A partir desta semana todos os centros educativos pertencentes á MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, presentan os traballos realizados para o proxecto "A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO".23/4/18
Exposición nos centros escolares
A partir desta semana todos os centros educativos pertencentes á MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, presentan os traballos realizados para o proxecto "A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO".16/4/18
Cartel da 7ª edición
Dúas curiosas mentes inquietas graduadas en Belas Artes e cun Máster en Arte Contemporánea.
Xornada de traballo das coordinadoras en Santiago
As coordinadoras das Bibliotecas que formamos a MICRORREDE A MARIÑA: asistimos
un ano máis a estes encontros moi enriquecedores, xa que nos permiten
compartir experiencias, ideas... para levar a cabo a nosa práctica
diaria nas bibliotecas dos nosos centros.

Tamén aproveitamos para concretar aspectos da exposición deste ano: "A Mariña pensando en feminino" e para facer entrega de invitacións.
23/3/18
A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO
A partir do día de hoxe os centros integrantes da Microrrede PLAMBE A Mariña están entregando a carta e os materias necesarios para levar a cabo o proxecto deste ano.
A carta levará esta introdución común a todos os centros:
Queridas familias:
Un ano máis queremos propoñer ás comunidades educativas dos centros que formamos a “Microrrede das Bibliotecas PLAMBE da Mariña” unha nova actividade, con motivo das celebracións nos meses de abril e maio, Día do Libro e Día das Letras Galegas, que nos recordan a necesidade do fomento e dinamización da cultura, entendida como un ben común que propicia unha sociedade máis humana, igualitaria, crítica e libre.
O lema deste curso é A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO.
-Os
traballos entregaranse ao titor ou titora, rematando o prazo de entrega o venres, 6 de abril.
-Os
traballos expoñerémolos nos colexios e logo formarán parte da exposición conxunta que se
fará en Viveiro (do 7 ao 10 de maio),
EEI SAN ROQUE (Viveiro)
CEP LOIS TOBÍO (Viveiro)
CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS (Celeiro-Viveiro)
CEIP Plurilingüe de COVAS (Covas-Viveiro)
CEIP Plurilingüe SANTA RITA (Galdo-Viveiro)
CEIP de CERVO (Cervo)
CEIP O VICEDO (Vicedo)
CEIP Plurilingüe VISTA ALEGRE (Burela)
CEIP CASTRO DE OURO (Alfoz)
CEIP O VICEDO (Vicedo)
CEIP Plurilingüe VISTA ALEGRE (Burela)
CEIP CASTRO DE OURO (Alfoz)
IES MARÍA SARMIENTO (Viveiro)
24/1/18
2ª Reunión de traballo do curso 2017-2018
Na tarde do martes, 23 de xaneiro, ás 18:30 horas, na EEI San Roque de Viveiro, reunímonos as coordinadoras e coordinador das Bibliotecas dos 14 centros que formamos a Microrrede A MARIÑA.
A esta reunión asistiu Chelo Guntín Rey, da Asesoría de Bibliotecas (enlace norte) e foi moi ben recibida pois para nós supuxo un recoñecemento do traballo que levamos realizando ao fronte das diferentes Bibliotecas Escolares nos xa sete anos de vixencia da Microrrede.
Seguindo a "Orde do Día" perfilamos, máis polo miudo, os diferentes aspectos que conleva poñer en marcha un novo proxecto:
- O título do mesmo será: A Mariña pensando en feminino.
- Datas: do luns 7 ao xoves 10 de maio, nas salas de exposicións do Concello de Viveiro (Praza Maior).
- Posta en común dos traballos a realizar polas familias. Nesta ocasión cada centro elixirá o aspecto a traballar sendo as mulleres o tema central:
- "A miña..."
- "Heroínas anónimas"
- "Escritoras..."
- "Voces en feminino"
- "Oficios tradicionais en feminino"
- "Superheroínas na Mariña"
- Actividades dinamizadoras para os días da inauguración, exposición e clausura:
- Confirmamos a creación de dous coros con alumnado de todos os centros que conforman a Microrrede, un con nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria e outro con nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria xunto con alumnado de Secundaria.
- Puxemos en común as cancións que poderían cantar e que non imos a desvelar para así poder sorprender os días da inauguración e clausura.
- Ademais haberá outras actividades dinamizadoras que seguro gustarán a todo o público en xeral.
- Reparto de tarefas: prensa, cartelería, protocolo...
A partir de agora cada centro levará a cabo o seu proxecto e expoñerao durante o mes de abril en cada centro respectivamente.
Serán moitas as comunicacións, a través das novas tecnoloxías, para resolver todas as problemáticas que se vaian suscitando, pero serán as que irán motivando ás coordinadoras e coordinador da Microrrede para presentar a 7ª exposición da Microrrede PLAMBE A MARIÑA.
3/12/17
A fume de carozo
O venres 1 e sábado 2 de decembro celebráronse as VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
O noso proxecto colaborativo foi seleccionado para participar no apartado de A FUME DE CAROZO.
As encargadas de levar a cabo a ponencia foron Karina Parga e María Rolle que fixeron unha boa presentación ante un numeroso grupo de coordinadores e coordinadoras das diferentes bibliotecas escolares de Galicia.
6/10/17
1ª Reunión de traballo curso 17-18

Na tarde do xoves, 5 de outubro, as coordinadoras das
bibliotecas que integramos a Microrrede PLAMBE A Mariña tivemos a
primeira reunión deste novo curso nun ambiente distendido e con ilusións renovadas.
Puntos da orde do día:
- Elección do tema a traballar:
- A Mariña en feminino
- A partir das vacacións de Semana Santa será o tempo de elaborar os traballos en familia.
- As exposicións nos diferentes centros, no mes de abril, coincidirán co Día do Libro.
- E por último levaremos a cabo a exposición conxunta en Viveiro, na Sala de Usos Múltiples do Concello e na Sala da Biblioteca.
- A montaxe levarémola a cabo o venres, 4 de maio
- A inauguración farémola o luns, 7 de maio
- A clausura será o xoves, 10 de maio
- Planificación das Actividades Dinamizadoras a realizar durante a exposición conxunta. Unha delas será a formación de coros intercentros por idades, dada a gran acollida que tivo o curso pasado.
- Reparto de tarefas: solicitude de salas de exposicións, cartelería, dípticos, invitacións ...
Son moitos os temas a tratar e que en vindeiras reunións iremos ampliando e acordando.
12/5/17
Xornada de Clausura da Exposición "A Mariña con moita arte"
Na tarde do xoves, 11 de maio, tiveron lugar, na Praza Maior de Viveiro, os actos de clausura
da exposición de traballos artísticos elaborados por escolares de trece
centros diferentes da nosa comarca e que están a formar parte da Microrrede A Mariña de Bibliotecas Escolares.
A xornada puxo fin a unha semana de exposicións e outras actividades dinamizadoras. As diferentes artes estiveron presentes para dar forma e color a unha mostra de traballos escolares que fomentan o uso e pracer da lectura en familia, invitándonos a entrar nun mundo de soños sen límite, como escoitamos no discurso que pechou o acto .
Tamén as actividades dinamizadoras que se levaron a cabo amosaron moita arte en forma de música. Así poidemos escoitar as voces dos máis pequechos na inauguración e dos maiores na clausura, facendo unha homenaxe a Maruja Mallo, á música popular, Bob Dylan e a Eduardo Pondal.
A xornada puxo fin a unha semana de exposicións e outras actividades dinamizadoras. As diferentes artes estiveron presentes para dar forma e color a unha mostra de traballos escolares que fomentan o uso e pracer da lectura en familia, invitándonos a entrar nun mundo de soños sen límite, como escoitamos no discurso que pechou o acto .
Tamén as actividades dinamizadoras que se levaron a cabo amosaron moita arte en forma de música. Así poidemos escoitar as voces dos máis pequechos na inauguración e dos maiores na clausura, facendo unha homenaxe a Maruja Mallo, á música popular, Bob Dylan e a Eduardo Pondal.
Discurso de clausura a cargo de María e Marta
coordinadoras das Bibliotecas de Covas e Xove respectivamente.
No vídeo podemos ver un pequeno resumo do acto
11/5/17
Actividade dinamizadora
Na tarde do mércores, 10 de maio, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, tivo lugar a actuación de Paco Nogueiras dentro das actividades programadas pola Microrrede PLAMBE A Mariña con motivo da Exposición "A Mariña con moita arte".
Clica no Brinca Vai para informarte do seu contido.
10/5/17
Inauguración da Exposición "A Mariña con moita arte"
“Biblioteca escolar: Territorio
das Artes”. Este foi o lema
escollido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
para as bibliotecas escolares dos centros educativos galegos no presente curso.
Propónnos un xogo de exploración por este territorio tan complexo como
fascinante que é o mundo da Arte.
E este foi tamén o noso punto de partida para
elexir o tema deste ano: “A Mariña con
moita Arte”, e para organizar as difererentes actividades dinamizadoras
entendidas como unha maneira de experimentar e de expresar a través dunha gran
variedade artística a nosa interpretación persoal da Arte en galego, da Arte na
Mariña.
O tema era moi amplo e iso deu pé a que as
diferentes “artes” estivesen presentes e repartidas polos distintos centros a
través de diferentes propostas artístico-literarias: “Arte de Sargadelos e a
literatura nas Edicións do Castro”; a pintura, nunha homenaxe a Maruja Mallo ou
ben co impresionismo; Mosaicos sobre a poesía mariñana de Xoán Neira; música
tradicional; arquitectura popular; Viveiro monumental; a fotografía de faros, e
tamén a fotografía interpretativa da literatura mariñana actual; o teatro, con
“titeriteando contos”; retratos-caricaturas de persoeiros mariñanos das artes e
das letras; “infancias de cine”…Como vedes, hai para todos os gustos, porque a
arte é iso, unha cuestión de gustos.
A Microrrede
A Mariña de Bibliotecas Escolares tenta dende os seus inicios, e xan van
seis anos, ser un axente dinamizador e transmisor da lingua e da cultura galega
a través de propostas de traballo colaborativo. A nosa labor como mestras e dinamizadoras
das bibliotecas escolares na busca de fórmulas para motivar e implicar a toda a
comunidade educativa (alumnado, profesorado,
familias, autoridades), non é doado,
pero dende logo, resulta moi gratificante en días coma este.
Rematou o tempo das xuntanzas, da toma de
decisións, das exposicións nos centros, que xa levan uns días, e chegou o
momento final, o momento de abrir as portas a esta exposición e amosarvos o
resultado do traballo conseguido, da ilusión e do esforzo, facendo unha mención moi especial aos nenos e nenas dos nosos centros e ás
súas familias, xa que sin todos eles isto non tería sentido e, de verdade, cada ano
nos sorprendedes máis.
6/5/17
Montaxe da Esposición "A MARIÑA CON MOITA ARTE"
Na tarde do venres, 5 de maio, os traballos das Bibliotecas Escolares dos Centros da Mariña formaron parte dunha exposición conxunta que se instalou na Sala de Usos Múltiples e na Biblioteca do Concello de Viveiro.
As coordinadoras e equipos docentes montaron os seus respectivos traballos e todos xuntos formaron un gran TERRITORIO DAS ARTES.
21/4/17
19/4/17
Exposicións nos centros educativos
Entramos xa no tempo das Exposicións nos Centros Educativos.
"A MARIÑA CON MOITA ARTE"
Nos seguintes enlaces podemos ver algunhas das exposicións nos colexios.
CEIP PLURILINGÜE DE COVAS:
- AQUÍ CANTAMOS ASÍ
- ALDARA DE 3º CANTA A UN AMOR MARIÑEIRO
- LOLA, DE 5 ANOS CANTA "ESTE OLLIÑO PIMPILÍN"
- SARA BARREIRO ARES DE 5 ANOS CANTA CATRO VELLOS MARIÑEIROS
- LUCAS DE 5 ANOS E A SÚA FAMILIA CANTANDO A RUMBOIA
- SARA E NOA CANTAN A CAROLINA
- PAULA E XAVI CANTAN "POUSA, POUSA"
CEIP Plurilingüe VISTA ALEGRE de Burela20/3/17
"A MARIÑA CON MOITA ARTE": as familias comezan o seu traballo
A partir do día de hoxe e ata o 18 de abril os centros integrantes da Microrrede A Mariña están entregando a
carta e os materias necesarios para levar a cabo o proxecto deste ano.
A carta levará esta introdución común a todos os centros:
Queridas familias:
Un ano máis queremos propoñer ás comunidades educativas dos centros que formamos a
“Microrrede das Bibliotecas PLAMBE da Mariña” unha nova actividade, con motivo das
celebracións nos meses de abril e maio, Día do Libro e Día das Letras Galegas, que nos
recordan a necesidade do fomento e dinamización da cultura, entendida como un ben común
que propicia unha sociedade máis humana, igualitaria, crítica e libre.
O lema deste curso é A MARIÑA CON MOITA ARTE.
Este curso as Bibliotecas Escolares de Galicia teñen como tema común de
traballo AS ARTES, polo que a MICRORREDE A MARIÑA traballará no mesmo
tema, dando a cada centro a opción de escoller a súa temática.
Publicacións nos blog dos centros:
CEP LOIS TOBÍO (Viveiro)
18/3/17
Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2016-2017
ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES.
As coordinadoras das Bibliotecas que formamos a MICRORREDE A MARIÑA:
EEI SAN ROQUE (Viveiro)
CEP LOIS TOBÍO (Viveiro)
CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS (Celeiro-Viveiro)
CEIP Plurilingüe de COVAS (Covas-Viveiro)
CEIP Plurilingüe SANTA RITA (Galdo-Viveiro)
CEIP Plurilingüe PEDRO CASELLES ROLLÁN (Xove)
CEIP de CERVO (Cervo)
CEIP Plurilingüe VISTA ALEGRE (Burela)
CEIP CASTRO DE OURO (Alfoz)
CEIP de CERVO (Cervo)
CEIP Plurilingüe VISTA ALEGRE (Burela)
CEIP CASTRO DE OURO (Alfoz)
IES MARÍA SARMIENTO (Viveiro)
IES VILAR PONTE (Viveiro)IES PERDOURO (Burela)
IES ILLA de SARÓN (Xove)
asistimos un ano máis a estes encontros moi enriquecedores, xa que nos permiten compartir experiencias, ideas... para levar a cabo a nosa práctica diaria nas bibliotecas dos nosos centros.Tamén aproveitamos para concretar aspectos da exposición deste ano: "A Mariña con moita arte" e para facer entrega de invitacións.
21/1/17
A nova Exposición vai tomando forma!
O xoves, 19 de xaneiro, tivemos unha nova reunión e tamén unha nova incorporación, o CEIP Castro de Ouro de Alfoz coa súa coordinadora da Biblioteca Eva: BENVIDA!. Agora xa somos 14 centros os que pertencemos a esta Microrrede PLAMBE A MARIÑA.
Na reunión concretamos moitos aspectos:
- O título definitivo da exposición será "A MARIÑA CON MOITA ARTE"
- As diferentes artes estarán presentes e repartidas polos diferentes centros: pintura, fotografía, caricaturas, cine, cantigas, arquitectura, monicreques, novas tecnoloxías, mosaicos...
- Temos concedido por parte do Concello de Viveiro as seguintes instalación:
- Sala de Usos Múltiples
- Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal
- Teatro Pastor Díaz
- As datas:
- Do 15 de marzo ata o 18 de abril, preparación dos traballos das familias nas súas casas.
- Exposición nos colexios a partir da semana anterior ao Día do Libro (23 de abril)
- Venres, 5 de maio: Montaxe da Exposición na Sala de Usos Múltiples e na Sala de Exposicións da Biblioteca en Viveiro.
- Do luns, 8 ata o xoves, 11 de maio, apertura da Exposición.
- Temos confirmada a actuación de BRINCA VAI
- Tamén temos repartidos os diferentes cometidos:
- Elaboración do cartaz, díptico, prensa, protocolo...
Quedan todavía temas por concretar pero xa non hai marcha atrás, pois o traballo da Microrrede segue a ser constante e dinámico.
Seguiremos informando!
30/9/16
Comezamos un novo curso
Na tarde do xoves, 29 de setembro, as coordinadoras e coordinador das bibliotecas que integramos a Microrrede PLAMBE A Mariña tivemos a primeira reunión deste novo curso.
Comezamos dando a benvida ao novo coordinador da biblioteca de O Vicedo, Carlos; tamén á nova incorporación do CEIP Plurilingüe Vista Alegre de Burela e á súa coordinadora, Nazaret.
Somos xa, un total de 13 centro participantes neste gran proxecto dinamizador das bibliotecas escolares da Mariña.
Puntos da orde do día:
- Elección do tema a traballar: A literatura nas artes da Mariña
- Planificación do traballo nos centro educativos
- Datas de exposición nos centros e no Concello de Viveiro
- Locais onde realizar a exposición e actividades dinamizadoras
- Actividades dinamizadoras a realizar
- Reparto de tarefas: cartelería, dípticos, invitacións ...
2/6/16
“SOÑO CUMPRIDO”
Esta entrada no blog escribiuna Mª Luz Iglesias López, integrante do grupo de biblioteca do CEIP Pedro Caselles Rollán. Son as vivencias dentro do equipo das bibliotecas escolares Microrrede A Mariña, durante estes cinco anos de existencia.
Un dos retos para unha mestra é atopar un grupo de
compañeiros e compañeiras que leven a cabo propostas de traballo colaborativo; e
eu atopeino no equipo da Microrrede da Mariña, en busca de fórmulas para
motivar e implicar as comunidades do noso entorno no labor educativo do
alumnado dos centros de ensino da Mariña.
A Microrrede da Mariña constituíuse despois dunhas
xornadas de Bibliotecas Escolares e tentamos que sexa un axente dinamizador e
transmisor de valores culturais.
Este último curso 2015-2016, como membro da Microrrede
da Mariña, vivín una experiencia
inolvidable onde o traballo en equipo, as ganas de potenciar a literatura, a superación
de dificultades, a autoavaliación e as propostas de mellora, reinaron nas reunións
dende setembro ata maio.
“OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA” permitíronnos dinamizar as
comunidades educativas arredor do gran escritor galego e provocaron a aparición
de máis membros integrantes para a Microrrede da Mariña.
Agora xa está composta por 12 equipos de Bibliotecas
escolares de centros de ensino de educaciónn infantil, CEP, CEIP e IES.
Eu tamén vivín un soño dentro da Microrrede da Mariña
e agora que me traslado ao interior da provincia de Lugo, tratarei de facelo
realidade alí onde me atope; para que outros axentes educativos poidan vivilo
coma min.
Espero que a Microrrede da Mariña se convirta nunha macrorrede porque as condicións nas
que se atopa son favorecedoras para que o soño se cumpra.
Moitas grazas e moita sorte a todas as integrantes da Microrrede
da Mariña.
Mª Luz, mestra integrante da Microrrede da Mariña
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























