Para este curso 2014-2015, e despois de moitas reunións e deliberacións das coordinadoras e equipos das bibliotecas escolares, propoñemos:
“O REFRANEIRO DE CERVO A
VIVEIRO”
Esta
actividade ten como obxectivo a posta en valor da TRADICIÓN ORAL E POPULAR.
A tradición oral transmite valores que
explican a importancia e a necesidade que ten o home de vivir en sociedade, ensinando a respectar e comprender os seus propios
estilos de vida e outros distintos.
Trátase de
fomentar a comunicación e o diálogo entre a familia e o seu fillo-a,
traballando sobre os diferentes refráns
que coñecen, para despois pensar nun en concreto e a ser posible que se
utilice na nosa zona.
Por iso
enviámosvos o folio para que escribades un refrán en galego e o acompañedes dunha
ilustración ou obra plástica a realizar con técnicas libres (collage, debuxo,
manualidades…).