22/10/24

Ratígoras no CEIP do Vicedo

 CEIP O VICEDO ( 22 ao 29 de Outubro)

 

ESCENA 2

Cando as luces do Bibliobús se apagan Ratígoras queda sumido nun profundo sono. Tras unha longa viaxe o Bibliobús chega ao Vicedo. Daquela entra en escena Leo-Leo, a mascota do cole do Vicedo, interesado en coller un libro daquel bibliobús. Alí atópase con Ratígoras durmindo placidamente dentro da súa urna.

Leo-Leo (sorprendido): Por todas as miñas plumas! Hai un rato durmindo nunha furna!! Que biblioteca máis rara! Vouno espertar, a ver que fai aquí.

Ratígoras continúa roncando e o bufiño golpea a urna co fin de despertar ao rato.

Leo-Leo: Oes, rapaz? Estás ben? Quen te encerrou nesa urna?

Ratígoras (abraiado): Quen, eu? Ratígoras? Encerrado nunha urna? Eu son libre coma o vento! E ti quen es?

Leo-Leo -que non ententía nada do que alí estaba acontecendo-  díxolle:

Leo-Leo: Eu son Leo-Leo, a mascota da biblio do Vicedo e se dis que es libre coma o vento, bótate cinco pasos para adiante e vénme saudar.

Sen esperar un intre Ratígoras avanza e pega de fuciños contra a urna.

Ratígoras (asustado mira cara o público e exclama): Leo-Leo estaba no certo, estou atrapado nesta urna!!!

Fin da escena


17/10/24

Ratígoras na EOI de Viveiro

O BIBLIOBÚS PERCORRE A MARIÑA

Persoaxes:

  • Ratígoras

Escena 1: Un bibliobús iluminado. No fondo, estanterías repletas de libros. Ratígoras está en no centro do escenario encerrado nunha furna acristalada, mirando ao seu redor con admiración.

(Ratígoras asómase ao público dentro do posible, xa que está dentro dunha furna acristalada, cunha expresión de asombro.)

Ratígoras:
Oh! Rosae sunt pulchrae in horto.
(Acompaña as súas palabras con xestos poéticos.)
A, a, am, ae, ae, a, ae, ae, as, arum, is, is.

(Lévase a man ao peito, suspirando con nostalxia.)

Ratígoras:
Oh!
(Voz en off)
Viele Jahre, molti anni, beaucoup d’annés, many years, muitos anos, ah!
(Suspira profundamente)
Cantos séculos de sabiduría e intelixencia! (Comeza a camiñar polo escenario, disfrutando do ambiente.)
E aquí estou só pero moi ben acompañado, (nota a soidade pero anímase) neste lugar tan inmaculado!
Viaxar neste bibliobús apórtame máis e máis luz!

(Pausa dramática. Detense no medio do escenario, mirando ao público con intensidade.)

Ratígoras:
Non…
(Con firmeza)
eu non son coma eses pailáns
(gesto despectivo)
que son un mar de coñecementos cun centímetro de profundidade!
(Achégase ao borde do escenario, retador.)
Quen sabe o que andan argallando…!
(Con voz potente, gritando)
Que veñan, que veñan que non lles teño medo!

(Quédase nunha postura desafiante, mirando ao público, mentras as luces se atenúan lentamente.)

Fin da escea.



15/10/24

O bibliobús percorre a Mariña


Aquí vos presentamos o traballo colaborativo que vamos a comezar a rular de centro en centro! O bibliobús de Ratígoras! Pequenas historias de teatro de monicreques que van rulando dun centro a outro por toda a Mariña. O persoaxe central é un rato de biblioteca chamado Ratígoras e vive nun bibliobús, dentro dunha furna de cristal. 

Ratígoras ten unha personalizade un tanto especial e vai a coñecer no seu viaxe pola Mariña a moitos e moitas compañeiros novos! 

Iredes vendo semana a semana a onde viaxa Ratígoras e qué historias lle van acontecendo!

Ratígoras






3/10/24

A biblioteca escolar, a escena!

O xoves, 3 de Outubro, reunímonos integrantes da Microrrede A Mariña para dar comezo a un novo proxecto, sendo este o décimo terceiro.



 
A reunión realizada de forma presencial, realizouse en primeiro lugar para facer unha achega aos novos e novas integrantes, así como guiar o proceso de construción do novo proxecto.
O obxectivo central desta nova edición é aportar dinamismo e potenciar o lema do 2024-2025 das bibliotecas escolares: unha biblioteca escolar, a escena!. Poñendo así o foco en todas as posiblidades que nos ofrece o teatro tanto no disfrute do lector como na aprendizaxe curricular en todas as etapas educativas.
Así pois, este curso, o obxectivo da microrrede é poñer en valor o teatro, destacando su valor educativo y creativo. O teatro permite fomentar a imaxinación, a lectura, a empatía e as habilidades sociais, además de ofrecer un enfoque inclusivo e colaborativo. Cada centro realizará un traballo individual de centro adaptado á súa realidade e participará nun proxecto colaborativo que culminará, coma sempre, na exposición final no mes de Maio.  
Así, unha biblioteca convertase nun espacio central de creación e aprendizaje, acompañando ao alumnado, a cultura e ao desenvolvemento de competencias esenciais dun xeito dinámico e participativo.

Acordamos tamén o formato de presentación da exposición conxunta, as datas da mesma e de outras tarefas internas que se incluirán dentro do proxecto.
Este trimestre teremos máis reunións, na que actualizaremos o proceso de creación e ultimaremos todos os detalles polo miúdo.
Moito ánimo e saúde!