Páginas

21/9/18

Comezamos a VIII convocatoria

Comezado o novo curso, as coordinadoras das Bibliotecas Escolares que conforman a MICRORREDE A MARIÑA reunímonos na tarde do xoves, 20 de setembro, na EEI San Roque de Viveiro para poñer en marcha a VIII convocatoria deste Proxecto Colaborativo das Bibliotecas da Mariña.
Como 1º punto fixemos avaliación da VII convocatoria: "A Mariña, pensando en feminino", para tela en conta á hora de programar e realizar as actividades deste curso.
O  TEMA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES  para este curso vai de POESÍA, pero en sentido moi amplo, é dicir, non só de poesía literaria, senón de atopar a poesía en distintos lugares, situacións, produtos culturais…, na VIDA mesma. O lema é:




http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1145Nós acordamos seguir esta proposta, aínda que xa a levamos a cabo na II convocatoria baixo o título "Unha primavera de poemas".
  • Nesta ocasión o título será:
"A POESÍA QUE SENTIMOS"
Trataremos a poesía dende os sentidos: a vista (fotos, vídeos, cine...); o oído (os sons, a música...); o olfato (o cheiro do mar, da terra, o aire, as montañas...); o gusto (a cociña...); o tacto (as expresións artísticas do baile, danza, texturas, materiais...).
Estas son algunhas das propostas que se puxeron enriba da mesa para ir comezando e logo cada centro concretará os traballos a realizar polas familias.
  • As datas da exposición conxunta serán do luns 6 ao xoves 9 de maio de 2019.
  • Durante a mesma realizaremos actividades dinamizadoras onde as nenas e nenos seguirán tendo protagonismo  e presentaremos moitas novidades.
 Foi unha reunión moi construtiva pois avanzamos moitos aspectos que conleva a posta en marcha deste gran proxecto; pouco a pouco iremos concretando e informando dos mesmos.

MÁIS INFORMACIÓN NA SEGUINTE PRESENTACIÓN:



21/6/18

O noso proxecto na revista EDUGA

Os centros que formamos a MICRORREDE A MARIÑA recibimos o seguinte correo:
Está dispoñible no portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o novo número de Eduga. Revista Galega do Ensino (www.edu.xunta.es/eduga).
 
Este volume 75 (xaneiro-xuño 2018) recolle, nas súas diferentes seccións, experiencias innovadoras, boas prácticas e artigos de investigación, xunto ás colaboracións que incorporan os espazos xa clásicos como “Foro”, “A nosa escola” ou “Que é?” e os centrados en ámbitos máis específicos como “Formación”, “Innovación” ou “Bibliotecas”. Complementan o contido deste número a “Entrevista”, a “Axenda” e a “Mediateca”.
Eduga. Revista Galega do Ensino quere agradecerlles aos seus lectores e colaboradores a súa fidelidade e estender a todos os nosos mellores desexos para este período vacacional de verán.
Un saúdo moi cordial
Juan A. Granados
Director de EDUGA. RGE

O noso proxecto tamén tamén está presente nun artigo que podemos ler no 
http://www.edu.xunta.gal/eduga/1568/boas-practicas/microrrede-da-marina-un-proxecto-colaborativo-cara-sociedade-do-futuro
 

14/5/18

O PROXECTO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN


(La Voz de Galicia)

(La Voz de Galicia)

A prensa recolle as actividades dinamizadoras entorno á exposición conxunta "A Mariña pensando en feminino"


 
El Progreso (04/05/2018)
 
El Progreso (05/05/2018) 

 
 La Voz de Galicia (07/05/2018)

El Progreso (08/05/2018) 

 La Voz de Galicia (08/05/2018)
 La Voz de Galicia (11/05/2018)
La Voz de Galicia (11/05/2018)

11/5/18

Xornada de Clausura da Exposición "A Mariña pensando en feminino"

Na tarde do xoves, 10 de maio, tiveron lugar, na Praza Maior de Viveiro, os actos de clausura da exposición de traballos artísticos elaborados por escolares dos catorce centros que forman parte da Microrrede A Mariña de Bibliotecas Escolares.

As mestras de ceremonia Karina Parga e Eva Lastra, do IES Perdouro e do CEIP de Alfoz respectivamente, fixeron a lectura da clausura e presentaron as diferentes actividades dinamizadoras. Fixeron agradecementos ás familias participantes felicitándoas polos fantásticos traballos presentados en todos os centros.

Asemade tamén agradeceron a asistencia das diferentes autoridades: a inspectora Branca Nazaré Guerreiro e o inspector Faustino Martín, a asesora das Bibliotecas Escolares da zona norte Chelo Guntín.
Como actividades dinamizadoras contamos con:
  • Actuación do coro formado por alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º curso de Primaria, de Alfoz, Celeiro, Galdo, Lois Tobío de Viveiro e o EEI de Viveiro. Cantaron a canción do Maio de Viveiro e A saia da Carolina. Fixéronno moi ben!
  • Actuación das Moreninhas, Érica Gomes Mendes, Raquel Lopes Ramos e Eliane Tavares Mendes, tres rapazas cabo verdianas afincadas en Burela.
  • Encontro coa escritora Rita Morrigan.
  • Visita da escritora Olalla Cociña
VÍDEO RESUMO DA XORNADA

    9/5/18

    Actividade Dinamizadora: TEATRO


    ADALA TEATRO, unha compañía de teatro infantil de Fazouro foi a encargada de dinamizar a terceira xornada da Exposición "A Mariña pensando en feminino".
    A compañía formada por 10 rapazas e rapaces representaron no Teatro Pastor Díaz de Viveiro a  obra: Mamasiña, que medo! de Chus Pereiro.

    Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ó alcalde, ó garda de tráfico, ó cura... O que non saben as tristes xentes de Xalundes é que o descomunal e aterrecente xigante Xuvenco precisa axuda de contado porque, o pobriño, está doente.
    Axudará a bruxa Celidonia o xigante papón?
    Papará o xigante á bruxa, e á súa comadre Chincha e á súa afillada Chincheta?
    Papará ós lectores desta obriña de teatro?
    Mamasiña, que medo! é unha obra de medo... para morrer de risa.

    Foi unha xornada excepcional!, o teatro ateigado de nenas e nenos acompañados das súas familias disfrutaron da excelente representación a cargo duns fenomenais artistas!



    8/5/18

    Día da Inauguración da exposición conxunta

    E chegou o gran día!, todo estaba preparado e a praza chea de familias dos diferentes centros que conformamos a MICRORREDE.
    Este ano a mestra de ceremonias foi Rebeca Rivas do CEIP Santa Rita de Galdo; ela foi presentando as diferentes actividades e en nome de todos os centros agradeceu ás familias a participación no proxecto. Asemade tamén se deron as gracias ás autoridades alí presentes:
    • Xefa Territorial de Educación: Mariña Gueimunde.
    • Asesora das Bibliotecas Escolares, zona norte: Chelo Guntín.
    • Representante do Equipo de Dinamizacións Lingüística: Pilar Teijeiro.
    • Alcaldesa de Viveiro: María Loureiro.
    No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo:
    Discurso inaugural;  actuación do coro formado por uns 160 nenas e nenos dos centro de Alfoz, Cervo, Celeiro, Galdo, Covas e María Sarmiento de Viveiro; lectura dun manifesto a cargo da súa autora Andrea Rivas; rematando coa actuación de Guadi Galego e a performance de LAG na canción de Matriarcas.

    NOTICIAS NA PRENSA:


    5/5/18

    Montaxe da Exposición

    Na tarde do venres, 4 de maio, os equipos dos diferentes centros que formamos a MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, realizamos a montaxe da exposición deste curso:


    Este ano volvimos a contar coa colaboración do Concello de Viveiro pois nos cederon a Sala Multiusos e a Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal.
    Na tarde do luns, 7 de maio, daremos comezo coas diferentes actividades que programamos en torno a esta exposición e que rematarán o xoves, 10 de maio.
    A exposición estará aberta en horario de 18:00 a 20:00 horas para o público en xeral; tamén haberá horarios especiais para aqueles colexios e colectivos que o soliciten.

    23/4/18

    Exposición nos centros escolares

    A partir desta semana todos os centros educativos pertencentes á MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, presentan os traballos realizados para o proxecto "A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO".







    16/4/18

    Cartel da 7ª edición


    Dúas curiosas mentes inquietas graduadas en Belas Artes e cun Máster en Arte Contemporánea.
     
     

    Xornada de traballo das coordinadoras en Santiago

    Os días 12 e 13 de abril o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela acolleu unha vez máis os
    As coordinadoras das Bibliotecas que formamos a MICRORREDE A MARIÑA: asistimos un ano máis a estes encontros moi enriquecedores, xa que nos permiten compartir experiencias, ideas... para levar a cabo a nosa práctica diaria nas bibliotecas dos nosos centros.



    Tamén aproveitamos para concretar aspectos da exposición deste ano: "A Mariña pensando en feminino" e para facer entrega de invitacións.

    23/3/18

    A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO

    A partir do día de hoxe os centros integrantes da Microrrede PLAMBE A Mariña están entregando a carta e os materias necesarios para levar a cabo o proxecto deste ano. 
    A carta levará esta introdución común a todos os centros: 
    Queridas familias: 
    Un ano máis queremos propoñer ás comunidades educativas dos centros que formamos a “Microrrede das Bibliotecas PLAMBE da Mariña” unha nova actividade, con motivo das celebracións nos meses de abril e maio, Día do Libro e Día das Letras Galegas, que nos recordan a necesidade do fomento e dinamización da cultura, entendida como un ben común que propicia unha sociedade máis humana, igualitaria, crítica e libre. O lema deste curso é A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO.

    Coma en anos anteriores, este traballo, é para facer en familia, polo tanto animámosvos a participar e desenvolver esa creatividade que sabemos que tedes, pedindo que os traballos veñan con boa letra, ortografía e presentación.
    -Os traballos entregaranse ao titor ou titora, rematando o prazo de entrega  o venres, 6 de abril.
    -Os traballos expoñerémolos nos colexios e logo formarán parte da exposición conxunta que se fará en Viveiro (do 7 ao 10 de maio), 

    EEI SAN ROQUE (Viveiro)
    CEP LOIS TOBÍO (Viveiro)
    CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS (Celeiro-Viveiro)

    24/1/18

    2ª Reunión de traballo do curso 2017-2018

    Na tarde do martes, 23 de xaneiro, ás 18:30 horas, na EEI San Roque de Viveiro, reunímonos as coordinadoras e coordinador das Bibliotecas dos 14 centros que formamos a Microrrede A MARIÑA. 
    A esta reunión asistiu Chelo Guntín Rey, da Asesoría de Bibliotecas (enlace norte) e foi moi ben recibida pois para nós supuxo un recoñecemento do traballo que levamos realizando ao fronte das diferentes Bibliotecas Escolares nos xa sete anos de vixencia da Microrrede.
    Seguindo a "Orde do Día" perfilamos, máis polo miudo, os diferentes aspectos que conleva poñer en marcha un novo proxecto:
    • O título do mesmo será: A Mariña pensando en feminino.
    • Datas: do luns 7 ao xoves 10 de maio, nas salas de exposicións do Concello de Viveiro (Praza Maior).
    • Posta en común dos traballos a realizar polas familias. Nesta ocasión cada centro elixirá o aspecto a traballar sendo as mulleres o tema central:
      • "A miña..."
      • "Heroínas anónimas"
      • "Escritoras..."
      • "Voces en feminino"
      • "Oficios tradicionais en feminino"
      • "Superheroínas na Mariña"
    • Actividades dinamizadoras para os días da inauguración, exposición e clausura:
      • Confirmamos a creación de dous coros con alumnado de todos os centros que conforman a Microrrede, un con nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria e outro con nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria xunto con alumnado de Secundaria.
      • Puxemos en común as cancións que poderían cantar e que non imos a desvelar para así poder sorprender os días da inauguración e clausura.
      • Ademais haberá outras actividades dinamizadoras que seguro gustarán a todo o público en xeral.
    • Reparto de tarefas: prensa, cartelería, protocolo...
    A partir de agora cada centro levará a cabo o seu proxecto e expoñerao durante o mes de abril en cada centro respectivamente.
    Serán moitas as comunicacións, a través das novas tecnoloxías, para resolver  todas as problemáticas que se vaian suscitando, pero serán as que irán motivando ás coordinadoras e coordinador da Microrrede para presentar a 7ª exposición da Microrrede PLAMBE A MARIÑA.