11/11/15

Noticia na prensa local

A imaxe corresponde á fotografía que acompaña á entrevista realizada polo xornal LA VOZ DE GALICIA a María Rolle, relatora, xunto con Mariluz Iglesias, no CIBES (CONGRESO IBEROAMERICANO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES).
NESTE ENLACE podemos ler toda a entrevista.

Ponencia no CIBES

Nesta entrada deixamos a presentación en PREZI que utilizaron María  e Mariluz como soporte da ponencia no CIBES; tamén o SlideShare coa comunicación.



29/10/15

De volta do Congreso

A MICRORREDE DA MARIÑA NO CONGRESO CIBES 2015

Do 26 ao 28 de outubro tivo lugar na universidade Carlos III de Getafe en Madrid o 1° Congreso Iberoaméricano de Bibliotecas Escolares CIBES 2015.
A Mariña estivo representada co proxecto 

"MICRORREDE DA MARIÑA: dinamizando as comunidades educativas a través da literatura"

As encargadas de facer a presentación en Madrid foron:
  • María Rolle Insua, coordinadora da biblioteca do CEIP Plurilingüe de Covas 
  • M.ª Luz Iglesias López, integrante do grupo de biblioteca do CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove 








O vídeo que podemos ver foi elaborado para facer a presentación das Bibliotecas que formamos a MICRORREDE

21/10/15

Ultimando a "comunicación"

Como xa informamos o noso proxecto foi aceptado no Congreso, polo que as compoñentes da Microrrede estamos a preparar a comunicación. 

As encargadas de facer a presentación en Madrid serán:
María Rolle Insua, coordinadora da biblioteca do CEIP de Covas
M.ª Luz Iglesias López, integrante do grupo de biblioteca do CEIP Pedro Caselles Rollán

O Congreso desenvolverase entre o luns, 26 e o mércores, 28 de outubro. Este último día será cando as compañeiras da Microrrede farán a presentación do relatorio.
NESTE ENLACE podemos ver o programa do CIBES.

28/8/15

CIBES 2015

Baixo o lema "Educación por competencias: reto del milenio para la interculturalidad y la inclusión social", celébrase en Getafe (Madrid), do 26 ao 28 de outubro, na Universidade Carlos III de Madrid, o I Congreso Iberoamericano de Bibliotecas Escolares (CIBES), froito da colaboración entre esta Universidade, o Concello de Getafe e a Universidade Estatal Paulista de Brasil. 
O colectivo de profesionais vinculados ás bibliotecas escolares poderán presentar comunicacións asociadas a algún dos catro eixos temáticos previstos:
  1. A biblioteca escolar no proceso educativo: ensinanza e aprendizaxe
  2. Comprensión lecto-escritora como factor de inclusión
  3. As alfabetizacións na Biblioteca Escolar  
  4. Contidos para o desenvolvemento de competencias naBiblioteca Escolar
O prazo para a presentación de resumes de comunicacións remata o 6 de xullo.  
O noso proxecto foi aceptado como relatorio no Congreso polo que as compoñentes da Microrrede estamos a preparar a comunicación.

http://www.cibes2015.info/

18/5/15

NOTICIAS NA PRENSA LOCAL


Deixamos aquí dous enlaces ao xornal LA VOZ DE GALICIA, onde se recollen noticias sobre a Exposición conxunta levada a cabo do 12 ao 15 de maio, baixo o título "O refraneiro de Cervo a Viveiro".

Escolares animan «O refraneiro»

La sabiduría popular en la mirada de los niños

16/5/15

Clausura da exposición conxunta

O venres, 15 de maio, rematamos as actividades e clausuramos a exposición .
Están encargadas de facelo os alumnos e alumnas dos institutos participantes: 

  • Vilar Ponte que puxeron en escea unha pequena versión de   "La verbena de la paloma"
  • María Sarmiento interpretaron varias cancións. 
    • Na seguinte presentación podemos ver un resumen de todo o acontecido


15/5/15

Actividades do día 14 de maio

O xoves, 14 de maio, o CEIP PLURILINGÜE DE COVAS representou a obra
"A matemática historia de cadrado e circuliña"
 Fotos da representación no colexio


Despois chegaron as Regueifas do CEIP DE CERVO (unha proposta moi, moi tradicional )



E, por último, o CEP LOIS TOBÍO que nos trouxo
 " A vella do bosque "
(un rap que nos conta outra historia de Carapuchiña ),
"A vella a fiar " (retahíla musicada) 
a profesora Rebeca fixo de excelente contacontos, narrando esa historia que antes rapearon os nen@s e que levaba por título "A vella do bosque ".



14/5/15

Actividades do día 13 de maio

Continuando coas actividades dinamizadoras : o mércores, foi o turno do CEIP Pedrosa Latas de Celeiro, que dramatizou "O país dos mandóns" e O CEIP Pedro Caselles Rollán, que nos traían como proposta  "Eu son Rosalía cando ..."



No seguinte vídeo podemos ver a dramatización que levaron a cabo no colexio 

13/5/15

A Inauguración

Inauguramos hoxe a Exposición Conxunta : 
 Refraneiro de Cervo a Viveiro
Nela participan as comunidades educativas e as bibliotecas dos colexios que configuran a microrrede de bibliotecas de A Mariña. Fixo a apertura M.ª Luz Iglesias López, integrante do grupo de biblioteca do CEIP Pedro Caselles Rollán.
Cada curso aumenta a calidade e cantidade de traballos expostos e, por suposto, das actividades dinamizadoras que acompañan esta exposición.

  • Nesta tarde, o EEI San Roque ofreceunos:
 "Cocorico" (Teatrillo de títeres) a cargo do profesorado.
  • Co CEIP Plurilingüe de Santa Rita de Galdo viaxamos cunha maleta cargada de libros para todos e todas. Había libros para os avós, poemas de Rosalía, a ritmo de rap,  e arrolos para os máis pequenos. 
O arrecendo das Bibliotecas invadiu a 
Sala de Exposicións do Concello de Viveiro.

12/5/15

Exposición conxunta : Refraneiro de Cervo a Viveiro

Como resultado final do traballo colaborativo, realizamos unha exposición conxunta na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro.
O luns, 11 de maio, fixemos a montaxe da mesma e queda reflectido no seguinte vídeo:

27/3/15

Nova convocatoria do traballo colaborativo das bibliotecas escolares da Mariña

Para este curso 2014-2015, e despois de moitas reunións e deliberacións das coordinadoras e equipos das bibliotecas escolares, propoñemos:

“O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO”


Esta actividade ten como obxectivo a posta en valor da TRADICIÓN ORAL E POPULAR.

A tradición oral transmite valores que explican a importancia e a necesidade que ten o home de vivir en sociedade, ensinando a respectar e comprender os seus propios estilos de vida e outros distintos.

Trátase de fomentar a comunicación e o diálogo entre a familia e o seu fillo-a, traballando sobre os diferentes refráns  que coñecen, para despois pensar nun en concreto e a ser posible que se utilice na nosa zona.

Por iso enviámosvos o folio para que escribades un refrán en galego e o acompañedes dunha ilustración ou obra plástica a realizar con técnicas libres (collage, debuxo, manualidades…). 


17/5/14

Clausura da Exposición

O venres, 16 de maio, clausuramos a Exposición Conxunta. 
Correspondeulles facelo a:
  • CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro-Viveiro que cantaron unha serie de contos populares musicados tales como: Carapuchiña Vermella, O lobo e os tres porquiños, O traxe novo do Emperador, Xanciño e os fabóns máxicos, O flautista de Hamelin... e remataron con cancións populares galegas.
  • CEP Lois Tobío de Viveiro que puxeron en escenificaron un romance e cantaron varias cancións.

16/5/14

Actividades do día 15

ACTIVIDADES DO XOVES 15 DE MAIO

CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
CEIP PEDRO CASELLES DE XOVE
 Dentro do programa de actuacións da actividade conxunta das bibliotecas escolares da zona da Mariña "DAQUELES CONTOS... A NOVOS FINAIS" tocoulles o turno aos nenos e nenas de 6º de primaria do noso colexio. Foi impresionante o monólogo de Claudia recitando o texto de Paula Carballeira "Só un libro". Despois cantaron e bailaron con moita gracia ao son dos libros-instrumento "Porque ler un libro", para rematar visionando a estupenda curta de animación realizada polos alumnos e alumnos de 2º de primaria "O señor Ramón e a señora Ramona". Ese mesmo día actuaron un grupo moi animado de nenos e nenas do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove, presentando unha fantástica curta de animación "Que é o amor?".
Todo o público asistente a este acto disfrutou coas actuacións destos pequenos artistas.




15/5/14

Actividades do día 14

ACTIVIDADES DO MÉRCORES 14 DE MAIO

CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS

PROFESORAS:
ANGÉLICA NOVO E VIRGINIA JIMÉNEZ
"CARAPUCHIÑA DE CORES"

13/5/14

Montaxe e Inauguración da exposición conxunta

Na montaxe o luns, 12 de maio, participamos todas as responsables e membros dos equipos das bibliotecas escolares. É un momento entrañable, tamén de moito traballo, pero no que se comparten anécdotas e vivencias de todo o proceso.
Na inauguración, na tarde do martes 13 de maio, todo estaba en perfecto orden. Fixo de mestre de ceremonias a responsable da biblioteca do CEP Lois Tobío, Pilar Sánchez, e pechou o acto a Delegada de Cultura do Concello de Viveiro, Covadonga Viamonte Aguiar.

Nos seguintes vídeos podemos ver algúns dos momentos da montaxe e inauguración da exposición conxunta.