29/5/21

CARTEL DA MICRORREDE 2021

 Presentamos hoxe o cartel da MICRORREDE para este curso 2020-2021

O debuxo foi realizado pola alumna de 3º da ESO do IES Perdouro de Burela:  

Lidiana de Pina Sanches

A maquetación  do mesmo realizouna Karina Parga, coordinadora da Biblioteca  do IES Perdouro.


Durante o mes de xuño iremos publicando os proxectos dos diferentes centros que conformamos a MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA.

7/5/21

REUNIÓN DA MICRORREDE

 

Na tarde do xoves, 6 de maio, coordinadoras e coordinadores das bibliotecas que formamos a MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, tivemos un encontro a modo de reunión de traballo onde falamos dos seguintes temas:

  • En primeiro lugar fixemos unha valoración da difícil situación que estamos a pasar no presente curso pola COVID-19, pero onde vemos que as bibliotecas están a superar con moito esforzo e ilusión.
  • Xa tiñamos acordado non facer a exposición conxunta e as actividades dinamizadoras entorno á mesma pero si se realizaron varios  encontros online entre centros para compartir experiencias.
  • Para rematar o curso acordamos que cada centro educativo faría unha presentación dos seus traballos, ben como proxectos de centro ou noutros casos actividades puntuais.
  • Acordamos elaborar un "cartel simbólico" como elemento dinamizador a través do alumnado do IES Perdouro.
  • Os traballos que presentemos como centros irémolos subindo a este blog para que podan ser compartidos cos demais centros da MICRORREDE, baixo o título da proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares, XEOGRAFÍAS... pois vennos moi ben xa que cada centro ubícase nun sitio distinto da Mariña, coas súas características ben diferenciadas e cada un cunha proposta distinta.

 

 Non queremos que esta pandemia nos achante e seguiremos coa ilusión de sempre traballando porque a MICRORREDE debe continuar (The show must go on!) en prol da lectura e das actividades dinamizadoras.