o curso 2019-2020
As coordinadoras das diferentes Bibliotecas que formamos esta MICRORREDE reunímonos o xoves, 24 de outubro na EEI San Roque de Viveiro para tratar os seguintes puntos da orde do día:- Avaliación do proxecto "A Poesía que sentimos. Tomamas nota dalgún aspecto a modificar e mellorar pero en xeral quedamos moi satisfeitas do bo resultado do proxecto.
- Datas para o noveno proxecto: Do 11 ao 14 de maio.
- Lugar das exposicións: Sala da Biblioteca y Multiusos do Concello. O Teatro Pastor Díaz para actos e actividades dinamizadoras.
- Tema: recollendo a proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia (Biblioteca Escolar, viveiro de cidadanía)
- Posta en común de diferentes actividades dinamizadoras
- Cada centro escollerá o formato para a presentación dos traballos que terá relación coa igualdade, inclusión, diversidade, valores, dereitos dos cidadáns...
- Como xa temos por costume na dinámica de traballo, fixemos unha asignación de tarefas tales como a petición de Salas e Teatro, falar con diferentes persoeiros para as actividades dinamizadoras, contactar novamente co Centro Comercial Casco Histórico, co Conservatorio de Música; co IES Monte Castelo para o deseño do cartel, co Concello de Xove para a súa impresión...
- Seguimos contando coa Asesoría de Bibliotecas Escolares a través da asesora Chelo Gundín quen nos acompañará en vindeiras reunións.
9/6/19
CLAUSURA DA EXPOSICIÓN "A poesía que sentimos"
- As regueifas co alumno Cristian Gómez
- Discurso de clausura con Pilar e Irma, coordinadoras do CEP Lois Tobío e IES Vilar Ponte.
- Actuación especial de David Catá e Juan Cabalar.
- Lectura dun manifesta a cargo de Alba Geada.
- Presentación especial do libro "Esta non é outra historia de piratas" de María Rolle e Mari Pernas.
7/6/19
6/6/19
Seguimos presentando máis noticias na prensa
A MICRORREDE NA PÁXINA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
Bibliotecas de 16 centros educativos da Mariña reflexionan arredor da poesía
Poéticas diversas
5/6/19
2ª Xornada da Exposición "A poesía que sentimos"
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN
No acto interviron a Asesora de Bibliotecas Escolares, María Consuelo Gundín Rey; a Coordinadora dos EDLG, Pilar Teijeiro Díaz; a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García e a Conselleira de Educación, Carmen Tomar Tojo.
Tamén nos acompañaron o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez; a xefa territorial de Educación en Lugo, María del Carmen Gueimunde González; os inspectores, Branca Nazaré Guerreiro Múnoz e Faustino Martín González,
Asemade tamén contamos cos protagonistas destas xornadas, os nenos e nenas de todas as idades así como as súas familias: Rosana Fraga Paz, nai do CEIP de Alfoz; en representación do alumnado, Diana Goás Rego e Andrés Fernández Sospedra do IES María Sarmiento e Ana López Trasancos, da Escola Infantil San Roque de Viveiro.
A parte literaria estivo a cargo de Antón Cortizas, mestre e figura de referencia da literatura galega. Este creador de historias e fantasías tomou a palabra para convertela en poesía.
Na parte musical contamos co grupo de gaitas Amigos do fol e co grupo de metais Petit band, Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
Queremos agradecer a todos os participantes no acto inaugural a súa inestimable asistencia e colaboración. MOITAS GRACIAS!!!
Así o reflexou a prensa
4/6/19
MONTAXE DA EXPOSICIÓN "A POESÍA QUE SENTIMOS"
29/5/19
Cartel e díptico da 8ª edición
3/5/19
Reunión de traballo
- Elección do Cartel anunciador da convocatoria deste curso "A Poesía que sentimos".
- Reparto dos espacios na Sala Multiusos e na Sala da Biblioteca Municipal.
- Días de montaxe: o venres 31 de maio e o luns 3 de xuño na Sala Multiusos e na Sala da Biblioteca só o luns 3 de xuño.
- Os horarios de da apertura e peche serán de 18:00 a 20:00 horas.
- Preparación do díptico coas actividades dinamizadoras que acompañarán á Exposición:
- Martes, 4 de xuño, INUAGURACIÓN DA EXPOSICIÓN, baixo a dirección da Mestra de Ceremonias Karina Parga. Antón Cortizas
- Mércores, 5 de xuño
- Representación teatral no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, con entrada gratuita.
- Xoves, 6 de maio, CLAUSURA DA ESPOSICIÓN
- Intervención das coordinadoras do CEP Lois Tobío e do IES Vilar Ponte.
- Presentación do libro "Esta non é outra historia de piratas" de María Rolle
- Ademais, durante os días da Exposición, contamos coa colaboración do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro que nos presta a megafonía das rúas para poder escoitar, nun horario determinado, aos nenos e nenas dos diferentes colexios recitando e cantando diferentes poemas.
- Tamén os comercios agasallarán aos seus clientes con poemas escritos e decorados polas nenas e nenos.
1/5/19
A Microrrede nos blogs dos colexios
24/3/19
ENCONTROS PLAMBE 2018-2019
Encontros PLAMBE 2018/2019
Os días 21 e 22 de marzo celebráronse en Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondente ao curso 2018/2019, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas biblioteca, a literatura, a comunicación, o patrimonio, a mediación lectora, as competencias informacionais e mediáticas, a tecnoloxía educativa e a produción audiovisual. Ademais, presentáronse un total de 26 experiencias de centro de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, "hora de ler", voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, proxecto lector, Radio na biblio, clubs de lectura, traballo por proxectos e outros). Neste ano de "poéticas diversas", a poesía estivo presente da man de Mar Benegas, Montse Pena e Carlos Negro.
A xornalista Rosa María Calaf pechou os Encontros cunha conferencia maxistral "Aprendendo a pensar diante da mentira e o ruído" que recibiu unha forte ovación por parte do público asistente.
As xornadas son un punto de encontro para compartir, aprender, expoñer... moi diversas actividades das Bibliotecas Galegas.
Aproveitamos este encontro para reunirnos as compoñentes e o compoñente da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA para ultimar os preparativos da convocatoria deste curso:
Tamén contactamos coas asesoras e autoridades educativas a quenes lles fixemos entrega das invitacións para a inauguración que será o martes, 4 de xuño.

Tamén contactamos coas asesoras e autoridades educativas a quenes lles fixemos entrega das invitacións para a inauguración que será o martes, 4 de xuño.8/2/19
2ª Reunión de Traballo do curso 18-19
- Como primeiro punto demos a benvida a Iván, coordinador da Biblioteca do CEIP Fondo-Nois, que se incorporan a esta Microrrede. Tamén teñen previsto a súa participación a Escola de Idiomas de Ribadeo eo IES Monte Castelo de Burela.
- O título do mesmo será: A POESÍA QUE SENTIMOS.
- Datas: do luns 3 (montaxe) ao xoves 6 de xuño, nas salas de exposicións do Concello de Viveiro (Praza Maior). Nesta ocasión tivemos que cambiar para o mes de xuño dado que con motivo das eleccións municipais, as salas están reservadas para os diferentes eventos dos partidos que concorren ás mesmas.
- Posta en común dos traballos a realizar polas familias. Nesta ocasión cada centro elixirá o aspecto a traballar sendo a poesía e os sentidos os protagonistas. Tamén o formato de presentación dos traballos serán moi variados e orixinais.
- Actividades dinamizadoras para os días da inauguración, exposición e clausura: Neste apartado atopamos dificultades dado que a ley que rixe a organización de espectáculos esixe Seguros e Declaración de Responsabilidade. Acordamos pedir información á Asesoría Xurídica de Educación en Lugo.
- Presentáronse diferentes actividades dinamizadoras pero quedan á espera de confirmación porque dependen doutros organismos.
- Reparto de tarefas: prensa, cartelería, protocolo...
21/9/18
Comezamos a VIII convocatoria
O TEMA
DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES para este
curso vai de POESÍA, pero en sentido moi amplo, é dicir, non só de poesía
literaria, senón de atopar a poesía en distintos lugares, situacións, produtos
culturais…, na VIDA mesma.
O
lema é:- Nesta ocasión o título será:
Estas son algunhas das propostas que se puxeron enriba da mesa para ir comezando e logo cada centro concretará os traballos a realizar polas familias.
- As datas da exposición conxunta serán do luns 6 ao xoves 9 de maio de 2019.
- Durante a mesma realizaremos actividades dinamizadoras onde as nenas e nenos seguirán tendo protagonismo e presentaremos moitas novidades.
MÁIS INFORMACIÓN NA SEGUINTE PRESENTACIÓN:


































