Esta semana celebráronse, no palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros dos centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondientes ao curso 2022-2023, coa intervención de personas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura galega, a intelixencia artificial, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional. 
Ademais, presentaranse un total de 21 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, bibliotecas LIA.3  e outros... ).
Un espazo de encontro no que escribir as bibliotecas escolares de Galicia.
Dentro destas intervencións atopamos as figuras de dúas das nosas compañeiras da Microrrede de A Mariña:
Eva, do IES Alfoz-Valadouro participou, na xornada de inauguración nun Coloquio de boas prácticas.
![]()  | 
| Eva, sentada no medio do Coloquio | 
Por outra banda, Karina, do IES Perdouro, de Burela, relatora dunha das charlas da xornada sobre o traballo por proxectos.
![]()  | 
| Robots do traballo por proxectos presentado por Karina | 
![]()  | 
| Karina, sentada á dereita na intervención | 
Foi unha xornada onde puidemos xuntarnos toda a microrrede, ata no almorzo.
![]()  | 
| Parte da Microrrede no almorzo da xornada. | 
Programa completo dos Encontros.





