Deixamos aquí dous enlaces ao xornal LA VOZ DE GALICIA, onde se recollen noticias sobre a Exposición conxunta levada a cabo do 12 ao 15 de maio, baixo o título "O refraneiro de Cervo a Viveiro".
18/5/15
NOTICIAS NA PRENSA LOCAL
Deixamos aquí dous enlaces ao xornal LA VOZ DE GALICIA, onde se recollen noticias sobre a Exposición conxunta levada a cabo do 12 ao 15 de maio, baixo o título "O refraneiro de Cervo a Viveiro".
16/5/15
Clausura da exposición conxunta
O venres, 15 de maio, rematamos as actividades e clausuramos a exposición .
Están encargadas de facelo os alumnos e alumnas dos institutos participantes:
Están encargadas de facelo os alumnos e alumnas dos institutos participantes:
- Vilar Ponte que puxeron en escea unha pequena versión de "La verbena de la paloma"
- María Sarmiento interpretaron varias cancións.
- Na seguinte presentación podemos ver un resumen de todo o acontecido
15/5/15
Actividades do día 14 de maio
O xoves, 14 de maio, o CEIP PLURILINGÜE DE COVAS representou a obra
Despois chegaron as Regueifas do CEIP DE CERVO (unha proposta moi, moi tradicional )
E, por último, o CEP LOIS TOBÍO que nos trouxo
Despois chegaron as Regueifas do CEIP DE CERVO (unha proposta moi, moi tradicional )
E, por último, o CEP LOIS TOBÍO que nos trouxo
" A
vella do bosque "
(un rap que nos conta outra historia de Carapuchiña ),
"A vella a fiar " (retahíla musicada)
a profesora
Rebeca fixo de excelente contacontos, narrando esa historia que antes
rapearon os nen@s e que levaba por título "A vella do bosque ".14/5/15
Actividades do día 13 de maio
Continuando coas actividades dinamizadoras : o mércores, foi o turno do
CEIP Pedrosa Latas de Celeiro, que dramatizou "O país dos mandóns" e O CEIP
Pedro Caselles Rollán, que nos traían como proposta "Eu son Rosalía
cando ..."
No seguinte vídeo podemos ver a dramatización que levaron a cabo no colexio
13/5/15
A Inauguración
Inauguramos hoxe a Exposición Conxunta :
Refraneiro de Cervo a Viveiro
Refraneiro de Cervo a Viveiro
Nela participan as comunidades educativas e as bibliotecas dos colexios
que configuran a microrrede de bibliotecas de A Mariña. Fixo a apertura M.ª Luz Iglesias López, integrante do grupo de biblioteca do CEIP Pedro Caselles Rollán.
Cada curso aumenta a calidade e cantidade de traballos expostos e, por suposto, das actividades dinamizadoras que acompañan esta exposición.
Cada curso aumenta a calidade e cantidade de traballos expostos e, por suposto, das actividades dinamizadoras que acompañan esta exposición.
- Nesta tarde, o EEI San Roque ofreceunos:
"Cocorico" (Teatrillo
de títeres) a cargo do profesorado.
- Co CEIP Plurilingüe de Santa Rita de Galdo viaxamos cunha maleta cargada de libros para todos e todas. Había libros para os avós, poemas de Rosalía, a ritmo de rap, e arrolos para os máis pequenos.
O
arrecendo das Bibliotecas invadiu a
Sala de Exposicións do Concello de Viveiro.
12/5/15
Exposición conxunta : Refraneiro de Cervo a Viveiro
Como resultado final do traballo colaborativo, realizamos unha exposición conxunta na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro.
O luns, 11 de maio, fixemos a montaxe da mesma e queda reflectido no seguinte vídeo:8/5/15
27/3/15
Nova convocatoria do traballo colaborativo das bibliotecas escolares da Mariña
Para este curso 2014-2015, e despois de moitas reunións e deliberacións das coordinadoras e equipos das bibliotecas escolares, propoñemos:
“O REFRANEIRO DE CERVO A
VIVEIRO”
Esta
actividade ten como obxectivo a posta en valor da TRADICIÓN ORAL E POPULAR.
A tradición oral transmite valores que
explican a importancia e a necesidade que ten o home de vivir en sociedade, ensinando a respectar e comprender os seus propios
estilos de vida e outros distintos.
Trátase de
fomentar a comunicación e o diálogo entre a familia e o seu fillo-a,
traballando sobre os diferentes refráns
que coñecen, para despois pensar nun en concreto e a ser posible que se
utilice na nosa zona.
Por iso
enviámosvos o folio para que escribades un refrán en galego e o acompañedes dunha
ilustración ou obra plástica a realizar con técnicas libres (collage, debuxo,
manualidades…).
17/5/14
Clausura da Exposición
O venres, 16 de maio, clausuramos a Exposición Conxunta.
Correspondeulles facelo a:
- CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro-Viveiro que cantaron unha serie de contos populares musicados tales como: Carapuchiña Vermella, O lobo e os tres porquiños, O traxe novo do Emperador, Xanciño e os fabóns máxicos, O flautista de Hamelin... e remataron con cancións populares galegas.
- CEP Lois Tobío de Viveiro que puxeron en escenificaron un romance e cantaron varias cancións.
16/5/14
Actividades do día 15
ACTIVIDADES DO XOVES 15 DE MAIO
CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
Dentro do programa de actuacións da actividade conxunta das bibliotecas
escolares da zona da Mariña "DAQUELES CONTOS... A NOVOS FINAIS"
tocoulles o turno aos nenos e nenas de 6º de primaria do noso colexio.
Foi impresionante o monólogo de Claudia recitando o texto de Paula
Carballeira "Só un libro". Despois cantaron e bailaron con moita gracia
ao son dos libros-instrumento "Porque ler un libro", para rematar
visionando a estupenda curta de animación realizada polos alumnos e
alumnos de 2º de primaria "O señor Ramón e a señora Ramona".
Ese mesmo día actuaron un grupo moi animado de nenos e nenas do CEIP
Pedro Caselles Rollán de Xove, presentando unha fantástica curta de
animación "Que é o amor?".
Todo o público asistente a este acto disfrutou coas actuacións destos pequenos artistas.
Todo o público asistente a este acto disfrutou coas actuacións destos pequenos artistas.
15/5/14
Actividades do día 14
ACTIVIDADES DO MÉRCORES 14 DE MAIO
CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
PROFESORAS:
ANGÉLICA NOVO E VIRGINIA JIMÉNEZ
ANGÉLICA NOVO E VIRGINIA JIMÉNEZ
"CARAPUCHIÑA DE CORES"
13/5/14
Montaxe e Inauguración da exposición conxunta
Na montaxe o luns, 12 de maio, participamos todas as responsables e membros dos equipos das bibliotecas escolares. É un momento entrañable, tamén de moito traballo, pero no que se comparten anécdotas e vivencias de todo o proceso.
Na inauguración, na tarde do martes 13 de maio, todo estaba en perfecto orden. Fixo de mestre de ceremonias a responsable da biblioteca do CEP Lois Tobío, Pilar Sánchez, e pechou o acto a Delegada de Cultura do Concello de Viveiro, Covadonga Viamonte Aguiar.
Nos seguintes vídeos podemos ver algúns dos momentos da montaxe e inauguración da exposición conxunta.
9/5/14
31/3/14
Nova proposta de traballo colaborativo
Despois de varias reunións, as responsables das bibliotecas escolares que formamos a MICRORREDE A MARIÑA, xa temos unha nova proposta de traballo colaborativo que levará por título:
“DE AQUELES CONTOS…NOVOS FINAIS”
Esta actividade ten como obxectivo a posta en valor
da LITERATURA CLÁSICA, importante na formación de hábitos lectores, no
desenvolvemento de valores, gustos literarios e tamén no desenvolvemento da
creatividade como elemento fundamental nunha sociedade en constante cambio.
Por iso enviámosvos o folio cun conto clásico
resumido para que sexa lido en familia e despois de comentado buscarlle un final
novo e diferente, que escribiredes pola parte de atrás xunto coa
realización dunha ilustración ou obra plástica a realizar con técnicas libres
(collage, debuxo, manualidade…).
Cada ano vides presentando
traballos ben bonitos !!!
O traballo entregarase ao titor ou titora á volta das vacacións de Semana Santa;
cos mesmos farase unha exposición nos colexios participantes e na semana do 12 ao 16 de maio,
unha exposición conxunta, na Sala de Usos
Múltiples do Concello de Viveiro. Esta exposición contará con actuacións dos alumnos e alumnas dos diferentes centros.
17/5/13
Clausura da exposición
O xoves, 16 de maio, fixemos a clausura da Exposición
e como actuación especial correspondeulle ao coro do colexio
Pedrosa Latas de Celeiro cantando o poema de Cantares Gallegos "Has de cantar" que musicou a
mestra de música, Marta Pérez.
Rematamos cantando cancións populares galegas de temática mariñeira.
Rematamos cantando cancións populares galegas de temática mariñeira.
16/5/13
Máis actividades
O mércores, 15 de maio, houbo contacontos a cargo das mestras
Angélica Novo e Rebeca Palmeiro do CEIP Antonio Pedrosa Latas de
Celeiro.
Pasamos unha velada moi entretida e divertida!
Pasamos unha velada moi entretida e divertida!
15/5/13
Actividades na Exposición
O
martes, 14 de maio, os alumnos e alumnas do CEIP Pedro Caselles Rollán
fixeron unha sesión de recitados da obra de Rosalía de Castro con motivo
do 150 aniversario do seu libro "Cantares Galegos".
14/5/13
Inauguramos a Exposición "Unha primavera de poemas"
E, por fín, chegou o día da inauguración.
Os nenos e nenas dos diferentes colexios poideron ver os seus traballos e os doutros compañeiros.
Os nenos e nenas dos diferentes colexios poideron ver os seus traballos e os doutros compañeiros.
A esta cita acudiron as comunidades educativas dos centros participartes
e poidemos contar coa participación de Marta Coira, asesora do CFR de
Burela, a Tenente de Alcalde, María Loureiro e como mestra de
ceremonias, Carmen Ferreiro.
Os alumnos e alumnas do CEP Lois Tobío prepararon uns poemas de Rosalía
de Castro e outros autores e recitáronnos acompañados por diversos
instrumentos musicais. Fixéronno moi ben!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



