Neste segundo trimestre do curso, tal e como acordamos, tivemos a 2ª reunión o pasado xoves, 10 de febreiro.
Na mesma quedaron fixados os seguintes aspectos:
- Título da exposición, "A VOLTAS COAS PALABRAS"
- Datas: montaxe o venres, 6 de maio; exposición conxunta do 9 ao 13 de maio. Na sala multiusos do Concello de Viveiro.
- Forma de exposición dos traballos: Cada centro presentará un cadro de tamaño 75cm X 95cm. No mesmo incluiranse códigos QR que nos levarán aos diferentes traballos realizados en cada centro.
- Ao lado de cada cadro figurará a ficha técnica cos datos correspondentes ao nome do colexio, título da obra, ano, técnica empregada...
Quedamos emprazados para o xoves, 7 de abril, coa presenza de todos os membros da MICRORREDE, para analizar a situación e preparar a inauguración da Exposición Conxunta e a posibilidade de organizar actividades dinamizadoras, tal e como se viña realizando en anos anteriores á pandemia.
Agora o traballo está nos centros educativos.
MOITO ÁNIMO E SAÚDE