30/5/16

Vídeo resumen publicado no blog BIBLIOCOVAS

Este é un video da exposición e as actividades dinamizadoras da Microrrede da Mariña que tiveron lugar no teatro Pastor Díaz para conmemorar as Letras Galegas e homenaxear a Manuel María. Agradecemos a todas as familias a súa colaboración tanto na realización dos traballos como na asistencia ás actividades de dinamización.

Música: "Todo me fala de ti" "Canta o cuco"(Uxía e Magín Blanco)


15/5/16

Xornada de clausura

Nesta entrada podemos ver os vídeos das actuacións do venres, 13 de maio,  
na exposición colectiva dos centros que forman a
MICRORREDE A MARIÑA
"Os soños de Manuel María"

RESUMO DA XORNADA EN FOTOS



CEP LOIS TOBÍO DE VIVEIRO

13/5/16

Hoxe clausura da exposición

A semana da exposición conxunta chega ao seu fin .

Unha ducia de centros participantes no presente curso. Traballo, ilusión, esforzo e sobre todo ... ANIMACIÓN .

Variedade, singularidade, interpretación... a obra de Manuel María dá para moito. Ademais da exposición, as actividades de animación á lectura que presentan os escolares e mestres dos Colexios participantes rematan hoxe. 

Poidemos ver de todo:

música, danza, recitados, teatro, contos,...

Hoxe clausurarán o CEP Lois Tobío de Viveiro con

"Aventuras e desventuras dunha  espiña chamada Berenguela"

e a profesora Ermitas Orol con

"De Rosalía a Manuel María... Poesía"

Actividade dinamizadora do xoves, 12 de maio

Nesta entrada podemos ver os vídeos das actuacións do xoves, 12 de maio,  
na exposición colectiva dos centros que forman a
MICRORREDE A MARIÑA
"Os soños de Manuel María"

RESUMO DA XORNADA EN FOTOS

 

CEIP DE CERVO


CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS DE CELEIRO
1ª PARTE


CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS DE CELEIRO
2ª PARTE



12/5/16

Recortes de prensa

Falan na prensa de hoxe de "Os soños de Manuel María" no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. Exposición e actuacións da Microrrede de bibliotecas escolares da Mariña.
A Voz da Mariña (12/05/16)

Xornada do mércores, 11 de maio

Nesta entrada podemos ver os vídeos das actuacións do mércores, 11 de maio,  
na exposición colectiva dos centros que forman a
MICRORREDE A MARIÑA
"Os soños de Manuel María"

RESUMO DA XORNADA EN FOTOS


ACTUACIÓN DA EEI SAN ROQUE DE VIVEIRO


ACTUACIÓN DO CEIP Plurilingüe de COVAS

Actividades dinamizadoras do martes 10

Nesta entrada podemos ver os vídeos das actuacións do martes, 10 de maio, día da inauguración da
exposición colectiva dos centros que forman a
MICRORREDE A MARIÑA
"Os soños de Manuel María"

CEIP PLURILINGÜE SANTA RITA DE GALDO


IES MARÍA SARMIENTO - VIVEIRO



IES PERDOURO - BURELA

O IES Perdouro contribuíu o día da inauguración da exposición "Os soños de Manuel María" da Microrrede Plambe A Mariña cun recitado poético musicado.  Irina, Yaiza, Brais, Laura e Carla, alumnos de 2º de ESO, recitaron 4 poemas de Manuel María: Galiza, O amor, O poema, A Fala cuns interludios musicais de "O Son do ar" interpretados ao violín por Laura. Un acto curto pero moi emotivo. "Precisamos a lingua Se queremos vencer!"
 

11/5/16

Recortes de prensa

Falan na prensa de hoxe de "Os soños de Manuel María" no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. Exposición e actuacións da Microrrede de bibliotecas escolares da Mariña. 

A Mariña do Progreso (11/05/16)
  
A Voz da Mariña (11/05/16)



Inauguración da exposición

O martes, 10 de maio, levamos a cabo a inauguración da Exposición "Os soños de Manuel María"; á mesma asistiron a Xefa Territorial de Educación Maricarmen Gueimunde, o asesor do CEFORE Manuel Sánchez, a concelleira de Cultura Lara Fdez, as coordinadoras das bibliotecas escolares que integran a microrrede, así como as comunidades educativas dos diferentes centros.
A continuación sucedéronse as diversas actividades dinamizadoras correspondentes a este día.
  • CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo con "Os soños non poden estar engaiolados"
  • IES María Sarmiento de Viveiro con varias actuacións de alumnos e alumnas
  • IES Perdouro de Burela co recitado de varios poemas.
No seguinte vídeo podemos ver un resumo



 A NOTICIA NA PRENSA LOCAL
 "EL PROGRESO (A MARIÑA)"
   


10/5/16

Recorte de prensa

Falan na prensa de hoxe de "Os soños de Manuel María" no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. Exposición e actuacións da Microrrede de bibliotecas escolares da Mariña. 
 
A Mariña do Progreso (10/05/16)
 

 

Montaxe da exposición

Na tarde do luns, 9 de maio, o profesorado e colaboradores dos centros educativos da MICRORREDE realizamos a montaxe da exposición "OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA".
Nesta ocasión o entorno e ben diferente a anos anteriores, tivemos que adecuar o expazo ás nosas necesidades. O público será quen nos diga si está mellor ou non no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
Hoxe faremos a inauguración e as actividades  dinamizadoras.


19/4/16

Exposicións nos Centros Educativos

                                                        Entramos xa na quincena de Exposicións nos Centros Educativos dos traballos do Proxecto Microrrede PLAMBE A Mariña.
Cada Centro traballa un aspecto diferente dentro da vida e obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas: MANUEL MARÍA.










Nos seguintes enlaces podemos ver algunhas das exposicións nos colexios.






12/4/16

Xornada de traballo

Durante a XORNADA do PLAMBE, o venres, 8 de abril, en Santiago, as compoñentes da MICRORREDE A MARIÑA, tivemos a oportunidade de compartir novas experiencias e ademais reunirnos para ultimar moitos dos preparativos  do novo proxecto deste ano "OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA".
Os traballos xa están nas casas do noso alumnado e pronto realizaremos as exposicións nos colexios.
Son moitos os detalles que temos que ter presentes para a exposición no Teatro Pastor Díaz de Viveiro (este é o primeiro ano que cambiamos a ubicación, anteriormente expoñiamos no Salón Multiusos do Concello).
Tamén as actividades dinamizadoras requiren unha atención importante pois cada vez son máis numerosas.

6/4/16

Encontros do PLAMBE

Os días 7 e 8 de abril próximos celebraranse en Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares do curso 2015/2016, polo que as compoñentes da Microrrede A Mariña acudirán a esta cita anual tan importante.

31/3/16

Posta en marcha do novo proxecto

Estes días os centros integrantes da Microrrede A Mariña están entregando a carta e os materias necesarios para levar a cabo o proxecto deste ano.
A carta levará esta introdución común a todos os centros:

Queridas familias:
Un ano máis queremos propoñer ás comunidades educativas dos centros que formamos a 
“Microrrede das Bibliotecas PLAMBE da Mariña” unha nova actividade, co gallo das celebracións 
nos meses de abril e maio do Día do Libro e Día das Letras Galegas,  que nos recordan a necesidade 
do fomento e dinamización da cultura, entendida como un ben común que propicia unha sociedade máis 
humana, igualitaria, crítica e libre.
  Este curso dita actividade xira en torno ao intelectual lucense, cunha marabillosa e extensa obra, 
  polo que o título non pode ser doutra maneira:
OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA
  Ademais dos obxectivos de fomento da lectura, do gusto pola poesía e do pracer polo uso e goce dos libros, 
podemos resumir o obxectivo principal nas palabras do propio autor:


O idioma é a forza,
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
                             (fragmento de A FALA)                           


Publicacións nos blog dos centro: 

17/3/16

Integrantes da Microrrede

O grupo de integrantes da Microrrede PLAMBE A MARIÑA vai medrando ano a ano.
Comezamos o curso 2011-2012 sendo 7 colexios; no curso 2012-2013 pasamos a ser 9 e agora no curso 2015-2016 xa somos 12.
Incorporáronse o CEIP O Vicedo, o IES Perdouro (Burela) e o IES Illa de Sarón (Xove).

Benvidas a todas as novas coordinadoras!

E tal e como queda recollido no artigo que presentamos á Revista EDUGA: "as posibilidades que ofrece un traballo colaborativo entre profesionais que se propoñen un mesmo proxecto e marcan uns obxectivos comúns son moi grandes e enriquecedoras. Prodúcense resultados de maior calidade e compártense informacións que conclúen na mellora das aprendizaxes".

13/3/16

Participamos no curso organizado polo CFR

Na tarde do xoves, 10 de marzo, a Microrrede A Mariña participou no curso impartido no IES Perdouro de Burela:
 BIBLIOTECA ESCOLAR. Organización e Xestión
Organizado polo CFR (Centro de Formación e Recursos) de Lugo.
No  noso relatorio explicamos o proxecto colaborativo que, dende fai cinco anos, ven levando a cabo a Microrrede das Biblioteca Escolares da Mariña.
As compoñentes da mesma fumos expoñendo os diferentes apartados:
  • Presentación
  • Obxectivos
  • Como o facemos
  • Exposicións dos traballos
  • Actividades dinamizadoras
  • Os nosos Proxectos: 
    • De onte a hoxe...lembrando o pasado
    • Unha primavera de poemas
    • Daqueles contos...a novos finais
    • O refraneiro de Cervo a Viveiro
    • Os soños de Manuel María
  • Os nosos logros

19/2/16

Nova reunión de traballo

As compoñentes da Microrrede A Mariña tiveron unha xuntanza de traballo na tarde do xoves, 18 de febreiro, onde concretaron todos os detalles para levar a cabo o novo proxecto que, como xa informamos, xirará en torno a Manuel María e levará por título:

"OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA"
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/portada.htm
  • Datas e plazos para a realización dos traballos:
    • Do 1 ao 15 de abril, as familias prepararán os traballos nas súas casas.
    • Na segunda quindena de abril, exposición dos traballos nos colexios.
    • Do 9 ao 13 de maio, exposición conxunta dos traballos. Este ano faremos tanto a esposición como as actuacións no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
  •  Son moitos os detalles que hai que coordinar:
    • Elaboración de cartel e programa de man
    • Invitacións
    • Seguimento do Blog
    • Libro de firmas
    • Distribución das actuacións
    • Deseño e colocación da exposición
Un traballo ilusionante que esperamos guste e teña os seus froitos en toda a comunidade educativa.

19/1/16

Reunión da microrrede

Na tarde do luns, 18 de xaneiro, na EEI SAN ROQUE, tivemos unha reunión de traballo para concretar todo o relacionado coas actividades que levaremos a cabo baixo o título:
EN TORNO A 
MANUEL MARÍA