Na tarde do xoves, 25 de novembro, reunímonos integrantes da Microrrede A Mariña para dar comezo a un novo proxecto e xa imos polo décimo primeiro.
Foi unha reunión de toma de contacto, con novas incorporacións e coas pilas cargadas para afrontar un novo curso e novo proxecto tendo todavía moita precaución por mor da pandemia.
O proxecto que imos levar a cabo ten como obxectivo xeral traballar a oralidade, recuperar a arte ancestral de contar historias. Cada centro poderá adaptalo ao seu PDI ou outros proxectos.
Acordamos tamén a forma de presentación para a exposición conxunta, datas da mesma e outros temas que serán estudiados en cada centro para no vindeiro trimestre ter outra reunión de traballo e ultimar todos os detalles polo miúdo.
Adainte co proxecto! e moita saúde para tod@s!