Cada centro presentará un "cadro artístico" que levará incluídos códigos QR que nos dirixirán á actividade realizada por cada centro escolar.
A Exposición será na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro, durante a semana do 9 ao 13 de maio, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Esta exposición tamén se poderá realizar noutros Concellos da Mariña.
O Cartel anunciador da exposición estase elaborando a través de Departamento Artístico do IES Monte Castelo de Burela e xa por cuarto ano consecutivo.
Na tarde de onte tamén acordamos os diferentes actos que acompañarán á Exposición e que se recollerán nun programa que será divulgado a través das comunidades educativas de cada centro.
- Inauguración e Clausura coas autoridades que nos acompañan ano a ano.
- Actividades dinamizadoras:
- Con escritores recoñecidos.
- Participación do Conservatorio de Música de Viveiro
- Os centro educativos tamén serán protagonistas en cada xornada da exposición con diversas actuacións musicais, de representación, dramatización, lecturas, contacontos...
É moita a ilusión posta polo coordinador e coordinadoras que integramos a MICRORREDE. Despois deste dous anos últimos de moitas dificultades queremos volver á normalidade pero con moitas precaucións.
Seguiremos informando. Agora toca traballar nos centros para rematar todas as actividades de cada un dos proxectos que seguro serán moi creativos e vistosos.