Páginas

9/5/18

Actividade Dinamizadora: TEATRO


ADALA TEATRO, unha compañía de teatro infantil de Fazouro foi a encargada de dinamizar a terceira xornada da Exposición "A Mariña pensando en feminino".
A compañía formada por 10 rapazas e rapaces representaron no Teatro Pastor Díaz de Viveiro a  obra: Mamasiña, que medo! de Chus Pereiro.

Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ó alcalde, ó garda de tráfico, ó cura... O que non saben as tristes xentes de Xalundes é que o descomunal e aterrecente xigante Xuvenco precisa axuda de contado porque, o pobriño, está doente.
Axudará a bruxa Celidonia o xigante papón?
Papará o xigante á bruxa, e á súa comadre Chincha e á súa afillada Chincheta?
Papará ós lectores desta obriña de teatro?
Mamasiña, que medo! é unha obra de medo... para morrer de risa.

Foi unha xornada excepcional!, o teatro ateigado de nenas e nenos acompañados das súas familias disfrutaron da excelente representación a cargo duns fenomenais artistas!