A INAUGURACIÓN
25/4/12
Inauguración da Exposición
19/4/12
Preparando a gran exposición
Estamos a preparar a gran exposición conxunta cos traballos dos centros participanntes, será na Sala de Exposicións do Concello de Viveiro e estará aberta do 25 de abril ao 2 de maio.
Preparamos o seguinte programa:
2/4/12
“DE ONTE A HOXE: lembrando o pasado”
Ten como obxectivos a
recuperación da literatura infantil como fonte de pracer,
fomentar hábitos de lectura,
recuperación e lembranza dos libros que forman parte da memoria das
familias
Por iso enviámosvos un folio para que, co membro da familia que
decidades, recorde co neno/a os contos que lía de pequeno, cal era o
seu favorito e logo faredes:
· Na esquerda cubrides os datos que se vos pide.
· Na dereita unha pequena obra plástica libre (exemplos: fotocopia da portada do libro, debuxo dos personaxes, fabricar o zapato da Cincenta e pégalo,…)
Moito ánimo!!!
Cos traballos realizados faremos primeiramente unha exposición en cada colexio participante e logo unha exposición conxunta.
Xa vos iremos informando.
21/3/12
Inicio dun novo proxecto
As Bibliotecas Escolares que formamos parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) dos Concellos de Viveiro, Xove e Cervo:
EEI SAN ROQUE (Viveiro)
CEP LOIS TOBÍO (Viveiro)
CEIP de COVAS (Covas-Viveiro)
CEIP PEDRO ROLLÁN CASELLES (Xove)
IES MARÍA SARMIENTO (Viveiro)
IES VILAR PONTE (Viveiro)
Damos comezo un proxecto que nace á volta
das XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA do ano 2011.
Con ánimos renovados e moitas ansias de
ampliar o ámbito das nosas actuacións, imos facer unha primeira proposta de
traballo colaborativo; pensando e intentando que resulte un éxito para
poder darlle forma á creación dunha microrrede de bibliotecas
escolares.
Para esta primeira convocatoria pensamos en recuperar a memoria familiar
sobre aquel libro que, por unha ou outra razón, deixara pegada en alguén da
familia.
"De onte a hoxe... lembrando o pasado"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)