22/10/24

Ratígoras no CEIP do Vicedo

 CEIP O VICEDO ( 22 ao 29 de Outubro)

 


ESCENA 2

Cando as luces do Bibliobús se apagan Ratígoras queda sumido nun profundo sono. Tras unha longa viaxe o Bibliobús chega ao Vicedo. Daquela entra en escena Leo-Leo, a mascota do cole do Vicedo, interesado en coller un libro daquel bibliobús. Alí atópase con Ratígoras durmindo placidamente dentro da súa urna.

Leo-Leo (sorprendido): Por todas as miñas plumas! Hai un rato durmindo nunha furna!! Que biblioteca máis rara! Vouno espertar, a ver que fai aquí.

Ratígoras continúa roncando e o bufiño golpea a urna co fin de despertar ao rato.

Leo-Leo: Oes, rapaz? Estás ben? Quen te encerrou nesa urna?

Ratígoras (abraiado): Quen, eu? Ratígoras? Encerrado nunha urna? Eu son libre coma o vento! E ti quen es?

Leo-Leo -que non ententía nada do que alí estaba acontecendo-  díxolle:

Leo-Leo: Eu son Leo-Leo, a mascota da biblio do Vicedo e se dis que es libre coma o vento, bótate cinco pasos para adiante e vénme saudar.

Sen esperar un intre Ratígoras avanza e pega de fuciños contra a urna.

Ratígoras (asustado mira cara o público e exclama): Leo-Leo estaba no certo, estou atrapado nesta urna!!!

Fin da escena