3/5/19

Reunión de traballo

Na tarde o xoves, 2 de maio, na EEI San Roque, reuníronse as coordinadoras das bibliotecass escolares dos centros que conforman a MICRORREDE A MARIÑA xunto coa Asesora das Bibliotecas Escolares de Galicia, Chelo Guntín.
Seguindo a Orde do Día tratáronse e ultimáronse os seguintes temas:

  • Elección do Cartel anunciador da convocatoria deste curso "A Poesía que sentimos".
Este ano convocouse un concurso a través do alumnado de Artes do IES Monte Castelo e no que participaron uns 10 alumnos e alumnas. Os traballos presentados son de moi boa calidade artística e foi moi difícil a elección do gañador. NORABOA!!! a todos os participantes e ao IES polo seu traballo.  Os carteis formarán parte da Exposición conxunta.
  • Reparto dos espacios na Sala Multiusos e na Sala da Biblioteca Municipal.
  • Días de montaxe: o venres 31 de maio e o luns 3 de xuño na Sala Multiusos e na Sala da Biblioteca só o luns 3 de xuño.
  • Os horarios de da apertura e peche serán de 18:00 a 20:00 horas.
  •  Preparación do díptico coas actividades dinamizadoras que acompañarán á Exposición:
    • Martes, 4 de xuño, INUAGURACIÓN DA EXPOSICIÓN,  baixo a dirección da Mestra de Ceremonias Karina Parga.                                                       Antón Cortizas
          
      • Dinamización a cargo dun cuarteto de gaitas do Conservatorio
      • Discursos inaugurais a cargo de antigas coordinadoras.
      • Recitado de poesías, alumnado da EEI San Roque.
      • Recitado de poemas a cargo do escritor Antón Cortizas.
      • Actuación dun grupo de metais do Conservatorio.                                                       
    • Mércores, 5 de xuño
      • Representación teatral no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, con entrada gratuita.
                   A Asociación da Mariña do Enfermo Mental pon en escea "ERES ÚNICO"
    •  Xoves, 6 de maio, CLAUSURA DA ESPOSICIÓN
      • Intervención das coordinadoras do CEP Lois Tobío e do IES Vilar Ponte.
      • Presentación do libro "Esta non é outra historia de piratas" de María Rolle
  • Ademais, durante os días da Exposición, contamos coa colaboración do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro que nos presta a megafonía das rúas para poder escoitar, nun horario determinado, aos nenos e nenas dos diferentes colexios recitando e cantando diferentes poemas.
  • Tamén os comercios agasallarán aos seus clientes con poemas escritos e decorados polas nenas e nenos.