A partir do día de hoxe os centros integrantes da Microrrede PLAMBE A Mariña están entregando a carta e os materias necesarios para levar a cabo o proxecto deste ano.
A carta levará esta introdución común a todos os centros:
Queridas familias:
Un ano máis queremos propoñer ás comunidades educativas dos centros que formamos a “Microrrede das Bibliotecas PLAMBE da Mariña” unha nova actividade, con motivo das celebracións nos meses de abril e maio, Día do Libro e Día das Letras Galegas, que nos recordan a necesidade do fomento e dinamización da cultura, entendida como un ben común que propicia unha sociedade máis humana, igualitaria, crítica e libre.
O lema deste curso é A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO.
Coma en
anos anteriores, este traballo, é para facer en familia, polo tanto animámosvos
a participar e desenvolver esa creatividade que sabemos que tedes,
pedindo que os traballos veñan con boa letra, ortografía e presentación.
-Os
traballos entregaranse ao titor ou titora, rematando o prazo de entrega o venres, 6 de abril.
-Os
traballos expoñerémolos nos colexios e logo formarán parte da exposición conxunta que se
fará en Viveiro (do 7 ao 10 de maio),
EEI SAN ROQUE (Viveiro)
CEP LOIS TOBÍO (Viveiro)
CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS (Celeiro-Viveiro)
CEIP Plurilingüe de COVAS (Covas-Viveiro)
CEIP Plurilingüe SANTA RITA (Galdo-Viveiro)
CEIP de CERVO (Cervo)
CEIP O VICEDO (Vicedo)
CEIP Plurilingüe VISTA ALEGRE (Burela)
CEIP CASTRO DE OURO (Alfoz)
CEIP O VICEDO (Vicedo)
CEIP Plurilingüe VISTA ALEGRE (Burela)
CEIP CASTRO DE OURO (Alfoz)
IES MARÍA SARMIENTO (Viveiro)