Comezado o novo curso, as coordinadoras das Bibliotecas Escolares que conforman a MICRORREDE A MARIÑA reunímonos na tarde do xoves, 20 de setembro, na EEI San Roque de Viveiro para poñer en marcha a VIII convocatoria deste Proxecto Colaborativo das Bibliotecas da Mariña.
Como 1º punto fixemos avaliación da VII convocatoria: "A Mariña, pensando en feminino", para tela en conta á hora de programar e realizar as actividades deste curso.
O TEMA
DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES para este
curso vai de POESÍA, pero en sentido moi amplo, é dicir, non só de poesía
literaria, senón de atopar a poesía en distintos lugares, situacións, produtos
culturais…, na VIDA mesma.
O
lema é:
Nós acordamos seguir esta proposta, aínda que xa a levamos a cabo na II convocatoria baixo o título "Unha primavera de poemas".
- Nesta ocasión o título será:
"A POESÍA QUE SENTIMOS"
Trataremos a poesía dende os sentidos: a vista (fotos, vídeos, cine...); o oído (os sons, a música...); o olfato (o cheiro do mar, da terra, o aire, as montañas...); o gusto (a cociña...); o tacto (as expresións artísticas do baile, danza, texturas, materiais...).
Estas son algunhas das propostas que se puxeron enriba da mesa para ir comezando e logo cada centro concretará os traballos a realizar polas familias.
MÁIS INFORMACIÓN NA SEGUINTE PRESENTACIÓN:
Estas son algunhas das propostas que se puxeron enriba da mesa para ir comezando e logo cada centro concretará os traballos a realizar polas familias.
- As datas da exposición conxunta serán do luns 6 ao xoves 9 de maio de 2019.
- Durante a mesma realizaremos actividades dinamizadoras onde as nenas e nenos seguirán tendo protagonismo e presentaremos moitas novidades.
MÁIS INFORMACIÓN NA SEGUINTE PRESENTACIÓN: