8/2/19

2ª Reunión de Traballo do curso 18-19

Na tarde do mércores, 6 de febreiro, ás 18:30 horas, no CEIP de Cervo, reunímonos as coordinadoras e coordinador das Bibliotecas dos 14 centros que formamos a Microrrede A MARIÑA. 
Nesta reunión volvemos a contar con Chelo Guntín Rey, da Asesoría de Bibliotecas (enlace norte) e foi moi ben recibida pois para nós supón un recoñecemento do traballo que levamos realizando ao fronte das diferentes Bibliotecas Escolares nos xa oito anos de vixencia da Microrrede.
Seguindo a "Orde do Día" perfilamos, máis polo miudo, os diferentes aspectos que conleva poñer en marcha un novo proxecto:
  • Como primeiro punto demos a benvida a Iván, coordinador da Biblioteca do CEIP Fondo-Nois, que se incorporan a esta Microrrede. Tamén teñen previsto a súa participación a Escola de Idiomas de Ribadeo eo IES Monte Castelo de Burela.
  • O título do mesmo será: A POESÍA QUE SENTIMOS.

  • Datas: do luns 3 (montaxe) ao xoves 6 de xuño, nas salas de exposicións do Concello de Viveiro (Praza Maior). Nesta ocasión tivemos que cambiar para o mes de xuño dado que con motivo das eleccións municipais, as salas están reservadas para os diferentes eventos dos partidos que concorren ás mesmas.
  • Posta en común dos traballos a realizar polas familias. Nesta ocasión cada centro elixirá o aspecto a traballar sendo a poesía e os sentidos os protagonistas. Tamén o formato de presentación dos traballos serán moi variados e orixinais.
  • Actividades dinamizadoras para os días da inauguración, exposición e clausura: Neste apartado atopamos dificultades dado que a ley que rixe a organización de espectáculos esixe Seguros e Declaración de Responsabilidade. Acordamos pedir información á Asesoría Xurídica de Educación en Lugo.
    • Presentáronse diferentes actividades dinamizadoras pero quedan á espera de confirmación porque dependen doutros organismos.
  • Reparto de tarefas: prensa, cartelería, protocolo...
A partir de agora cada centro levará a cabo o seu proxecto e expoñerao durante o mes de abril en cada centro respectivamente.
Serán moitas as comunicacións, a través das novas tecnoloxías, para resolver  todas as problemáticas que se vaian suscitando, pero serán as que irán motivando ás coordinadoras e coordinador da Microrrede para presentar a 8ª Exposición da Microrrede PLAMBE A MARIÑA.